Buscar  
Un vogal actual do PP de Galiza cobrou do Gürtel en 2004
As relacións entre a trama Gürtel e o PP chegan até Arxentina. Na memoria portátil incautada ao contábel do grupo, José Luís Izquierdo, figura un pago en diñeiro negro a Arturo González Gil
Manuel Vilas (ANT) | 15-10-2009 a las 2:01 | 694 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/vogal-actual-do-pp-galiza-cobrou-do-grtel-2004
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

... Un vogal actual do PPdeG cobrou do Gürtel en 2004 vogal da emigración na Executiva do PPdeG, cando este empresario era presidente do PP na Arxentina.

En concreto, no lapis de memoria coas 'contas B' de Izquierdo atopouse “un apunte de pago ao presidente del PP en Argentina (Arturo González Gil) por valor de 1.620 euros”, destaca a Policía no seu informe do primeiro interrogatorio ao contábel, que segue imputado.

O  Gürtel ofrecía viaxes a líderes do PP

Nun interrogatorio posterior, o xuíz cuestiona a Izquierdo sobre este pago, pero o contable non é quen de apuntar máis detalles, salvo que se realizou unha viaxe por parte de alguén do PP ao país austral nesas datas.

Cómpre lembrar que unha das empresas da trama, Pasadena Viajes, era utilizada por Francisco Correa e Pablo Crespo para agasallar viaxes a altos cargos conservadores cos que facían negocios como, por exemplo, Alejandro Agag, o xenro do ex-presidente Jose María Aznar.

Directivo con Baltar e na Executiva galega de Feixóo

O beneficiario do pago, efectuado en negro segundo a declaración de Izquierdo, foi o líder do PP arxentino dente 2002 até novembro de 2006. Arturo González Gil continúa a militar no PP. De feito, é directivo dos conservadores galegos, pois é vogal da emigración do Comité Executivo de Ourense, segundo figura na súa web.

Os 'populares' escollérono para o mesmo cargo (vogal da emigración) no XIII Congreso do PPdeGalicia, cando Alberte Nuñez Feixóo substituiu a Fraga á fronte do partido.

A presencia do nome de Gil no sumario desmonta un dos argumentos de defensa que está a empregar o PP. Os conservadores aseguran que ningún dos seus directivos actuais aparece citado no sumario.

Medalla de Galicia con Fraga e directivo con Raxoi no Estado

En 2002, Manuel Fraga entregoulle a Gil unha das Medallas de Galicia na súa condición de presidente do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires Aires, cidade a que emigrou en 1961 dende O Irixo (Ourense).

Este empresario tamén foi membro da Executiva estatal do PP liderada por Mariano Raxoi, pero foi un nomeamento temporal nunha quenda dun ano en representación da emigración arxentina.

http://www.anosaterra.org/nova/35672/un-vogal-actual-do-ppdeg-cobrou-do-guumlrtel-en-2004.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Rel. Internacionales / Geopolítica

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)