Buscar  
Sindicato Labrego Galego denuncia extorsom das grandes superfícies e da indústria láctea
O sindicato maioritário no campo galego, o SLG, denunciou a "extorsom" a que os e as pequenas produtoras estám a ser submetidas pola grande indústria do leite e polas grandes superfícies comerciais.
Kaos. Galiza | 15-6-2009 a las 18:24 | 881 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/sindicato-labrego-galego-denuncia-extorsom-das-grandes-superficies-da-
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

A secretária-geral do sindicato, Carme Freire, reclamou ao governo autónomo galego que faga frente às imposiçons dos grandes agentes económicos do sector e que defenda as exploraçons para evitar que acabem de afundir-se na Galiza. 

Freire referiu-se à queda dos preços do leite que som pagos pola indústria às exploraçons galegas, que provocam umha nova resposta colectiva com a convocatória para este 17 de Junho de umha tractorada na Galiza, seguida de manifestaçons na sexta-feira dia 19.

  As mobilizaçons com tractores desta quarta-feira concentrarám-se em  Compostela, Corunha, Ferrol, Vimianço, Chantada, Ribadeu e Lugo, segundo explicou a líder do convocante SLG.

Assim, explicou que os tractores que se reunirám em Compostela sairám desde Ordes (11.00 horas), Estrada (11.15 horas), Lalim (10.15 horas), Arçua (11.00 horas), Rois (10.30 horas) e chegarám à chaira de Salgueirinhos. À zona da Gándara, em Ferrol, chegarám gadeiros desde Moeche e a Capela, que pasarám por Sam Sadurninho, a Mourela, Júvia, Estrada de Castela e a praça do Concelho em Ferrol.

Os tractores que saiam desde Montesalgueiro e Aranga irám pola estrada N-VIN até a sede da Delegaçom do Governo na Corunha; enquanto a de Vimianço chegarám desde Mugia-Quintáns pola C-552 até a chaira do Concelho.

Toda a informaçom está disponível no site do SLG: 

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=271
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Começa semana de mobilizaçons do sector agrário galego

Kaos. Galiza | Uns 3.000 tractores aderirám à convocatória de tractorada desta semana nas cidades de Compostela e Lugo, realizada polas organizaçons agrárias galegas.
[13-7-2009] | 762 lecturas

O SLG leva o conflito do leite na Galiza á Eurocámara

SLG | O Sindicato Labrego Galego participará xunto a produtores lácteos de países da UE na concentración prevista para 14 de xullo en Estrasburgo –coincidindo coa constitución do Parlamento Europeo–
[9-7-2009] | 1418 lecturas

Entrevista con Carme Freire: 'As cousas polas que se cre son polas que hai que loitar'

A Peneira | Carme Freire, natural de Rois, milita no Sindicato Labrego Galego (SLG) dende mediados dos 80 e en 2007 accede á secretaria xeral desta organización nacionalista.
[24-6-2009] | 1466 lecturas | 1 comentario

Con todas e todos vós, a loita do sector leiteiro segue adiante

SLG | Comunicado do Sindicato Labrego Galego após a tractorada desta semana em defesa do sector lácteo galego.
[19-6-2009] | 1882 lecturas | 3 comentarios

Sector agrário galego contestou com mobilizaçom de tractores as políticas neoliberais que padece

Kaos. Galiza | Tal como já informamos, para hoje estava convocada pola principal organizaçom agrária galega, o Sindicato Labrego Galego, umha tractorada que partiu de diferentes vilas da Galiza.
[18-6-2009] | 653 lecturas

O SLG convoca unha tractorada en defensa do prezo do leite, o vindeiro mércores 17 de xuño

SLG | Na asamblea do sector leiteiro do dia 9 en Vilalba, gandeiras e gandeiros do SLG, procedentes de todas as comarcas da Galiza, adoptaron a decisión de mobilizarse cunha tractorada o dia 17 de xuño.
[11-6-2009] | 1305 lecturas | 2 comentarios

Labregos e labregas retenhem um camiom de recolha de leite na Marinha

SLG | "Se Lence non reincorpora ás explotacións da Mariña, impediráselle a recollida nesa ruta", afirma o Sindicato Labrego Galego.
[24-5-2009] | 1470 lecturas | 1 comentario

Comentarios (1)

#1.- Nom queda outra

GZlivre!|15-06-2009 23:21

Quando políticos, legisladores, corpos de repressom, meios de comunicaçom e empresas se alíam para nos fazer chantagem, para nos extorsionar, para fazer-nos desaparecer e logo apropiarse iles da terra. A única saída que nos queda é botar-nos á rúa, unirnos e loitar, loitar, loitar, loitar...

Todos co SLG!!!

Valoración: 1    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)