Pingüíns durante a estancia do circo en Zaragoza (Imaxe: Amnistía Animal)
A Asociación Animalista Libera! comunicou hoxe ó Concello da Coruña, a través do seu delegado en Galicia, as continuas irregularidades do circo acuático “Cirkid”, que estará na cidade herculina a partires do próximo sábado 4, e durante as seguintes tres semanas, e logo pasará por Santiago, Pontevedra e Vigo.
Na queixa presentada no Rexistro Municipal, constan as probas doutras organizacións protectoras dos animais; grabacións colgadas en populares páxinas de internet, realizadas durante a xira do circo acuático neste ano 2009, en cidades como Santander e Zaragoza. Nas imaxes pódense ver pingüíns engaiolados en transportíns para cans antes de sair ó espectáculo, ou estes mesmos animais expostos a condicións climatolóxicas moi adversas e perigosas para a súa propia vida, como o sol e a calor.
O portavoz de Libera! en Galicia, Rubén Pérez explica: “os animais acuáticos como os pingüíns, son capaces de nadar e camiñar durante horas, condenalos ó espacio que ofrece o tráiler dun camión é canto menos bochornoso, e atopar probas do seu estado nesas instalacións debería avergoñar ós responsables”.
Cirkid
Cirkid é un circo acuático, que segundo Libera!, realiza publicidade enganosa, ó promocionar os seus espectáculos como circo sen animais, e despois mostralos ó público nas propias funcións.
Rubén Pérez engade: “Cirkid xoga coa mercadotecnia e nunca coloca na súa cartelería a animais reais, senón realizados por ordenador, desta manera evitan a controversia que supón escravizar a deceas de animais con fins lucrativos; os circos con animais vétanse en moitas rexións europeas, e non lles interesa crear unha opinión negativa da cidadanía”
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |