Buscar  
"O FINIKITO" acosa à CNT
Xa vai para catro meses desde que a CNT comezara a exixir a readmisión das duas compañeiras despedidas da cafetaría “O Finikito”.
CNT Compostela | Para Kaos en la Red | 20-7-2008 a las 20:22 | 1752 lecturas | 3 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/o-finikito-acosa-a-cnt
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Semana a semana, as viciñ@s das Fontiñas, as traballador@s de Area central, teñen sido testemuñas das nosas sistemáticas concentracións perante as portas deste establecemento e deste centro comercial en aras de acadar xustiza para as despedidas. Mais, se o único que guiara as nosas accións fora o simple feito de acadar a readmisión das nosas compañeiras, a nosa loita sen dúbida teria menos forza. É a vosa solidaridade co boicote o que nos alenta e fai posíbel esta loita. Porque cada día somos máis as traballadoras concienciadas de que as cousas teñen que mudar. Estas duas mulleres despedidas por opor-se á explotación laboral, só son unhas de tantas das que estan a loitar neste momento contra situacións semellantes.

A CNT é consciente de que a empresa “O Finikito”, non é a única que mes a mes e ano a ano, vulnera os direitos das suas traballadoras. As mulleres e os homes da CNT non tragan con todo para conservar o seu posto de traballo, como igualmente actuades a maioria das persoas que conformades a clase traballadora. E por iso, sabedes tan perfeitamente coma nós que a loita ten un prezo. Por iso o conto que agora os imos relatar non vos é extrano, nen alleo. E por iso, agora é máis necesária que nunca a vosa solidariedade activa: praticando o boicote á devandita empresa que leva por título o enxeñoso nome de “O Finikito”. Agora máis que en Marzo e menos que mañán a Readmisión é necesaria. Que o señorito Eduardo aprenda a lección de que as suas práticas mafiosas de nada lle han servir frente a unión das traballadoras.

E vos preguntaredes porqué tildamos de mafiosas as suas suxas manobras?. Pois ben xa vai para duas semanas que sucedeu o que agora imos relatar. Atopaban-se Rita e Carmen, as nosas despedidas, traballando para gañar o pan, cando non se sabe como o Señorito Eduardo o xefazo do Finikito, apresentou-se no novo centro de traballo das compañeiras, e co garbo que o caracteriza aposentou na barra as suas “azas de xigante”. Discretamente e con elegáncia saudou a berros as suas ex-traballadoras, e exixiu falar co xefe do local, quen nese momento departia con dous clientes. Cando por fin Eduardo veu concentrados nel todo os cenitais, comezou relatar atropeladamente todas cantas iniquidades se lle pasaron polo maxín acerca das suas ex-asalariadas ao novo xefe. Sendo o resumo da sua pobre argumentación que Rita e Carmen son duas perigosas terroristas laborais. Foi a sua exposición tan ordeada, áxil e lúcida que o novo xefe non se enteirou de práticamente nada e dicir que non tiña moi claro os motivos de tan amábel visita. Pasados os momentos de estupor e tensión, o novo xefe quiso falar coas suas novas empregadas, para ver de poñer algo de orde en tan estrafalário relato e averiguar porqué aquel infantil homiño interrumpira coa sua tolémia a paz do local. As nosas compañeiras explicaron a sua situación na anterior empresa, que o Señor Eduardo considera xusto e necesário non cumprir o convénio, non asegurar as traballadoras, e non pagar o importe exacto que el mesmo consigna nas nóminas, vamos: facer sempre o que lle ven en gana. Aínda que sorprendido, dixo que a el os contos de Eduardo tanto lle tiñan, que namentres as nosas afiliadas traballaran correctamente e ese homiño non voltara todo os dias a molestar, por el morria o conto. Total que o Señor Eduardo saiu-lle o tiro pola culata e teña coidado non lle estoupe na man, pois é máis torpe do que pensa con todo ser tan licenciado.

Parece pois que Eduardo tras anos de tantear co lado escuro da forza decidiu-se dar un baño de corpo inteiro. Enchido de razón buscou a solidaridade empresarial para dar renda solta a sua carraxe de pensar que as suas empregadas son lixo sen direito á reciclaxe. Ve-se que Eduardo non é nada ecoloxista. Desde logo que a CNT tais feitos non lle collen de sorpresa que para algo leva aniños de loita e cousas máis terríbeis ten soportado. Despois de todo Eduardo xa amenazara con facer isto ás nosas compañeiras, mais só que do dito o feito, como sabedes, existe unha liña que non se debe cruzar.

Os actos de Eduardo son hoxe máis escuros e fedorentos que o­nte, imos-lle permitir que siga a actuar con semellante indignidade e descaro? A CNT dende logo nen de broma. Unha vez máis e con renovada forza pedimos-vos a vosa solidaridade, por dignidade operária non consumades no Finikito. Moitas grazas pola vosa atención. Saúde compañeir@s.

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (3)

#1

Celestesempre|21-07-2008 20:26

A CNT coa clase obreira loitando contra o terrorismo patronal, coma sempre, un exemplo de solidaridade por parte dos traballadorxs da CNT.
Saúde e anarquía!

Valoración: 5    |  Avisar provocación

#2.- Tradución?

anonimo|21-07-2008 23:31

Cuesta trabajo leerlo, pues está en gallego, ¿no hay por ahi una tradución del texto?

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#3.- Al 2#

Celestesempre|21-07-2008 23:41

http://opentrad.imaxin.com/  es un traductor galego- español.

Salud!

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Estado Español Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)