Buscar  
Sobre a Política Municipal e a posición dos comunistas
O artigo expon a opinión do compañeiro Martin Naya sobre a Política Municipal e a practica dos comunistas, con motivo da Xornada de Debate; Construindo alternativas dende o local que organiza o MpB.
Martin Naya | 3-12-2009 a las 23:46 | 1032 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/sobre-politica-municipal-posicion-dos-comunistas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Martin Naya*

Esta fin de semana, o dia 5, tera en Compostela unha xornada organizada polo Movemento pola Base na que analizara-se a cuestión do traballo no eido municipal.

É un importante debate no que penso todos debemos de aportar os nosos puntos de vista, a nosa visión do problema da política do cotidian .

Na actual situación política marcada polo afundimento do sistema capitalista na sua mayor e global crise, a tarefa dos revolucionarios, dos comunistas, nos países capitalistas avanzados é facer de calquer tribuna institucional burguesa un altavoz da necesidade da Revolución Socialista como solución dos traballadores ao caos capitalista.

Nestes paises, nos que o marco do vello Estado burgues ainda ten "prestixio democratico" en amplos sectores populares, como é o noso caso, á presencia nas eleccions municipais debe ser tenida en conta sempre e cando teñamos claro os obxetivos revolucionarios da nosa actuación, denunciando calquer oportunismo que conduzca a aprobación dos presupostos, plans urbans, elección de alcaldes, etc.

A nosa tarefa, entendo compañeiras e compañeiros, é cambiar a fondo a actividade municipal rachando de forma decidida co estilo de colabouración coa burguesia baixo mascara "democratica".

Temos que facer que toda-las forzas populares entendan que os propios municipios, por cercanos que parezan aos cidadans son instrumentos do poder burgués que teñen que ser convertidos en frentes de loita non para “democratizalos”, algo impensabel baixo o poder Estatal burgués, sinon para conventerlos en bases vermellas da Revolución.

As candidatas e candidatos das nosas listas deben reflexar a base social proletaria e popular das mesmas, descartando a representantes da pequena burguesia, avogados, mestres ou medicos, nas cabeceiras dando protagonistas a obreiros e obreiras (preferentemente das fabricas en conflicto nas diversas localidades) e a parados, baseadas na integración triple de xovenes, mulleres e cuadros veterans.
Mesmo noso programa que deberia-se redactar en base da opinión de asambleias de traballadores e veciños dos barrios populares co criterio principal de impulsar as loitas populares. Coido importantes puntos como:

Impostos municipais según principio de clase, esto é que pagen os burgueses. Os parados non pagarian impostos munipais.

Soldo minimo interprofesional para alcaldes e concelleiros. Esto faria que moitos arribistas e oportunistas se pensaran millor participar.

Na actual situación o paro e a precariedade a devenido en unha grave lacra no proletariado é polo mesmo dende o eido municipal temos que artellar respostas, transitorias na medida da permanencia do vello Estado, para paliar seus efectos.

Coido necesario nestos debates dar pasos solidos na construcción dunha autentica liña revolucionaria no eido municipal que rache no só coas ideas ao uso, sinon e o mais importante unha practica oportunista semellante a da burguesia.

A Coruña, Decembro 2009


* Membro da Asambleia Comarcal da Coruña do MpB
http://loitapopular.blogspot.com
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Izquierda a debate Opinión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)