Buscar  
UGT suspende temporalmente a folga do metal e CCOO decide hoxe
UGT decidiu, nunha asemblea de delegados e afiliados en Vigo, 'suspender temporalmente' a folga do sector do metal polo convenio colectivo na provincia de Pontevedra.
ANT | 2-7-2009 a las 18:35 | 1671 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/ugt-suspende-temporalmente-folga-do-metal-ccoo-decide-hoxe
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Segundo confirmou, en declaracións a Europa Press, o portavoz de UGT, Diego Atanes, a asemblea aprobou, cun apoio do 78 por cento, suspender o paro, para darlles "osíxeno" aos traballadores do metal –que hoxe manteñen a súa xornada número 22 de paro–.

Atanes explicou que a duración desta suspensión aínda non se concretou, pero que se trataría de "días" e, en función dos acontecementos, analizaríase a posibilidade de reactivar a convocatoria ou non.

A CIG revitaliza a acción dos piquetes

Con todo, CIG e CC OO tamén celebraron esta tarde as súas respectivas asembleas en Vigo, onde o sindicato nacionalista acordou continuar coa folga indefinida e CC OO avogou por que sexa a asemblea de traballadores que se celebrará hoxe a que decida.

O portavoz do CIG, Miguel Anxo Malvido, explicou que os afiliados e delegados do sindicato nacionalista decidiron continuar co paro indefinido tal como viña realizando até agora, rexeitando a posibilidade de suspender a folga en días concretos.

Así mesmo, o sindicato decidiu "revitalizar" a acción dos piquetes para evitar as "fugas" que, segundo lamentou, se produciron nos últimos días e intentar así recuperar o nivel de seguimento da folga. No que respecta ás empresas de que se rexen por outros convenios sectoriais pero que se están vendo prexudicadas polo paro do metal, como as empresas de carpintería que traballan en estaleiros, Malvido avanzou que se celebrará hoxe unha asemblea con elas para "analizar a situación".

CC OO decide hoxe a súa liña de acción

Pola súa banda, o representante de CC OO, Ramón Sarmiento, explicou que na asemblea do seu sindicato decidiuse por maioría someter a decisión de continuar coa folga indefinida ou suspendela na asemblea conxunta prevista para hoxe ao mediodía en Praza do Rei, de forma que se poida conservar a "unidade" de acción dos tres sindicatos.

Sarmiento explicou que os delegados de CC OO reunidos esta tarde avogaron por que a decisión sexa "colectiva", de "todos os traballadores" que acudan hoxe á asemblea conxunta, e, non só de "os delegados" sindicais.

Así, este mediodía celebrarase unha asemblea en Praza do Rei onde, inicialmente, está previsto que cada sindicato expoña a súa postura.
http://www.anosaterra.org/nova/31051/ugt-suspende-temporalmente-a-folga-do-metal.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Obreiros do metal tentan acceder ao porto de Marín

ANT | Uns mil traballadores do sector do metal tentan acceder ao interior do recinto portuario de Marín e protestan lanzando porcas e petardos ante a sede de Factoría Naval...
[3-7-2009] | 1108 lecturas | 1 comentario

"O Metal no Camiño", curta documental sobre a marcha dos folguistas a Compostela

Avantar-Video | CIGDesde a CIG apresentamos a curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.
[2-7-2009] | 792 lecturas

Julio, trabalhador do naval: ''Do que se conseguir aqui beneficiamo-nos todos, mas só alguns pomos a cara''

V. Felpeto | 'Feijóo, escoita, ou metal está en loita'. Entre uns 2.000 compañeiros do sector do metal da provincia de Pontevedra, Julio entoa as consígnas da marcha que partiu este luns de Vigo...
[30-6-2009] | 1531 lecturas | 1 comentario

Milhares de operários do metal iniciam hoje 'marcha da dignidade' entre Ponte Vedra e Compostela

Kaos. Galiza | A mobilizaçom por um convénio justo continua. Tal como anunciárom na semana passada, na manhá de hoje partem a pé mais de 2.000 trabalhadores em direcçom a Compostela.
[29-6-2009] | 1187 lecturas | 3 comentarios

Vigo: violência policial em resposta à determinaçom operária de continuar a luita

Kaos. Galiza | Na manhá de hoje, as cargas começárom logo às 4 horas, quando os piquetes figérom frente às forças repressivas que impediam o seu labor e protegiam os fura-greves à entrada de PSA Peugeot Citröen.
[25-6-2009] | 1272 lecturas | 7 comentarios

Um trabalhador agredido pola polícia acaba no hospital em Vigo, na jornada número 15 de greve metalúrgica

Kaos. Galiza | Já vam mais de duas semanas de greve no metal do sul da Galiza, o que está a levar o conflito ao limite, segundo representantes sindicais. Hoje um trabalhador acabou no hospital agredido pola polícia.
[23-6-2009] | 3896 lecturas | 33 comentarios

Representante do BNG no governo viguês condena o "vandalismo" dos trabalhadores em luita

Kaos. Galiza | Santiago Domínguez, alcalde de Vigo polo BNG em ausência do titular, Abel Caballero (PSOE), fijo umha "condena sem paliativos" do que chamou "actos violentos" dos trabalhadores.
[4-6-2009] | 2662 lecturas | 10 comentarios

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)