Buscar  
Representante do BNG no governo viguês condena o "vandalismo" dos trabalhadores em luita
Santiago Domínguez, alcalde de Vigo polo BNG em ausência do titular, Abel Caballero (PSOE), fijo umha "condena sem paliativos" do que chamou "actos violentos" dos trabalhadores.
Kaos. Galiza | 4-6-2009 a las 18:29 | 2648 lecturas | 10 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/representante-do-bng-no-governo-vigus-condena-vandalismo-dos-trabalhad
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Santiago Domínguez, dirigente do BNG em Vigo

Nom se referia, nom, à extrema violência policial, mas ao exercício da autodefesa operária, durante as já seis jornadas de greve dos trabalhadores do metal em defesa de um convénio digno. O dirigente do BNG em Vigo considera que as imagens de luita nas ruas estragam a imagem da cidade. Concretamente, afirmou que "nom é bom para a cidade nem para os trabalhadores dar esta imagem de vandalismo" (sic), atribuindo os confrontos de hoje e ontem a umha suposta falta de "serenidade" dos obreiros.

Apoiando, isso sim, a violência policial, o "responsável" dirigente do BNG pediu que "a actuaçom policial se faga com a menor dimensom possível, e quando for estritamente necessária". Pujo como exemplo disso supostas tentativas de tomar a sede municipal "de forma violenta" por parte dos trabalhadores e trabalhadoras do metal viguês.

Apesar do seu suculento salário e regalias como alto cargo primeiro da Junta e agora do Concelho de Vigo, Santiago Domínguez afirmou que entende as "demandas legítimas dos trabalhadores", mas, isso sim, pontificou dizendo que "a violência nunca é boa para aceder aos direitos". Supomos que Domínguez que a violência é boa só para que a polícia defenda os interesses da burguesia e evitar assim que os direitos laborais podam ser exercidos.

Fonte da informaçom: O Xornal. 

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/04/economia/santi-dominguez-condena-paliativos-disturbios/2009060415325518000.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Obreiros do metal tentan acceder ao porto de Marín

ANT | Uns mil traballadores do sector do metal tentan acceder ao interior do recinto portuario de Marín e protestan lanzando porcas e petardos ante a sede de Factoría Naval...
[3-7-2009] | 1100 lecturas | 1 comentario

UGT suspende temporalmente a folga do metal e CCOO decide hoxe

ANT | UGT decidiu, nunha asemblea de delegados e afiliados en Vigo, 'suspender temporalmente' a folga do sector do metal polo convenio colectivo na provincia de Pontevedra.
[2-7-2009] | 1665 lecturas

"O Metal no Camiño", curta documental sobre a marcha dos folguistas a Compostela

Avantar-Video | CIGDesde a CIG apresentamos a curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.
[2-7-2009] | 788 lecturas

Julio, trabalhador do naval: ''Do que se conseguir aqui beneficiamo-nos todos, mas só alguns pomos a cara''

V. Felpeto | 'Feijóo, escoita, ou metal está en loita'. Entre uns 2.000 compañeiros do sector do metal da provincia de Pontevedra, Julio entoa as consígnas da marcha que partiu este luns de Vigo...
[30-6-2009] | 1525 lecturas | 1 comentario

Milhares de operários do metal iniciam hoje 'marcha da dignidade' entre Ponte Vedra e Compostela

Kaos. Galiza | A mobilizaçom por um convénio justo continua. Tal como anunciárom na semana passada, na manhá de hoje partem a pé mais de 2.000 trabalhadores em direcçom a Compostela.
[29-6-2009] | 1178 lecturas | 3 comentarios

Vigo: violência policial em resposta à determinaçom operária de continuar a luita

Kaos. Galiza | Na manhá de hoje, as cargas começárom logo às 4 horas, quando os piquetes figérom frente às forças repressivas que impediam o seu labor e protegiam os fura-greves à entrada de PSA Peugeot Citröen.
[25-6-2009] | 1265 lecturas | 7 comentarios

Proletariado viguês rejeita em assembleia umha proposta da Junta da Galiza para desconvocar a greve

Kaos. Galiza | Assembleia de operários e operárias metalúrgicas votou hoje contra a proposta da Junta da Galiza para desconvocar a greve, derrotando as posiçons da UGT e CCOO. A CIG coincidiu com a maioria.
[24-6-2009] | 1318 lecturas | 6 comentarios

Um trabalhador agredido pola polícia acaba no hospital em Vigo, na jornada número 15 de greve metalúrgica

Kaos. Galiza | Já vam mais de duas semanas de greve no metal do sul da Galiza, o que está a levar o conflito ao limite, segundo representantes sindicais. Hoje um trabalhador acabou no hospital agredido pola polícia.
[23-6-2009] | 3866 lecturas | 33 comentarios

Comentarios (10)

#1

04-06-2009 18:42

¿y qué opinan en la UPG de esto?

Valoración: 5    |  Avisar provocación

#3.- Un artigo do Loita Popular do MpB/Corunha

MpB/Coruña|04-06-2009 19:31

O BNG ataca aos traballadores do metal de Vigo O alcalde accidental de Vigo o concelleiro do BNG Santiago Dominguez ten calificado de "mala imaxe para a cidade e para os traballadores os actos vandalicos" na actual folga. Non condea a patronal nin a represión policial dos traballadores. Tan só condea a os traballadores que loitan polos seus postos de traballo e un salario digno.
Alguen a estas alturas pode duvidar sobre a que intereses sirve o BNG e seus concelleiros en Vigo?
Que pensan os compañeiros sindicalistas do BNG na CIG de Vigo de seus concelleiros?
Esta claro que cando falan da Galiza falan da Galiza da patronal e non a de o povo traballador.
Alguen pode pensar que os votos ao BNG non son votos pala burguesia?
Na Galiza non queremos eses reprentantes na Europa ne nos concellos.
Adiante a loita obreria e popular !
loitapopular.blogspot.com

Valoración: 7    |  Avisar provocación

#4.- INCRIBLE!

A MOSCA ESQUERDOSA|04-06-2009 19:49

O BNG xa non dá máis de si. Agora fai de altofalante e voceiro do goberno, da súa plicía e da patronal...
A creba político-ideolóxica é total.
SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DO METAL!
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#5

04-06-2009 20:14

Recordemos que estos sinverguenzas van de la mano de aralar en estas elecciones.

Valoración: 1    |  Avisar provocación

#6

so|04-06-2009 20:26

Solidaridad con los trabajadores en lucha desde Euskal Herria!

Este personage es un miserable...

Valoración: 3    |  Avisar provocación

#7

04-06-2009 20:38

A imaxe de vigo dende logo estando ti condeando o exercicio a folga a defensa do traballo ganara uns cuantos segundos de "popolaridade" na tvg.Neste estado da sumision a os autenticos criminales da sociedade leva consigo oir,ver,e calar,e si non chove ir a votar para que despois podades acudir a europa a pintar a mona e solicitedes como ejemplo de lucha a o servicio dos ciudadans que unha empresa de confeccion galega fagalle os uniformes a Garda Civil.Todo un detalle de ejemplo democratico,xa sabedes que renove flota os verdes para levantar o sector automovilistico ou si de Madrid queren austeridad vendelles a burra.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

#8.- Sectarismo

Manuel|04-06-2009 20:50

A noticia esta é moi sectaria de dios. A orixinal, a de Xornal, Santi Domínguez fala de "demandas lexítimas dos traballadoes" ao tempo que pide "flexibilidade aos empresarios" e serenidades aos "traballadores", e esta crónica obvia todo iso.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

#9

04-06-2009 22:41

#5 sí y con los pesebreros de ERC

Valoración: 0    |  Avisar provocación

#11.- Umhas conclusons pessoais

GZlivre!|04-06-2009 23:06

1: A manipulaçom é a de tratar de quedar bem com tudos. Palavrería barata para fazer ver que nom deixas de lado ós trabalhadores, justificaçom da repressom coa desculpa do ordem e silêncio total acerca da pressom exercida pelos empresarios coa impunidade que lhes oferecem umhas leis feitas por e para iles. Resenhar o destacável dumha declaraçom é simplesmente deixar nú a quem trata de ocultar-se baixo umha suposta indefiniçom absoluta onde nom há lugar a medias tintas.

2: A cada passo queda mais crara a verdadeira posiçom que tem tomado o Bloco, confundindo o seu propio descurso co dos demáis partidos institucionais. Sem o debate sobre a língua ó BNG nom lhe queda espazo político no que sobreviver. Iles soios tomarom issa decisom i errarom. Apenas hai volta atrás. E resulta um verdadeiro truco de malabarismo justificar a persistencia dalgúns em manterse dentro do BNG. E injustificável fazelo gardando incomprensíveis silenzos respeito a algúns posicionamentos oficiais do grupo.

3: Na medida em que a populaçom comprometida é cada vez máis conscente de todo o anterior faise se cabe máis nescessaria a construçom dun bloque soberanista e sozialista, verdadeiramente contestatario, que cubra ese espazo vazio. Sería desejável que os actores principais dista obra sintam no seu coraçom latejar issa necessidade coa mesma forza coa que lateja no interior do povo galego.

Independência e Sozialismo!

Valoración: 3    |  Avisar provocación

#12

05-06-2009 01:10

e que opiñades do Encontro Irmandiño? Pareceme algo fundamental para entender ó BNG hoxe en dia. A verdade é que eu supoño que o que pasará será que rematará por abandoar o BNG dentro de uns cantos anos, e o que podería pasar sería que se unise con outros sectores (FPG, Nós, MpB...) para facer algo con xeito. Pode que sexa un pouco iluso.

Valoración: -2    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)