Buscar  
XXX Festival Irmandinho em Moeche (Galiza)
O Sábado 22 de Agosto de 2009, en Moeche e a partir das 11:00hs. e ao longo do día, celébrase o XXX Aniversario dun dos festivais mais antigos de Galiza, o Festival Irmandiño.
A. C. O Castelo de Moeche | Para Kaos. Galiza | 19-8-2009 a las 0:23 | 2616 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/xxx-festival-irmandinho-em-moeche-galiza
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
O Festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeir@s duns galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Os veciños e veciñas de Moeche desexaban naqueles primeiros anos de democracia contribuír, dende a cultura e a historia a que Galicia tivese voz propia, como tivo noutros séculos. Deste xeito o festival converteuse axiña nun referente cultural singular no país.

Á vez, es@s primeir@s organizador@s tiñan outro motivo máis tanxíbel e máis próximo, conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da nosa historia.

PROGRAMA

Ás 11:00hs. abren as exposicións no Castelo:

      * “ARTESÁNS DO EUME”
      * “FESTIVAL IRMANDIÑO 30 ANIVERSARIO”
      * Presentación do cómic "OS LOBOS DE MOECHE" de Manel Cráneo

Música ambiental a cargo do compositor local JORGE ÁNGEL BATOCA

Ás 13:30hs. contan con unha Sardiñada ao carón do Castelo con zona habilitada para merendas.
Ás 16:30hs. comeza o OBRADOIRO INFANTIL a cargo da Compañía OS GHAZAFELHOS con “TEATRIÑOS DE CARTÓN”
Ás 18:30hs. haberá unha competición de XOGOS POPULARES

E a partir das 22:00hs. a actuación dos grupos:

      * Saraibas & Balakandra Galiza
      * Bellón & Maceiras Quinteto Galiza
      * Lamatumbá Galiza
      * Mallacán Aragón


A partir das 24:00hs. como xa é tradición, farase a lectura do pregón a cargo de Manel Cráneo, creador do cómic "OS LOBOS DE MOECHE" e realizarase o emocionante ASALTO AO CASTELO.

Hai un espazo para a acampada e aparcamento gratuitos nas inmediacións do festival.

+ info
www.festivalirmandino.galeon.com

contacto prensa festival:

Radios:  Mª Xosé  669022625
Demais medios:  Mariña  670242959



O CARTEL


SARAIBAS & BALAKANDRA (San Sadurniño - Galiza)

SARAIBAS, o mítico grupo de San Sadurniño, que foi un dos estandartes do folk e da música vocal galega, será o encargado de abrir esta XXX edición do Festival Irmandiño, un feito moi especial tanto para a organización como para o grupo posto que Saraibas foi un dos participantes no 1º Festival Irmandiño no ano 1980.
O grupo Saribas, que levaba inactivo dende o ano 2004 e que se xuntan exclusicamente para o Festival Irmandiño, naceu no ano 1978 e nestes 31 anos de historia publicou 6 discos, ofreceu concertos en toda Europa e America (Venezuela, Maracaibo, Londres, Paris, Bruselas, Zurich, Barcelona, Madrid e un longo etc..), e compuxo auténticos himnos xeneracionais como "Rebola Bola", "O Viño", "Nación", etc...
Para este concerto SARAIBAS conta coa colaboración do grupo BALAKANDRA, tamén de San Sadurniño, que serán os encargados de levar a base sonora do concerto. O grupo Balakandra formouse no ano 2003 no seo do grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que tentaban así dar renda solta as inquedanzas musicais e coñecementos de outros estilos.

+ info
  www.saraibas.com
www.myspace.com/balakandra


BELLON & MACEIRAS QUINTETO (Fene - Galiza)

Este dúo, gaita galega e acordeón, naceu na primavera de 2005, co fin de interpretar melodías de diferentes culturas pero tamén temas da súa propia autoría, priorizando sempre a variedade que define as múltiples posibilidades dos dous instrumentos.
Daniel Bellón, nacido en 1985, posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional galega, sendo hoxe o gaiteiro máis laureado da historia de Galiza.
Diego Maceiras, nacido en 1984, acordeonista iniciado da man do Mestre Manuel Cociña pero tamén de Roberto Grandal ou Javier Díaz, segue coa súa formación no conservatorio profesional de música de Oviedo, onde está a rematar o grao medio.
Despois de clausurar con éxito o día grande do festival de Ortigueira do 2007, e de trunfar no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña), este dúo de virtuosos presenta agora unha formación en quinteto, con contrabaixo, batería, guitarra e saxo: sen dúbida, savia nova para a música galega.


+info
www.bellonmaceiras.com



LAMATUMBÁ (Ourense - Galiza)

LAMATUMBÁ e hoxe por hoxe un dos maiores expoñentes da música galega, música que levan polo mundo adiante coa enseña da festa como única bandeira. Inmersos actualmente na xira de presentación do seu traballo "Paraugas Universal" (Pai-Música 2008), xira coa que están a levar a sua música por toda a peninsula e coa que están a colleitar un grande éxito, sendo un seguro de festa en moitos dos principais festivais e salas de concerto de toda a xeografia peninsular.
O Festival Irmandiño de Moeche será un dos poucos concertos que Lamatumbá realice este verán en Galiza, un veran no que xa estiveron actuando en sitios tan dispares como o Festival Tom de Festa (Tondela- Portugal), Festival Castillo de Ainsa (Ainsa - Aragón), Festival Cruilla de Cultures (Mataró - Catalunya) donde compartiron cartel con artistas da talla de Manu Chao, Chico Cesar, Macaco, Boikot, Huecco,Betagarri ou D'Callaos entre outros.
Lamatumbá acaban de regresar do Festival Intercéltico de Lorient (Lorient - Francia) donde causaron unha grande sensación na sua primeira incursión en terras galas.
Sen dúbida algunha o torreiro do Festival Irmandiño vai a ser unha auténtica explosión de festa, baile, risas e berros cando os Ourensans suban ao esceario. Con Lamatumbá a festa esta asegurada!

+info
www.lamatumba.com
www.myspace.com/lamatumba2007

MALLACÁN (Zaragoza - Aragón)

MALLACÁN chegan dende Zaragoza coa sua particular fusión de estilos, donde entremezclan o reggae, o ska ou o rock, cos elementos tradicionais do folclore aragonés. Veñen presentando o seu novo traballo, "Mar de Suenios", o seu traballo máis maduro e de maio calidade.
Mallacán serán os encargados de pechar a noite do XXX Festival Irmandiño.

+info
www.mallacan.org
www.myspace.com/mallacan
http://www.festivalirmandino.galeon.com/
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Cultura Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)