O vindeiro 8 de outubro, este venres, no Pazo de Meirás a familia franco celebrará unha boda. Como noutros tempos. Casa a filla do televisivo Jimmy Giménez Arnau e Merry Martínez-Bordiu O Pazo de Meirás foi un "regalo" que o pobo fixo a franco. Pero de isto hai varias versións. Uns din que foi expropiado o terreo (por catro perras) e ameazados e expulsados os propietarios que alí tiñan terrenos. Outra versión di que o pazo foi cedido ao estado polo que a familia franco non ten dereito a el. Sería propiedade polo tanto do estado. Esta é a opción que está a ser investigada pola asociación da memoria histórica
Durante a dictadura franco e a súa familia pasaba o verán no pazo de meirás. Ben o lembran os veciños. A súa comitiva recorría os afastados pobos ata chegar ao pazo. Hoxe isa zona é un lugar de urbanizacións e chalés de cartos
Este venres o pazo de meirás farase lugar de reunión de familiares dos franco, amigos e convidados. Como nos tempos do caudillo os veciños de Sada serán convidados de pedra á exhibición de cartos, xoias, poderes, famas e lerias
Xuntanza espontánea na porta do pazo
Como xa fixemos en outras ocasións os veciños e cidadáns poderémonos xuntar na porta do Pazo de Meirás pra dende fora (como sempre, lembremos que os franco non permiten entrar a ninguén no pazo) ollar como os ricos o pasan ben á nosa conta. Nesta espontánea xuntanza amosaremos a nosa protesta polo uso e abuso que fixo e fai a familia do dictador dos bens xuntados durante a dictadura sin que ninguén llos reclame. Só a Xunta con orde xudicial foi quen de entrar no pazo. Está a ser tramitada a súa declaración como ben de interese cultural o cal permitiría evitar que os franco fagan no pazo e desfagan en obras e modificacións pra as que non piden permiso a ninguén
Ante todo iste despropósido dende a propia famila franco a ovella negra (Jimmy Giménez Arnau) pon un punto de senso cas súas declaracións sobre a boda e o lugar elexido: Di en Vanitatis.com que no entiende esa insistencia de la madre de “volver al lugar del crimen”. “Son ganas de j… las cosas. Si ella (Mery) se casó conmigo en el pazo y salió como salió, para qué repetir la historia. Yo creo que donde tendrían que celebrar el matrimonio es en el Vaticano. Ahí no tendrían problemas. O ya puestos, en la Catedral de Burgos. En esa ciudad instaló Franco su cuartel general de la masacre. ¿Qué si espero la invitación? No, hace muchos años que salí del museo de cera”, dice
Máis información:
Sada Digital (portal local que reclama insistentemente a devolución do pazo de meirás)
Tamén inclúe múltiples enlaces a páxinas sobre o Pazo de Meirás e a súa historia
http://sadamasdigital.wordpress.com/
Entrevista de María Eugenia (no soy periodista) Yagüe a Carmen Franco, declaracións sobre o Pazo de Meirás: (ver vídeo adxunto)
Yagüe: ¿Cómo tiene usted tanta paciencia con estos pelmazos del Pazo?
Yagüe: Todo el mundo piensa que nadie tiene derecho a quitárselo.
Posición xeográfica do pazo:
http://maps.google.es/maps?f=q&hl=gl&geocode=&q=meir%C3%A1
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |




