Buscar  
Manifestación en Ferrol contra a planta de gas
Convócase unha manifestación en Ferrol para esixir o peche da planta de gas de Reganosa na ría de Ferrol
Manuel de sospontedeume.com | Para Kaos en la Red | 4-6-2008 a las 19:09 | 1528 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/manifestacion-ferrol-contra-planta-gas-2
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Planta de gas fóra da ría! O vindeiro domingo día 8 celebrarase no Ferrol unha manifestación convocada polo Comité de Emerxencia contra a planta de gas. Tamén o­nte unha delegación deste comité pechouse no Concello de Ferrol para demandar da alcaldía unha toma de posición clara contra a instalación de Reganosa na ría.
O movemento Galiza Non Se Vende apoia esta manifestación e chama a participar nela para exixir o peche da instalación que entraña unha das máis grandes ameazas sobre milleiros de persoas que habitan no entorno da ría ferrolá.

Comunicado de apoio de Galiza Non Se Vende á manifestación o día 8 de xuño en Ferrol 

A Rede GNSV expresa o seu apoio á manifestación convocada para o 8 de xuño polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol e outros colectivos, para denunciar unha vez máis a ameaza que constitúe a presencia planta de REGANOSA para a seguridade das miles de persoas que viven na Ría, o incumprimento da lexislación vixente que supón o seu funcionamento, coa imposibilidade engadida de chegar a cumprimentar os condicionados esixibles para a súa legalización.
A degradación da riqueza natural que xera e os prexuízos que isto provoca na economía global da comarca, destruíndo postos de traballo do sector marisqueiro e obstruíndo a posibilidade dunha economía propia e sostible.
Esiximos que se cancele o recente proxecto de voar a canle de entrada á Ría pola destrución irremediable que iso produciría nos seus fondos mariños protexidos na rede Natura, nos bancos marisqueiros e no patrimonio histórico da comarca.
Demandamos tamén que non se autoricen as solicitudes de REGANOSA para aumentar a capacidade de regasificación da planta e se prohiba a circulación de camións cisterna con carga de GNL que incrementarían notoriamente o perigo para a poboación.
RGZNSV denuncia que o proceso de instalación da regasificadora na Ría ten revelado unha realidade política ben pouco saudable e un funcionamento opaco da administración, que en todo momento antepuxo e segue a antepoñer intereses probadamente especulativos ás demandas da cidadanía, por riba incluso do cumprimento das leis.
Apoiamos tamén, unanimemente e sen fisuras, a loita contra ese Plano Acuícola inxusto e destrutor do noso litoral, así como todas as loitas que defenden a riqueza natural, patrimonial e irrenunciable deste país que non está a venda. Desde Teis ó Courel e desde A Garda a Ribadeo.
Moitas son as frontes e moitos os problemas. Mais debemos no futuro coordinar os nosos esforzos na búsqueda dese fin común, moi por riba de calquera outra consideración.

Terra viva e digna pra tod@s

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Domingo 16: Concentración contra a entrada do Gaseiro nº 50 á regasificadora de Reganosa

CCE da Ria de Ferrol | Concentración diante do Edificio da Xunta de Galiza, praza Amada Garcia, Ferrol.
[15-8-2009] | 1555 lecturas

Vídeo do Roteiro contra Reganosa em Ferrol

UL | Vídeo realizado por GNUL, sobre o Roteiro contra Reganosa convocado pola Rede Galiza Non Se Vende en Ferrol, o 5 de xuño de 2009.
[14-6-2009] | 1042 lecturas

Centos de persoas claman en Ferrol contra a planta de gas

GNSV | Convocada pola rede Galiza Non Se Vende e polo Comité de Emerxencia desenvolveuse en Ferrol unha manifestación que tivo como principal proclama a oposición á planta de gas de Reganosa.
[6-6-2009] | 1498 lecturas

Xornada aberta de formación cidadá en Ferrol: O que cumpre saber sobre Reganosa

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | Trátase dun acto de formación e convivencia, aberto a asistencia e participación, co fin de coñecer e actualizar aspectos fundamentais en torno a amenaza da Planta de Gas no interior da nosa Ría.
[20-5-2009] | 1602 lecturas

Continuam a entrar ilegalmente gaseiros na ria de Ferrol em direcçom à central regasificadora

Kaos. Galiza | O Comité Cidadao de Emergência da Ria de Ferrol denuniou umha nova entrada irregular de um gaseiro em direcçom a Reganosa, que excede a capacidade permitida pola própria autoridade portuária.
[7-5-2009] | 1587 lecturas

A Administración manterá con 60 millóns de euros anuais a regasificadora de Reganosa na ria de Ferrol

Vieiros | O Comité Cidadán de Emerxencia ratificou a súa denuncia perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e presentou a documentación da que dispón.
[14-3-2009] | 1513 lecturas

Tremor de terra em Mugardos pom em evidência riscos da regasificadora de Reganosa

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | O pasado xoves 27, ás 19 horas producíuse un tremor sísmico de intensidade 2,6 na escala Richter, orixinado a 16 quilómetros abaixo das augas e cuxo epicentro se situou na mesma boca de Ría de Ferrol.
[1-3-2009] | 1750 lecturas

A ría é nosa e non de Reganosa

manuel domínguez | Para Kaos en la RedLos mariscadores y el Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol intentarán nuevamente impedir el acceso a la planta de gas, ubicada en las cercanías de la localidad de Mugardos.
[29-5-2007] | 1918 lecturas | 6 comentarios

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Ecología Estado Español

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)