Buscar  
Ocupan a sede da Autoridade Portuaria
Catro dos despedidos de Termavi pechan-se na cabina dun guindastre de Guixar.
CIG | 18-12-2009 a las 0:22 | 1195 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/ocupan-sede-da-autoridade-portuaria
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
trabalhadores em protesto contra os despedimentos

Outros dous despedidos pecháronse na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria.O terceiro dia de  greve en Termavi comezou coa nova de que catro dos traballadores despedidos comezaran unha  greve de fame subidos a un dos guindastres de Termavi en Guixar, no porto de Vigo, a unha altura de corenta e cinco metros. Ademais desta acción, nesta xornada ocupouse a sede da Autoridade Portuaria de Vigo, xunto á Praza da Estrela, o­nde entraron vinte e cinco persoas ás dez e media da mañá. A mediodia outros dous despedidos pechábanse na Sala da Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.

"Por sorpresa subiron catro despedidos, dous a cada guindastre e pecháronse nas cabinas, iso foi o que me contaron ao chegar ás instalacións", comentaba diante dos medios Alejandro Rodríguez, presidente do Comité de Empresa de Termavi.

Erros das autoridades

"As autoridades cometeron moitos erros: decretar uns servizos mínimos abusivos, permitir que non haxa liberdade sindical, permiten que se nos impida manifestarnos diante da nosa empresa, e iso está a xerar un clima de indefensión, desesperación e ansiedade para os traballadores en greve, e máis para os despedidos", xustificaba asi o presidente do Comité a actuación dos despedidos en Guixar.

Ocupación da Autoridade Portuaria

Mais nesta terceira xornada de  greve as accións non pararon aí, senón que continuaron, dando maior visibilidade a este conflito, que tanto desde a Autoridade Portuaria como desde a dirección da propia Termavi tentan minimizar.

Asi, ás dez e media da mañá un primeiro grupo de persoas entraba na Autoridade Portuaria de Vigo, o­nde se xuntaron boa parte dos traballadores en  greve e os outros cinco despedidos.

As razóns desta acción

"Imos ir visibilizando a nosa loita en cada espazo que está implicado no noso conflito, e por iso ocupamos a sede da Autoridadde Portuaria, porque é a entidade que aconsellou os servizos mínimos finalmente fixados, porque non nos deixa manifestarnos fronte a nosa empresa, e porque non está a mediar coa nosa empresa, e estamos aqui para que saiban que estamos descontentos coa súa xestión", explicaba Rodríguez.

Informaron tamén do paro dun barco de MSC, e da incidencia importante da folga no porto de Guixar.

Peche na Sala de Xuntas

Dous dos despedidos, en solidariedade cos compañeiros en Guixar, e pola loita na resolución do conflito e a súa readmisión, pecháronse na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.

Os traballadores pechados acordaron poñer fin a esta ocupación ao redor das oito da tarde, xa que o obxectivo de visibilización da súa loita está conseguido nesta xornada e precisan descansar para o seguinte dia de greve, despois de dez horas de peche na sede da Autoridade Portuaria en Vigo.

O venres continuarán as mobilizacións e accións no que será o cuarto dia de  greve nos servizos portuarios de Termavi.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/17-12-2009/ocupan-a-sede-da-autoridade-portuaria-mentres-catro-dos-despedidos-de-termavi-se-pe
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Solidariedade cos 9 portuarios despedidos!!

CdaGZ | Os comunistas do PCPE chamamos solidariedade cos 4 traballadores portuarios de carga e descarga despedidos que levan xa máis de 20 horas en folga de fame pechados 45 metros de altura.
[18-12-2009] | 1441 lecturas

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)