Buscar  
Solidariedade cós metalúrxicos: É PRECISA UNHA FOLGA XERAL
A dureza da represion contra os traballadores do metal de Pontevedra en Folga só demostra a incapacidade da patronal e os gobernos de facer a menor concesion aos traballadores e as traballadoras.
Corrente Vermella | Para Kaos en la Red | 4-6-2009 a las 21:57 | 1308 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/solidariedade-cos-metalurxicos-precisa-unha-folga-xeral
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Solidariedade cós metalúrxicos: É PRECISA UNHA FOLGA XERAL

A dureza da represion contra os traballadores do metal de Pontevedra en Folga só demostra a incapacidade da patronal e os gobernos, no cadro da crise que eles xeraron, de facer a menor concesion aos traballadores e as traballadoras.

Na Galiza non son os únicos em loita contra as consecuencias da crise do capitalismo. O cadro de persoal de Caramelo esta en folga contra os EREs, os traballadores de EMESA en loita contra os despedimentos, igual que Talleres Carral, Leite Pascual, que conqueriron a retirada do ERE, etc.

A listaxe é longa de sectores de traballadores e traballadoras en loita contra unha patronal que, co gallo de crise, pretende a conxelacion dos salarios, o aumento da xornada laboral, ou unha maior precarizacion das relacions laborais; nunha palabra, queren sair da crise que eles criaron, rebaixando as conquistas da clase traballadora.

Neste cadro son mentira absoluta as palabras de Zapatero na eleccions europeas, presentandose como o valedor dos traballadores e as traballadoras, mentras coa man dalle millons á banca e empresarios. Estas palabras so van dirixidas a manter o acordo coas direccions sindicais de CCOO e UXT, que son as grandes responsabéis de que no Estado Español non haxa unha contundente resposta ao ataque da patronal, como fixeron a clase traballadora en Francia ou Grecia. Na realidade a única resposta que o goberno coñece é a da represion policial, a criminalizacion das ideas e a ilegalizacion de candidaturas democráticas e de clase, como Iniciativa Internacionalista.

O 21 de maio os traballadores e as traballadoras vascas foron á folga xeral en Euskadi, na Galiza as mobilizacions obreiras non deixan de crecer, é hora de romper calquer confianza no Goberno do PSOE, e pórse á tarefa de preparar unha Folga Xeral contra os despedimentos, as conxelacions salariais e a precariedade.

Mas, nas condicions atuais, un día de folga non chega para frear o que a patronal quere, unha saída á crise favorable aos seus interese, uns plans que, pouco a pouco, comezan a tomar corpo desde o goberno: incremento do tempo para a xubilizacion, negativa a prohibir os EREs, mantemento do despido libre, mantemento da contratacion precaria e eventual… Verdadeiras causas do gran aumento do desemprego no Estado Español.

O que esta en litixio é a disiuntiva entre unha saída a favor dos patrons ou unha saída a favor da clase traballadora e o pobo. A dia de hoxe, son incompatibles: ou se aumentan os lucros das empresas, ou se mellora as condicions da clase traballadora, repartindo a xornada laboral sen reduccion de salario, reducindo a idade de xubilacion para a incorporacion da xuventude nas mesmas condicions, a proibicion dos EREs, as subas salariais, etc.

Neste sentido faise imprescindible avanzar na solidariedade entre os traballadores e as traballadoras, na unidade e a coordinacion de todos os sectores en loita polos convenios, contra os despidos e os EREs, e contra a precariedade, no camiño dunha folga xeral que sexa parte dun plan de loita ata derrotar o ataque da patronal e os seus gobernos.

Esta é a responsabilidade que teñen as direccions sindicais, as de CCOO e UXT, mais especialmente aquelas que fan parte historica do sindicalismo combativo como a CIG. Calquer dilacion neste terreo só favorece a politica pactista dos Toxos e os Mendez.

Para avanzar com iste obxectivo, Corrente Vermella chama a poboacion traballadora a participar na manifestacion convocada polas traballadoras de Caramelo, que saíra o 5, ás 20, da Palloza.

correntevermella@corrienteroja.net

http://www.corrienteroja.net
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

A exemplar loita do Metal da un paso máis coa Marcha a Compostela

Corrente Vermella | Para Kaos en la RedAgora é preciso rematar o traballo cun acordo que rompa as intencions dos gobernos, do Central e da Xunta, de descarregar a crise sobre ás costas da clase traballadora.
[29-6-2009] | 553 lecturas

Por que hai que apoiar a folga dos metalúrxicos?

Corrente Vermella | Para Kaos en la RedCorrente Vermella chamamos á extensión da solidariedade cos metalúrxicos do conxunto da clase traballadora do Estado Español, ao envío de comunicados de apoio, á organización de accións solidarias.
[29-6-2009] | 1123 lecturas

Solidariedade cós metalúrxicos

Corrente Vermella | Para Kaos en la RedChamamos á extensión da solidariedade cos metalúrxicos do conxunto da clase traballadora do Estado Español, ao envío de comunicados de apoio, á organización de accións solidarias.
[25-6-2009] | 1412 lecturas | 1 comentario

Cumprem-se 12 jornadas de greve sem acordo no metal do sul da Galiza

Kaos. Galiza | A de hoje foi a décima segunda jornada de luita convocada polas principais centrais sindicais nas metalúrgicas do sul galego, umha jornada marcada por umha nova viragem no tipo de mobilizaçom.
[18-6-2009] | 851 lecturas | 4 comentarios

Volta a mobilizaçom e a luita matalúrgica às ruas de Vigo, após a ruptura de negociaçons com os patrons

Kaos. Galiza | As mobilizaçons voltárom na manhá de hoje ao sul da Galiza, com milhares de operários a cortar os acessos à cidade e a adesom de trabalhadores e trabalhadoras de outros sectores.
[12-6-2009] | 1036 lecturas | 9 comentarios

Começa greve indefinida no metal do sul da Galiza, com negociaçons em simultáneo

Kaos. Galiza | Enquanto os representantes sindicais e os patrons do sector metalúrgico continuam reunidos, hoje começou a greve indefinida que retoma a luita proletária nas ruas de Vigo e do sul da Galiza.
[11-6-2009] | 902 lecturas

Milleiros de persoas saen á rúa para apoiar o Metal

Vieiros | Unhas 4.000 persoas xuntáronse na cidade olívica na defensa dun "convenio digno" para o sector. Mentres, patronal e representantes dos traballadores negocian a contrarreloxio.
[10-6-2009] | 1848 lecturas

NÓS-Unidade Popular chama a participar na mobilizaçom em solidariedade com proletariado metalúrgico de Vigo

NÓS-Unidade Popular | NÓS-UP apela às trabalhadores e trabalhadoras do sul da Galiza à participaçom na mobilizaçom convocada polos sindicatos em solidariedade com o proletariado metalúrgico viguês.
[9-6-2009] | 990 lecturas

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía Solidaridad

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)