Por compromiso adquirido, en estes días de atrás estivemos indagando en fontes alternativas das que temos máis a man, para tratar de saber, cando menos, quen serían ou quen non eses piratas que, segundo os medios de información que nos valen normalmente, disque navegan no Indico, fronte as costas de Somalia. Deles din que non soamente entorpecen as rutas internacionais dos mercantes neses mares e os traballos normais dos pesqueiros estranxeiros que faenan nesa zona, senón que, indo a maiores, dan en secuestralos barcos para esixir por eles ós armadores, a cambio de liberalos de novo, recates desorbitados.
Existen xa varios casos de diferentes bandeiras con mercantes ou pesqueiros secuestrados. Pois como resposta ós mesmos, e vendo que ían a máis, os países afectados, dende o mesmísimo Consello de Seguridade da onU, aprobaron unha resolución pola que “invitan a los estados interesados en la seguridad de las actividades marítimas a participar activamente en la lucha contra la piratería en alta mar fuera de las costas de Somalia, particularmente desplegando buques de guerra y aviones militares…” Atendendo a esta consigna, tanto a OTAN como a Unión Europea publicaron ordes no mesmo senso e Rusia, Xapón, India, Malaisia, Exipto e Iemen, xunto con cada vez máis países, “se han unido a la batalla”en contra da ‘piratería somalí’, da que, segundo outras fontes, avaladas polos chamados piratas, din que a tal non é así, senón que os feitos do latrocinio, realmente, danse en sentido contrario.
Se queredes recordar, nesta mesma tesitura, xustamente aquí, quedamos nesta semana pasada. Non obstante, por entón, a nosa presentación en relación ós piratas partía do secuestro do “Alakrana” e da afección deste caso con respecto a comarca do Barbanza. Disto foi do que falamos, pero deixamos no aire–¿recordades?– ‘de que piratas se fala’. Mais, tampouco quedou patente de ningún xeito, nin finalmente sequera, senón pola negación, motivo algún que valese a esa falta de resposta que onte non puidemos dar. Diante da incertidume, xa co espacio esgotado, ¿‘de que íamos falar nós’?
Menos mal, que o “nós” vai porque conta Olegario, sempre disposto contar. Aínda que desta di que o collemos xubilado e ,en tanto, que de piraterías de hoxe a penas pode falar. Pero vaia como apaño por se nos valera nós:
“...Daquela cando andabamos a pescada, pero nos mares do sudoeste africano, o que máis nos amolaba ós mariñeiros era cando nos acercábamos os bancos costeiros para esquilmalos de cría. Entre lance e lance, a penas si podiamos durmir, pois o que eran tempos de arrastre pasabámolos elaborando filetes, que non para outra cousa daban os tamaños dos exemplares pescados. E case que sen acabar de conxelar o producto dun arrastre, xa o patrón de pesca nos reclamaba á cuberta para a virada seguinte. ¡Se fose a tomar por saco! A el pouco lle importaba o pouco que descansabamos cando arrastrábamos en unha daquelas praias. Pero era o mais rendible, pois xa que a pescada grande, despois de ducias de anos de depredación intensiva e extensiva, cos pesqueiros, conxeladores e factorías, das potenciaspesqueiras mais importantes do mundo (entre elas a galega, se ben non éramos un estado, como nonsomosaínda)...En fin, xa por entón a pescada comezaba a escasear polos mares africanos de costume. Anque así conseguíamos completar primeiro a carga para as bodegas e acurtala campaña.
“Pero pasaron os tempos nos que tres meses bastaban, dende a saída, para retornar a Vigo coas bodegas a tope. Nin tampouco por entón había piratas, anque non sempre pescaramos en zonas de seguridade. Nin tampouco eran augas de Somalia.E, por suposto, tamén eramos honrados, por oficio, independentemente dos cargos e os porcentaxes que armador dispensase á tripulación. Se con algo pirateabamos era soamente co tabaco que, inocentes, conseguiamos colar clandestinamente ó chegar a porto.
“De hoxe non podo falar, só sei que voto por Zapatero e non me vai nada mal. Anque, a verdade, quen no me vai e a Vicepresidenta. E non porquedigaou non verdade, sobre eso dos piratas (que é certoque hai moito pirata solto, sobre todo do PP.) Pero é que a vexo engurrada, a pesar desa frescura de alma que denota cando fala.
En canto a eses somalís, se é que non fosen piratas... Razoablemente, se andamos en democracia e os outros de aquí son máis, e por riba ben armados, fronte a Somalia, se os asistise, unha soa... ¿A onde van? Iso xa viu na onU.
PROTÁGORAS.
[1] Artigo de opinión censurado na edición do Banbanza de “La Voz de Galicia”, onde debería aparecer o día 01-11-09 ou ben o 08 o mesmo mes, despois da insistencia do autor diante do responsable do medio no que aquel colaboraba cada semana.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |