Buscar  
Mais solidariedade com Laura Bugalho
Mais iniciativas e posicionamentos de solidariedade com Laura Bugalho, represaliada por ajudar trabalhadoras e trabalhadores imigrantes.
Kaos. Galiza | 31-5-2009 a las 0:51 | 2533 lecturas | 2 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/mais-solidariedade-com-laura-bugalho
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Mobilizaçons em simultáneo no domingo 31 de Maio
 
A CORUNHA, 20'30, DELEGAÇOM DO GOVERNO
"Defender às pessoas migrantes nom é delicto, liberdade sem cárregos para Laura Bugalho"
http://maribolheras.blog.com/

ZARAGOZA, 20'00, PLAZA DE ESPAÑA
"Defender a las personas migrantes no es un delito, librtad sin cargos de Laura Bugallo"
http://stonewall-aragon.blogspot.com/


MADRID, 20'00, HERNÁN CORTÉS Nº9 (METRO CHUECA)
"Contra la criminalización de apoyo a migrantes, libertad sin cargos para Laura Bugalho"
http://www.aceradelfrente.blogspot.com/ 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte comunicado en relación coa detención da    nosa compañeira Laura Bugallo  (responsable da Oficina de Inmigración da CIG en Santiago):

1.- Amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar a nosa plena seguridade de que os posibles delictos que se lle imputen non teñen nada que ver co aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura, ten axudado moito a moitas persoas inmigrantes e sabémolo ben todos os integrantes deste Foro.

2.- Manifestar que a propia lexislación de estranxeiría obriga, para poder axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade, a que as persoas e entidades que traballamos con este colectivo teñamos tamén ás veces que realizar pequenas irregularidades formais. Forma parte case do noso traballo e non pode ser que estas actuacións (facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo) se convirtan en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades.

3.-    Son actuacións estas que van da liña, que temos denunciado xa neste Foro, de criminalización da poboación inmigrante, transladando a persecución ás persoas e entidades que traballamos con ese colectivo. Axudas a Inmigrantes é fundamentalmente o delicto que se lle imputa a nosa compañeira Laura Bugallo, encuberto na forma de “falsificación documental ou axuda á inmigración irregular”. Ademáis sorprende que a nosa compañeira tivera que pasar detida case 48 horas na comisaria antes de pasar a disposición xudicial esta mesma mañá . Insistimos para rematar:    NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO.

Para máis información  con Miguel Fernández ou Rocio Rodríguez (Casa Latinoamericana)  Email:  foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación de Peruanos en Galicia. 
 
 

Iniciativa Internacionalista
 
  A detención da traballadora da CIG por axudar a traballadores imigrantes pon ao descuberto a verdadeira cara da política do Goberno de ZP  que mentras fala de defender aos traballadores e traballadoras, admite a represión contra aqueles que só se plantexan a defensa dos dereitos dos sectores más explotados e indefensos da clase traballadora, os inmigrantes.

Son estes traballadores e traballadoras os que pola súa indefensión máis sufren os ataques da patronal, rebaixando a xornada laboral, os salarios, coa intención manifesta de buscar a división da clase traballadora, que a debilite fronte ás políticas pro patronais.

A política do goberno español vai en liña coa defendida por Sarkozy e o conxunto da Unión Europea, con Berlusconi á cabeza. Unha liña de maior represión, non só contra os propios traballadores e traballadoras imigrantes, senón tamén contra todos aqueles que solidariamente axudan a conseguir os papeis que lles permitan traballar e vivir aquí.

Son leis como a de estranxería, que está sufrindo sucesivos recortes, ás que pon na obriga de facer todo o necesario para conseguir o que é de xustiza: os papeis para todos e todas.

A candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, solidarízase coa traballadora e esixe o sobreseimento da causa que, aínda estando en liberdade, mantense contra ela, alén da derogación de represiva Lei de Estranxería, e chamamos a todas as organizacións sindicais, sociais e democráticas, a expresar a súa solidariedade.

NÓS-Unidade Popular

Aderimos igualmente à concentraçom de hoje, às 20h30, na praça do Toural, em solidariedade com Laura e para reclamar a sua liberdade, porque defender as e os imigrantes sem papéis, nom é nengum delito.

Liberdade para Laura Bugalho já!


 

A Marcha Mundial das Mulleres considera à activista Laura Bugalho umha represaliada de conciencia
 
O pasado martes era detida, tras irrumpir no seu lugar de trabalho e na súa casa, a activista feminista, sindicalista e defensora dos dereitos das persoas transexuais, Laura Bugallo. Era acusada supostamente, de falsedade documental, en relación á actividade que desenvolve dentro da Confederación Intersindical Galega, en defensa dos dereitos das persoas imigrantes.

Nom é a primeira vez que activistas con vinculación coa imigración, teñen represalias xudiciais ou policiais, favorecidas por unha lei que trata como delincuentes a quen exerce un dereito humano fundamental como é a libre circulación das persoas. Esta lei que trata a imigración como delito, o mesmo traba en sindicatos, asociacións de imigrantes ou ONG, facendo dunha actividade de solidariedade humana fundamental, unha actividade de alto risco que pode acarrear multas, detencións e mesmo cárcere.

A Marcha Mundial das Mulleres considera que Laura Bugallo, independentemente das acusacións xudicias, e dos feitos que se lle puideran imputar en relación coa sua actividade na CIG-Imigración, é unha represaliada de conciencia, pois ela, como o resto de feministas que apoiamos e participamos nesta rede internacional consideramos que:

"Todos os seres humanos, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, deben ser considerados como cidadáns e cidadás de pleno dereito, gozando de dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civis, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de unha maneira igualitaria e equitativa realmente democrática."

Desta maneira está recollido no documento "Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade" aprobado en Ruanda por mulleres representantes de 150 países e inspirador da loita contra a violencia e a pobreza que se desenvolve en todo o planeta. Este parágrafo inspirado no valor da Xustiza, guia a actividade da compañeira Laura e de miles de activistas polos Dereitos Humanos, tamén das persoas imigrantes, en todo mundo.

É por isto que consideraremos proprio dun réxime autoritario e incumplidor da Declaración dos Dereitos Humanos, calquera sanción que se impoña á activista Laura Bugallo, recibindo a nosa máis enerxica condena, que trasladaremos ao ámbito internacional, alentando á sociedade galega a oporse xunto con nós a estas políticas que alentan o aumento da xenofobia en Europa.

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres 

 
http://iniciativainternacionalistagaliza.blogspot.com/
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Concentración: Libertad sin cargos de Laura Bugalho! Defender a las personas migrantes no es delito!

Varios firmantes | Para Kaos en la RedZaragoza: Domingo 31 de mayo, 20:00 horas en Pza. España.
[29-5-2009] | 1646 lecturas | 1 comentario

Corunha: Concentraçom em solidariedade com Laura Bugalho e as pessoas migrantes

Maribolheras Precárias | Domingo 31 de Maio às 12h30 diante da Delegaçom do Governo espanhol na Corunha.
[29-5-2009] | 952 lecturas | 4 comentarios

Concentraçom solidária com a sindicalista galega "acusada" de ajudar imigrantes sem papéis

Kaos. Galiza | A detençom da sindicalista da CIG Laura Bugalho, no seu posto de trabalho em Compostela, parece dever-se ao seu trabalho em apoio à populaçom imigrante. A activista ficou livre nesta mesma manhá.
[28-5-2009] | 1746 lecturas | 4 comentarios

Concentración o 27 ás 20.30 no Toural pola liberdade de Laura Bugallo: defender inmigrantes non é delito!

MpB | Informamos da convocatoria dunha concentración este mércores 27 de maio na Praza do Toural ás 20.30 para reclamar a liberdade da nosa compañeira Laura Bugallo...
[27-5-2009] | 1389 lecturas | 3 comentarios

Comentarios (2)

#1.- Onde estamos a vivir?

Fernán Xosé Mourenza Fernández|31-05-2009 22:25

Estamos no século XXI e semella que arestora, determinado xeito de conflitos, xa deberan estar superados. Paero o medo, froito de tanto complexo e, xa que logo, miseria, promove actitudes coma esta. Cando alguén actúa movido pola necesidade de mudar cousas nun mundo globalizado e que sempre carga contra os humildes e desfavorecidos, a xustiza e os seus poderes ad lateres, non fai senon ouvidos xordos.
Tal vez arestora, sexa momento para nos preguntar quen carallo nos defende de quen nos ataca -a nós ou a quen sexa, ou, ás nosas liberdades e dereitos que, ven sendo o mesmo- con actuacións coma esta que o único que reflicten é ese noxento actuar con tintes xenófobos e que están apoiados -desde a sombra- por quen tan só desexan que sigan a existir esas dúas realidades sociais de acomodados e excluídos. Iso, a teor, malia todos os principios, lexislación, institucións, etc, etc que defenden a dignidade humana.
As persoas emigrantes -o mesmo que o foi e pode voltar a selo, o noso pobo- tamén son seres humanos con dereitos e a compañeira Laura Bugalho, na tentativa de facer a súa defensa diante da realidade que para nada semella connivente nesta caus, non merece a situación pola que está a pasar. Hai outras cuestións de meirande relevancia a resolver se a Admón. de Xustiza asi o desexa que a súa detención.
Desde Lugo, a título particular, vaia o meu apoio para esixir de imediato a súa posta en liberdade e na busca dun mínimo de sentido común e de xustiza social.
LIBERDADE PARA LAUR XÁ!

Valoración: 0    |  Avisar provocación

#2.- ¡LIBERTAD!

Al|02-06-2009 13:52

Animo Laura,apoyos besos y abrazos a ti y los tuyos, no podran tapar nuestras vocas, somos demasiados,si reprimen responderemos y si responden, respon deremos,pq nuestro compromiso con la Libertad va mas haya de nuestra propia vida y "es a su pesar eterno".Con dinero no podran comprar las conciencias,los sufrimientos,los encarcelados ,las luchas,al fin no podran comprar nada pq un trozo de papel no tiene ningun valor, el valor y la utilidad  lo dan  la palabra escrita, y escribir:"1o$ por la gracia de dios" en un papel solo nos serviria para encender fuego.
Fuego para el capital y sus mercenarios .se quemaran en su propio infierno, pero no nos dejaremos arrastrar por ellos a esa pira.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Inmigración

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)