Buscar  
Piratas contra Piratas III
E se non, se no mar non hai Estados, nunca será o mellor que diriman os conflictos piratas contra piratas.
Protágoras | Para kaos en al Red | 10-11-2009 a las 10:25 | 1165 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/piratas-contra-piratas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

Piratas contra piratas.[1]

 

Sabemos que andamos na mesma andaina. Mais tamén consideramos que, non é formalidade quedarse a medio camiño, na busca dunha verdade. Así, pois, para dar máis claridade ó asunto dos piratas –tal como nos o tomamos – diremos do que opinaron algúns partidos de España, que o son tamén, como non, da comarca do Barbanza. Sexa o lector quen decida para si, que doutro xeito non cabe, se esto ten ou non ten trazas:

Do PP, dixeron que, mais que propor unha saída,por incordiar ó Goberno, fixeron,de oposición pertinaz, “que só aspira a morder por mor de sacar tallada”. E os do PP opinaron que, se algunha imaxe demos diante do espello europeo polo asunto do “Alakrana”, foi a imaxe dos ‘papanatas’, que nin a garantes chegaron na protección dos seus barcos. ¿E que non contaba, acaso, o exército de España cos ‘Infantes de Mariña’, dispostos a dala cara alá o­nde faga falta? ¿Pois, a que esperaba ó Goberno para ordenar que o fixeran? Porque xa os populares pedíranlle por adiantado, nun control parlamentario, que modificase a lei “para que sea posible la presencia militar a bordo de los buques.

Do Goberno titular, contestaron que eles si, que eles, en cambio, actuaban, estudiando, pero “en consonancia con la Organización Marítima Internacional”, para non metela pata fóra da legalidade. En canto ó que estaba feito (en referencia a captura do esquife con dous presuntos corsarios, ó cargo dunha fragata española) só houbo frivolidade por parte da oposición; mellor fose que calaran mentres eles estaban planificando estratexias eficaces, para dar coa liberación do barco e buscando unha maneira de dar retoques a lei, “para que los armadores puedan contratar seguridad privada con dotación suficiente (armamento militar, complementario das armas de precisión) para repeler ataques.” Defensa xa se ofrecera, no senso de modificala lei, “a los armadores atuneros que trabajan en el Indico.

Con bo tino, doutra banda, a deputada nacionalista do BNG,en Madrid, contrariaba ós do Goberno dicindo que “no se trata de un problema entre particulares, sino que realmente es un problema de Estado”.Pero é que tamén dixera, case o mesmo que o PP, que a solución era embarcar nos pesqueiros ós infantes de mariña, que as leis “no son intocables” e que había que cambialas para protexelos barcos, que se o facían os franceses ca súa flota, levando armas a bordo, ¿por que iamos a ser menos? ¿Ou, é que non somos Europa?... “Que non España” –precisaríamos nós, dado que non entendemos como é posible que o BNG reclame que tropas doutra bandeira entren en patrias alleas, cando todo o mundo sabe que, en si mesmos, os buques, en porto ou en alta mar, son prolongacións legais das nacións que simbolizan nos pendóns de cada un–. E pura contradicción, pero si eles reclamaban... Urxía, pois, que o Executivo actúase. Esixíano ambos bandos, baixo tódalas presións de tódolos afectados.

Ó respecto, estas serían as opcións fundamentais dos partidos. Serían, se non citáramos esta antes do punto final:“Sólo IU se ha pronunciado abiertamente:“ Si hay que pagar se paga”, aconsejó Llamazares”. Quizais Llamazares pensa que non temos o dereito de colarnos nun coto de caza alleo, sen pagar antes a entrada. E de aí este consello. Quizais... Se non temos o dereito e nos colleron cazando, o mellor será pagar, cando menos pola entrada ou pola caza. E logo legalizarnos, por se queremos volver. E se non, se no mar non hai Estados, nunca será o mellor que dirimanos conflictos piratas contra piratas. Pero, ca bandeira que levamos, se non cambiámolo rumbo... Pola parte do Goberno, non se viu que haxa outro amaño.

PROTÁGORAS.



[1] Último artigo dos tres que compoñían o tema que “La Voz de Galicia” lle censurará ó autor. Aínda que o censuradornegase que había censuradicindo que autor virapantasmas, o certo é que “haberlos hailos” Por moito que se disfracen, estereino so éo reino no que moran, gobernando, soamente os herdeiros ideolóxicosde Franco. ¡Ave, pois María Purísima!... “Y Dios guarde a nuestro Rey.”

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Análisis de la Comunicación Galiza Heterodoxias

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)