Buscar  
La otra obra “social” de Caixanova: Represión y despidos.
25 ANIVERSARIO DO CENTRO CULTURAL CAIXANOVA
CGT de Galicia | 7-1-2009 a las 21:38 | 1324 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/otra-obra-social-caixanova-represion-despidos
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

25 ANIVERSARIO DO CENTRO CULTURAL CAIXANOVA

Este ano, 2009, Caixanova celebra o 25 aniversario do seu Centro Cultural. Faino coa mensaxe de “compartindo ilusións” e, efectivamente, hai ilusións e disfrutes que merecen a pena o seren compartidos.

Vostedes veñen a disfrutar dun deses actos que, seguramente, sen a financiación de Caixanova, non poderíamos ter na nosa cidade. E, sinceramente, desxámoslle que o disfruten. Val a pena.

Sen embargo, tamén lle queremos informar de outro labor de Caixanova. Labor que non publica, que esconde. É o outro “labor social” de Caixanova.

Caixanova é dona de “R” e, polo tanto, tamén é responsable das condicións de traballo que se dan no grupo “R”. É dicir, en “R” e as súas contratas. É un mundo de precariedade laboral, de represión e de despidos. E para mostra, din que basta un botón: o despido de Xurxo Gómez Nuñez.

Xurxo é o único escalador na plantilla de Gainca, empresa que traballa para “R”. Non ten contrato de traballo asinado, non ten xornada laboral fixa (nin horaria nin xeográficamente). O día 17 de Marzo de 2008  sufre un accidente laboral e necesita asistencia sanitaria na unidade de neurociruxía.

Ó pouco tempo, a empresa empeza a presionalo para que se reincorpore ó traballo. Xurxo négase a por en risco a súa integridade física. A chantaxe da empresa chega ata o delicto: o día 21 de abril preséntalle un contrato de traballo rexistrado no INEM coa sinatura do traballador falsificada. Xurxo denuncia os feitos diante da Inspección de Traballo o día 2 de maio de 2008. A empresa o despide o día 20 de maio.

O informe da Inspección de Traballo non dixa dúbidas: a sinatura do traballador foi falsificada, o contrato é un fraude de lei e consideran o seu despido como nulo.

As actuacións xudiciais van camiño do Tribunal Supremo, “R” non atende ó requerimento do sindicato e a Direción Xeral de Caixanova nin escoita nin contesta ás peticións da CGT e do Comité de Empresa de Caixanova da provincia de Pontevedra.

A Dirección Xeral de Caixanova está sendo directamente responsable desta canallada.

Non queremos amargarlle o seu disfrute cultural. Queremos informalle desta outra cara escura de Caixanova e reclamar a súa solidaridade facendolle chegar á Dirección de Caixanova a súa queixa e repulsa por esta actuación e para impedir esta tremenda inxustiza.

Pola nosa parte, imos continuar ata conseguilo.

XURXO READMISIÓN.

Concentraciones contra el despido del compañero Xurxo

CGT convoca a todos sus afiliados y simpatizantes a participar en las concentraciones por la readmisión del compañero Xurxo que tendrán lugar los próximos días:

  • 16 de enero a las 19:30 h.
  • 17 de enero a las 19:30 h.
  • 24 de enero a las 19:30 h.
  • 25 de enero a las 19:30 h.
  • a las puertas del Teatro-Sala de Conciertos Sede Cultural de Caixanova en Vigo (C/Policarpo Sanz,13)

    http://www.cgtgalicia.org/
     
    Más información:


    Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
    Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
    Microdonación de 2 euros
    Donación de importe libre


    Comentarios (0)
    La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

    Más información en Kaos en la Red
    Galiza Laboral / Economía

    Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)