Buscar  
Xornada de loita pola readmisión d@s despedid@s en Mercadona
No sábado 31 de Xaneiro, a Confederación Galaica da CNT levou a cabo unha xornada de concentracións en distintos lugares de Galiza para exixir a readmisión dos despedidos na tenda de Mercadona.
CNT Galiza | 1-2-2009 a las 14:40 | 971 lecturas | 2 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/xornada-loita-pola-readmision-ds-despedids-mercadona
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
[Traducción al castellano]

Hoxe, sábado 31 de Xaneiro, a Confederación Galaica da CNT levou a cabo unha xornada de concentracións en distintos lugares de Galiza para exixir a readmisión dos traballadores despedidos na tenda de Mercadona en Santa Marta (Compostela). En resposta ao chamado de solidariedade feito polo sindicato de Compostela, o conxunto da Confederación realizou concentracións en toda a xeografia galega. 

Levaron-se a cabo concentracións nas tendas de Mercadona en Compostela, Coruña, Vigo, Marín, Lugo, Ferrol e Bertamiráns. Á empresa debe-lle ir ficando claro que cando é atacado un militante da CNT, a CNT no seu conxunto se sente atacada e resposta solidariamente. Isto é o que nos diferéncia como anarcosindicalistas que somos. Mercadona debe ter presente que até que o conflito non se resolva de forma favorábel para @s nos@s compañeir@s, a CNT seguirá coas medidas de protesta e presión, en Compostela, na Galiza e en todo o Estado se for necesário.

Mercadona xa debía ser consciente deste facto, pois leva a aturar esta nosa teima solidária durante muitos anos, pois @s traballador@s desta empresa levan muitos anos aturando as condicións de precariedade laboral e acoso ao disidente que gosta de practicar o señor Paco Roig. Muitos anos de intensas campañas desde a CNT dirixidas contra esta empresa.

É unha vergoña que a xeréncia de Santa Marta intente gañar un posto na nómina de tendas boicotadas pola CNT. Mas se quere rematar con esta situación, a solución é unha e doada de cumprir: a readmisión inmediata d@s nos@s compañeir@s, que unicamente tiveron un erro: non agachar a cabeza e non aturar as pesimas condicións às que eran sometid@s pola xerencia.

Se Mercadona quere guerra, a CNT seguirá a dar-lla.
http://www.cntgaliza.org
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Terminado el conflicto con Mercadona

CNT Compostela | Para Kaos en la RedDesde CNT damos por terminado el conflicto que desde el mes de diciembre manteniamos con la empresa de Supermercados Mercadona, con una clara victoria puesto que se han reconocido sus demandas.
[26-2-2009] | 1126 lecturas

Mercadona acosa y sigue despidiendo trabajador@s

CNT Compostela | Para Kaos en la RedEsta tienda de Mercadona en Compostela lleva abierta sólo 3 meses, y ya van 4 despidos.
[11-12-2008] | 629 lecturas

Comentarios (2)

#1.- AUPA CNT

Juanjo|01-02-2009 15:22

  Gracias CNT por defender a l@s trabajador@s y el progreso social

VIVA LA CNT! 

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#3.- Salud

02-02-2009 13:43

Al comentario 2º no le hagaís caso, en una noticia de cgt ha puesto el mismo comentario.  A lo importante, os deseo suerte y fuerza para ganar este conflicto.

Valoración: 2    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)