Desta volta estaban muito mais preocupados que de costume, pois pasaron a identificar-nos a todos e cada un das concentradas, non sabemos se é porque o noso programa era apertado, pois tiñamos previsto facermos a concentración à porta da sede central da Xunta, facermos entrega dos centos de sinaturas recollidas e despois entrarmos na edifício, e iso foi o máis pavero, pois fomos escoltados adiante, no meio e atrás por toda a policia, até chegarmos ao Salón de Graus.
Previamente o sindicato tiña-o solicitado para dar a roda de prensa. O funcionariado que nos obsevaba non daba crédito, pois nunca tal vira, cenetistas escoltados pola “pasma” dentro do edificio central da Xunta.
A continuación pasamos a facer a roda de prensa [audio ao final da páxina]. Iso si con auséncia dos meios burgueses, mas coa presenza de este correspondente da CNT, que escrebe. O compañeiro secretário Pablo da F.Local, pasou a relatar os factos polos que foi sancionado o compañeiro Brais, profesor de Matemática, actualmente despedido do Ensino público desde o 26/92/09, ao aplicar-se-lle a Addenda 11/07/06, firmada polos sindicatos “verticais” CC.OO. CSIF e ANPE.
Despois da magnífica exposición de Pablo, pasamos a realizar perguntas a Brais sobre
o seu estado de ánimo e as expectativas que ten para o xuízo do dia 9 de Febreiro, que pasou a relatar, para máis adiante agradecer as múltiplas mostras de solidariedade que ten recebido, de persoas e colectivos de toda a Galiza.
Rematado o acto, a polícia que estaba fora à nosa espera, voltou a escoltar-nos até fora do edifício de S.Caetano, dando por finalizada esta xeira, despois de termo-nos rido un cacho, de esta situación.
Como saberedes o compañeiro Brais foi submetido neste proceso a unha total indefensión, pois abre-se-lle un expediente disciplinário (o mesmo que aos funcionários) e despois de case 9 meses de acusacións e recursos, a Consellaria de Educación sanciona-o con 20 dias de suspensión de emprego e soldo, mas como é interino-substituto, mercé a esa nefasta Addenda, é despedido e borrado das listas de interinos sen posibilidade de poder traballar.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
#1.- a quiñon
rui da raia|06-02-2010 00:23
forza Brais
NA GALIZA EM GALEGO! 
Valoración: -1
| Avisar provocación