Buscar  
O Sindicato Labrego Galego, contra a extracçom de quarzo na Terra Chá
O SLG apresentouse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión dos concellos de Cospeito e a Pastoriza de non concederlles licenza para a extracción.
SLG | 21-5-2009 a las 13:11 | 1023 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/sindicato-labrego-galego-contra-extraccom-quarzo-na-terra-cha
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
O Sindicato Labrego Galego, vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión do Concello de Cospeito e A Pastoriza de non considerarse outorgadas as licencias para a extracción de cuarzo nestes concellos por silencio administrativo.
 
Ao Sindicato Labrego foille comunicada esta posibilidade en días pasados por parte destes dous concellos, que se integran no proceso como demandados.
 
Para a nosa organización é moi importante seguir tendo a posibilidade, esta vez no Xulgado, de opoñernos a estas concesións de licencia.
 
Á espera de que nos trasladen por parte do Xulgado o expediente e a demanda de Erimsa, cómpre lembrar brevemente este proceso:
 
No mes de maio de 2008 Erimsa presenta en Cospeito, Pastoriza, Castro de Rei e Abadin solicitude de licencia para a extración do cuarzo, que estivo a exposición pública, e contra a cal presentamos centos e alegacións.
 
Tamén no ano 2008 Erimsa tiña presentado escrito nos concellos para que pasados os tres meses dende a presentación o silencio administrativo lle fose considerado positivo. Todos os municipios emitiron resolucións no sentido contrario, contra as cales Erimsa interpuxo recurso.
 
O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=245
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Carme Freire, secretária-geral do SLG: "A alimentaçom deveria ser um direito e nom um negócio"

gznacion | O sector agrogadeiro galego, máis concretamente o leiteiro, non pasa polos seus mellores momentos en Galiza. Carme Freire repasa a problemática do sector, incidindo nas medidas políticas a tomar.
[29-5-2009] | 1734 lecturas | 1 comentario

Galiza, 8 de maio: Mobilizacións conxuntas do sector leiteiro en 14 cabeceiras de comarca

Sindicato Labrego Galego | Venres 8 de Maio: O povo galego di basta xa! En defensa da Terra, todos co SLG!
[7-5-2009] | 1707 lecturas | 1 comentario

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Ecología Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)