A marcha de dous dias entre as cidades de Ponte Vedra e Compostela concluiu hoje com umha concentraçom de mais de dous milhares de pessoas participantes na caminhada, rodeada de polícias de choque que finalmente, ao contrário que em dias passados, nom intervinhérom.
Representantes dos três principais sindicatos tomárom a palavra, com apupos para o porta-voz da UGT, que nom só evitou aderir à marcha convocada em solitário pola CIG, como se incorporou a ela no último quilómetro para tomar a palavra graças à permissividade dos restantes oradores. Menos permissivos fôrom os trabalhadores e trabalhadoras concentradas, que assobiárom a sua intervençom. Contodo, ainda sendo maioritária a presença da central nacionalista e de classe, também havia trabalhadores com distintivos das centrais espanholas.
O orador mais aplaudido foi o representante da CIG, Antolín Alcántara, que denunciou a intransigência patronal e o sustento que está a receber por parte das entidades empresariais espanholas para evitarem umha vitória obreira que sirva de exemplo a outros sectores do mundo do trabalho galego ou inclusive espanhol.
A marcha obreira nom só encontrou o desprezo patronal e a ameaça policial à sua chegada a Compostela, mas também a ausência de representantes do executivo autonómico galego. Nem a conselheira do Trabalho, Beatriz Mato, nem nengum outro representante do governo recebeu a coluna operária à sua chegada a Compostela, o que foi denunciado polos oradores sindicais ao pé da sede autonómica de Sam Caetano. Sim saírom nas fotos finais alguns dirigentes do BNG, depois de que o seu máximo representante em Vigo, Santiago Domínguez, condenasse uns dias atrás a "violência vandálica" dos trabalhadores do metal.
Em definitivo, depois da marcha com que começou a luita nesta semana, continua a convocatória de greve indefinida para os próximos dias, até que se produza umha cessom por parte dos patrons, que estám a enfrentar dificuldades no cumprimento dos compromissos adquiridos em projectos concretos, o que os aboca ao pagamento de fortes sançons. 
Quanto à jornada de luita de hoje, iniciada em Padrom e concluída em Compostela, findou com umha assembleia e um jantar de confraternizaçom na capital galega antes de voltar, amanhá, à luita no sul da Galiza. 
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |








#1
30-06-2009 22:01
AURRERA BORROKA PROLETARIOA!
AURRERA KOMUNISMOA!
Valoración: 6
| Avisar provocación
#2
01-07-2009 14:43
OS TRABALLADORES DO METAL A TODA A CIDADANÍA
 
 
Queremos transmitirvos a nosa verdade por medio deste escrito xa que os acontecementos diarios son constantemente deformados.
 
Antes de nada pedir desculpas polos trastornos que causamos nas nosas manifestacións, e sobre todo cando son disoltas de xeito brutal pola policía recaendo tamén nos cidadáns os golpes e pelotazos. Incluso os danos materiais nos negocios que por darnos acollida  aos manifestantes, as súas cristaleiras son abatidas a bocaxarro en diferentes lugares da cidade.
 
Os 23.000 traballadores do Sector do Metal na Provincia, soldadores, mecánicos, chapistas, caldereiros, electricistas, torneiros, fresadores, pintores, fontaneiros, etc, somos os Pais dos mozos e mozas que andan polas rúas da cidade, somos os irmáns, primos, fillos e fillas, os amigos e amigas que coñecedes, os amigos dos vosos fillos e das vosas fillas, somos como a inmensa maioría, traballadores que cobramos sobre Mil euros en oito horas e como non chega para pagar os gastos da casa e todo o demáis, moitos de nós traballan once horas ao día, e por esta razón, cando chegamos aos cincuenta anos temos diferentes lesións incurables.
 
Valoración: 15
| Avisar provocación
#3
01-07-2009 14:47
Todos os anos vemos falecer algún compañeiro en accidente laboral, mentres os nosos Patróns non renuncian aos seus chaléts con piscinas nin aos seus barcos nin as grandes comidas nos mellores restaurantes.  Eles nunca acaban probes. Moitos empresarios non cumplen a Lei que é o noso Convenio, e traen traballadores de fora pagándolles a metade do salario, porque nós debemos resultarlles caro. Esta é a verdade do Metal.
 
Pedimos 0,50 euros de incremento por hora traballada, pero eles xa subiron mais de 3 euros na mesma hora aos seus clientes. Falan de crise e aproveitan para despedir de maneira barata, mentres reciben millóns de axuda pública, do diñeiro que nós pagamos como impostos. Din que xa perderon máis de 200 millóns de euros con esta Folga, pois con este diñeiro pagarían 15 anos do incremento salarial que pedimos. Din que resultamos caros con esta crise, pero os nosos salarios son moito mais baixos e temos mais contratos precarios que en Cataluña, Madrid, Francia, Alemania, Bélxica etc., acaso nestes lugares non lles afecta a crise.
 
Valoración: 15
| Avisar provocación
#4
01-07-2009 14:48
Pensa quen son os Agresores e quen os Agredidos, o noso Convenio axuda a mellorar o resto dos Convenios, por esta razón toda a Patronal quere vencernos, someternos e voltar a ter ao 70 % de traballadores eventuais, despedir libremente, contratar ETTs, non pagar as horas extras obrigadas, non dar os días de descanso, e quedarse cunha parte maior dos nosos salarios.
 
A nosa loita é por dignidade e ti sabes do que falamos.
 
 
GRACIAS
Valoración: 15
| Avisar provocación
#5.- SOLIDARIEDADE MATERIAL CÓ METAL
01-07-2009 14:53
por favor que alguén informe se hai algunha
conta corrente dende a que apoiar económicamente aos folguistas e as súas familias.
HAI MOITA XENTE INTERESADA EN SABELO. GRAZAS.
Valoración: 13
| Avisar provocación
#6
Comunero madrileño|02-07-2009 14:42
¡Adelante la lucha de lxs trabajadores/as galegos/as del metal!
¡La crisis que la paguen los capitalistas!
¡Es la hora de la izquierda de los pueblos!
¡Abajo la monarquía y la Constitución del 78!
¡La ruptura democrática está aún pendiente!
Valoración: 0
| Avisar provocación