Buscar  
Manifestación por Palestina. Paremos o xenocidio. Solidariedade con Palestina
Manifestación por Palestina. Paremos o xenocidio. Solidariedade con Palestina
CGT de Pontevedra | 8-1-2009 a las 21:53 | 1120 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/manifestacion-palestina-paremos-xenocidio-solidariedade-palestina
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

A CGT de Pontevedra convocou a tódolos sindicatos, asociacións e entidades do movemento social a unha xuntanza co obxectivo de facer unha convocatoria unitaria de manifestación en Pontevedra por Palestina.

A xuntanza tivo lugar o día 7 xaneiro no salón de actos do edificio sindical, asistindo todos os sindicatos (CCOO, CIG, CNT e UGT, ademais da convocante CGT) e as asociacións Amarante, Asociación Marroquí de Pontevedra, Asociación Multicultural Sinfronteras de Pontevedra, Asociación pola defensa da ría (APDR), Briga, Federación de veciños Teucro, Redes Escarlata e Verbo Xido de Terra de Montes.

Na xuntanza acordouse celebrar a manifestación -xa comunicada legal e previamente pola CGT- este sábado, día 10 de xaneiro, ás 20:00 horas. Sairá da Praza da Ferrería e rematará diante da Subdelegación do goberno. Tamén se aprobóu facer un chamamento a toda a cidadanía, grupos políticos e entidades sociais para que apoien e participen na manifestación. Reproducimos o manifesto unitario que serve tanto para a convocatoria como para rematar a manifestación.

MANIFESTO UNITARIO

Dende fai tres semanas o estado de Israel está levando a morte e a desolación ó pobo palestino e somete a toda a poboación mundial á humillación de ser testemuña impotente dun xenocidio, friamente executado.

As entidades convocantes desta manifestación denunciamos este xenocidio, consentido polos gobernos máis poderosos da comunidade internacional.

Por tal motivo, decidímonos a:

1.- Amosar o noso horror diante da acción de Israel e a nosa solidariedade coas víctimas.

2.- Recoñecer o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á defensa da súa liberdade e dignidade e a combater a ocupación da súa terra, a devastación do seu país e a apropiación violenta polo estado de Israel dos seus pobos, campos e aldeas.

3.- Parar o xenocidio do pobo palestino e a invasión militar da franxa de Gaza. Apertura inmediata pola comunidade internacional dun corredor para auxiliar á poboación de Gaza e pór fin ó seu illamento.

4.- Esixir ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais) que rematen coa súa pasividade, auxilien de xeito inmediato á poboación palestina, condenen explicitamente este crime contra a humanidade e impoñan a Israel o fin da súa agresión. Particularmente, esiximos ó goberno español que denuncie ante os seus homólogos da Unión Europea o tratado preferencial con Israel, o cese da venda de armas e que reconsideren o tratamento político, económico e diplomático co pobo palestino, en cumprimento da universalidade dos dereitos humanos.

CGT de Pontevedra

http://www.cgtgalicia.org/2009/01/paremos-o-xenocidio-solidariedade-con-palestina/
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Internacional Palestina

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)