A súa morte foi a expresión máis crúa da represión sobre esta organización política que naqueles día padeceu innúmeras detencións, encadeamento, tortura e exilio de gran parte dos seus e das súas militantes.
Franco morría tres meses despois e a ditadura daba paso a un acordo entre os seus herdeiros cunha oposición posibilista que, sen respectar as reivindicacións populares, puña en marcha a Transición cara unha democracia condicionada que obviou a necesaria ruptura e homolo-gación con outros países europeos da nosa contorna. Unha Constitución de compromiso foi a peza angular desta operación que se alongou nun pacto tácito para agachar o xenocidio que seguiu ao golpe de estado militar contra a República mailos asasinatos selectivos posteriores de persoas que defenderon a liberdade do seu pobo. Moncho Reboiras foi unha delas.
Tiveron que pasar máis de trinta anos para que, cun goberno do PSOE, se promulgase a Lei 52/2007, coñecida como Lei da Memoria Histórica. Coa súa aplicación agromaba a posibilidade de confrontar na práctica o tal pacto de silencio e de desenvolver un proceso de reparación moral das e dos que foron perseguidos e masacrados no transcurso da loita pola democracia. Porén, unha calculada desidia institucional e as propias eivas da Lei, levábana a esmorecer de non ser por un forte movemento asociativo a prol da Memoria Histórica que alicerzou a súa aplicación.
Comisión 35 aniversario:
No pasado ano 2009, o Ministerio de Xustiza recoñeceu oficialmente a Moncho Reboiras como vítima da ditadura e que sufriu persecución e violencia ate lle daren morte e outorgoulle un recoñecemento persoal que supón a súa rehabilitación institucional.
Amigos, familiares e compañeiros, desde unha opción non partidaria e non excluínte, decidimos constituír a Comisión Moncho Reboiras 35 aniversario, para levar adiante os actos da HOMENAXE POPULAR que se celebrará o próximo 12 de Agosto en Imo, que incluirá a colocación dunha placa homenaxe do escultor Acisclo Manzano na súa tumba, e distintas mostras de solidariedade baixo o lema "Moncho patrimonio de todos os galegos e galegas de ben".
Informaçom sobre o assunto publicada por Vieiros
"Moncho Reboiras, patrimonio de todos os galegos e galegas de ben"
Unha comisión "non partidaria e non excluinte" prepara unha homenaxe popular que se celebrará en Imo (Dodro) o vindeiro mes de agosto.
A comisión, que se presenta como "non partidaria e non excluínte", elaborou un manifesto que conclúe asegurando o seguinte: "Coa súa rehabilitación institucional, Moncho Reboiras xa é patrimonio de todos os galegos e galegas de ben. En Galiza cumprirase a vontade dos mártires, deixounos dito Castelao e as súas verbas reflíctense arestora no legado de Moncho Reboiras por unha Galiza de seu, democrática e popular. Que a súa lembranza pule cada día desta arela en nós."
O vindeiro xoves (Galería Sargadelos de Vigo, ás 12.30 horas) vaise presentar a campaña nunha conferencia de prensa na que intervirán Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Muñíz, Camilo Nogueira, Xosé María Brañas, Xosé González Martínez e Manuel Reboiras. Esa mesma xornada, ás 20 horas, na Biblioteca Pública Central de Vigo celebrarase tamén un acto de adhesión ao 'Manifesto 35 aniversario'.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
#1.- sempre
lenine|14-05-2010 20:23
que aquel desejo nom morra com esta  homenagem,...
reclamamos a libertade para o nosso povo...na espiral coleitiva do trajecto a per-correr estám aínda os nossos sonos alviscando um porvir livre...
aínda que se queira matar de novo já é patrimonio de tod@s...
livres voando...
Valoración: 4
| Avisar provocación