Se primeiro foi NÓS-Unidade Popular quem reclamou um "repúdio às provocaçons do espanholismo nas ruas do nosso país", posteriormente BRIGA conseguiu introduzir vários militantes num acto do colectivo em Compostela, apesar da enorme pressom policial, e protestar pola campanha antigalega de "Galicia Bilingüe".
Por outra parte, o chamado "movimento ridiculista" anunciou também que receberá nas ruas da capital galega a visita dos favoráveis à definitiva imposiçom do espanhol na vida social galega, provavelmente com paródias como já tenhem feito noutras ocasions.
Agora foi a Assembleia da Mocidade pola Lingua que aderiu à jornada de luita contra os inimigos do galego no dia 8 de Fevereiro. Sob a legenda "Contra o extermínio da nossa língua", anunciam que vam manifestar-se no dia 8, às 12 do meio dia, na Alameda de Compostela, com umha ruidosa presença que enxote do lugar os hegemonistas pró-espanhol.
Segundo afirmam: "A perda de falantes entre a mocidade é alarmante, e o ensino cumpre um papel desgaleguizador. A legislaçom nesta matéria incumpre-se sistematicamente. Mais de 90% dos meios de comunicaçom, filmes, videojogos, etc. estám em espanhol. As geraçons mais novas som as primeiras da história que nom tenhem como língua maioritária o galego. A nossa língua própria desaparece perante a passividade da administraçom e os ataques dos colectivos espanholistas.
Temos que parar isto".
Dirigentes do PP e de UPyD, com os "bilingüistas"
Dirigentes do PP como a viguesa Corina Porro, bem como Rosa Díez e o seu colectivo UPyD, já figérom público o seu apoio à manifestaçom de "Galicia Bilingüe", que defende o fim de qualquer política de apoio institucional ao galego e a hegemonia completa do espanhol na Galiza.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |








#2.- RESISTENCIA POPULAR GALEGA FRONTE AO ESPANHOLISMO
Xose Lois|31-01-2009 12:30
Tudos juntos,tudas  as organizaçoes politicas soberanistas,e partidos  som necesarios para combatir esta arroutada do espanholismo.Oje mais que nunca temos que ir da mao para facer umha pinha e liberar a Galiza das garras do Espanholismo mais recalcitrante.Pelo futuro da lingua Galega.Pela identidade da nossa lingua que fai identificarnos como Galegos.Fora o fascismo  das nossas aulas.GALIZA LIVRE DE PEAGEMS LINGUISTICOS  DO ESTADO ESPANHOL.FORA AS FORZAS REACCIONARIAS DA GALIZA.  PP y UPyD ao serviço do falanxismo disfarçado de "democrata". FEIJOO,ROSA DIEZ AXENTES DO RANZIO ESTADO OPRESSOR ESPANHOL. FORA DE GALIZA.       
Valoración: 1
| Avisar provocación
#4.- manipulaçom
31-01-2009 14:46
Valoración: 0
| Avisar provocación
#7.- Cantos máis...
GZlivre!|01-02-2009 06:44
Valoración: 0
| Avisar provocación
#8.- Cantos máis...
GZlivre!|01-02-2009 07:07
...millor.
E canto máis unidos todos máis fortes seremos.
Para o 5: "Directamente" non, claro. Pois entón correría o risco de ter que ser ilegalizada. Pero non te nos fágalo despistado que hai cousas que non entende soio o que non quere.Valoración: 1
| Avisar provocación
#9.- España bilingüe!
No a la imposición del Español|01-02-2009 07:26
Exijámosle a Madrid nuestro derecho a hablar en Chino mandarín! Somos muchos los que lo hablamos, y pagamos a la Seguridad Social religiosamente con el sudor de nuestra frente. Para que por encima en nuestro poco tiempo libre nos exijan aprender el Español, ese idioma no milenario que apenas tiene unas centenas de años. Yo soy el que pago al alcalde y al presidente, así que si quieren entenderme que se alquilen de su sueldo un traductor o un profesor nativo.
Y a mi niño la dan todas las clases en Español, y le cuesta mucho aprenderlo. Lo que le provoca retraso escolar y no es justo. Porque mi niño se merece la misma libertad que los otros niños. Por favor, piensen en los niños!
Creia que este era un país libre y ahora veo que me imponen esta lengua extraña para mi. Yo soy un trabajador honrado, y me siento español como el que más. No necesito hablar su idioma para eso. Yo, que me dejé la garganta celebrando la Eurocopa!!!
Valoración: -3
| Avisar provocación
#10.- CONTRADIÇOM NO Nº 9?
Xose Lois|01-02-2009 11:06
Nom poido entender como revindicar a lingua Galega escribindo na lingua do imperio.¿Nom necesitaras ti alguen que te ensine o galego?Moitas contradiçoes com a linha do artigo¿Celebrar o triumfo da seleçao espanhola?¿Sentirse espanhol como el que mais?Graves contradiçoes para defender a nossa lingua.O que tes que facer ti e falarle em Galego para que o teu filho veja que e os mais natural que escoite no derredor ca jente lhe fala na lingua de uso comun a tudos os Galegos.Grave contradiçom tamben e crer  que estamos num pais livre.¿De que pais falas?¿ De Galiza?Evidentemente nom.Galiza esta submetida pelo Estado Espanhol sem que a sua cidadania poida escolher a economia que mais lhe interesse.Nom lhe estas a facer nengum favor o teu filho si dentro da tua "Cachola" non tes as coisas claras.De tudos jeitos graças pela tua solidaridade com a lingua galega e atè sempre.                 
Valoración: 1
| Avisar provocación
#11.- A Xose Lois
GZlivre!|01-02-2009 18:58
Cicais non conseguín expresa-lo que quería. Mais teño que che dicer que o comentario anterior, o número 9, escribino eu. E teño as cousas ben craras a respecto da liberdade (ou a falla dela) do noso país e tamén acerca da miña identidade coma galego e o idioma polo tanto no que expresa-lo meu sentir. O texto era irónico. Trataba de caricaturizar a fraseoloxía argumental dos "Bilingües" para intentar poñer en releve o absurdo das súas propostas dándolles na súa lingua.
Xa digo que cicais non tiven o tino suficiente para o transmitir correctamente, mais ese  era o meu obxectivo. Pido desculpas polas faltas que estexan no meu haber para provocar esta confusión.
PD: Non teño un neno, senón unha nena. E dos meus beizos non escoita outra cousa que galego. E trato sempre de poñer en valor tanto o noso idioma coma a nosa cultura. Non so falalo, senon darlle valor. De igual a igual con calqueira outra cutura co engadido sentimental por se-la propia. A que nos define como pobo e a que nos permite describi-lo mundo con maior cantidade de matices.
Valoración: 2
| Avisar provocación
#12.- GZlivre OBRIGADINHO PELA RECTIFICAÇOM
Xose Lois|01-02-2009 19:10
A verdade que era um texto dificil de comprender.Teres a minha solidaridade e parabens.Adiante a Lingua Galega meio de identidade e entendimento entre os galegos.GALIZA LIVRE DAS TUTELAS DA LINGUA ESPANHOLA.FORA FASCISTAS DAS AULAS DO ENSINO GALEGO.UHMA APERTA A TUD@S SOLIDARIOS COM O POVO GALEGO.   
Valoración: 1
| Avisar provocación
#14.- SR. HABICHUELA IMPERIALISTA ESPAÑOL!!!
Breogan|02-02-2009 21:27
Ola amig@s,  Un caro amigo, preocupado polos ataques ao galego. Envíame a mensaxe a seguir... na que podedes escoitar unha entrevista a Nuñez Feijoo na Cope por Jiménez Losantos. Os ouvintes (se é certo que moitos son galegos) deixan clara a súa postura sobre a lingua, e o propio Nuñez Feijoo non ten dúbida ningunha: pensa facer TODO O CONTRARIO DO RECOMENDADO POLO CONSELLO DE EUROPA A RESPECTO DO GALEGO.  "Nesta ligazón podedes escoitar a entrevista de Federico Jimenez Losantos a Nuñez Feijóo. O candidato popular mostrase nervioso, e son os ointes e o propio Jimenez Losantos os que acosan a Feijóo, até conseguir que tire a carauta e que se posicione claramente en contra do noso idioma. 
http://www.cope.es/30-01-09,escuche_aqui_entrevista_alberto_nunez_feij
Valoración: 1
| Avisar provocación
#15.- protestación
galego|08-02-2009 08:58
Nacín mamando o galego,mais o galego que vós empregades non é galego.E outra cousa.Vivides noutra galaxia que non é Galiia.Eu non vos entendo e son galego enxebre.Aprendede galego pra falares como é razoable.E punto 
Valoración: -1
| Avisar provocación
#16.- alumeando
galego|08-02-2009 09:14
Os que falades este galego parece que non nacestes en Galicia.Eu nacín  , como  se di,mamando galego,mis non vos entendo,Parecedes doutra galaxia distinta da galega.Alá vós.Sodes moi pero moi radicais.Non sabedes convivir cos demais.Alá vós.Galicia capital non sei onde.Nin sequera en Portugal.Que vos aproveite.
Valoración: -2
| Avisar provocación
#17.- GALEGO PROTESTANTE,ALUMEANTE OU ALUCINANTE?15,16
Xose Lois|08-02-2009 14:17
Si,si,meu caro amigo  isto tembem e galego algo mais autentico co teu,que ten mais co galego castrapo que co galego com dignidade.Dis ti que mamastes moito galego desde meninho,pero o que nom sabedes ti,  era que mamabas?Porque os castelans que votaron muito tempo na Galiza obriganos a falar a sua lingua durante longos annos e misturouse umha especie de "chapurreado"entre o galego original e o castelan que o final impusose mais o castelan co galego deixando a etimoloxia galega na dupla lugar.E isto e o resultado  de estar a ser submetidos e dominados por outra lingua alhea a os origems da lingua galega que os proprios galegos esquezerom,nom por ignorancia,mais pela ingnominiossa impossiçom de Castela a Galiza e que ainda recorre as cabeças dos galegos.           
Valoración: 0
| Avisar provocación
#18.- Que é o dictador fascista
luis|09-02-2009 08:56
Non podo por menos sorprenderme das denominacions a quen quere liberdade de opinion e liberdade de expresión, fascistas?, Fascismo é unha forma de dictadura que intenta impoñer as suas conviccions pola forza. Non é dictadura o que se quere facer? Impoñer sen liberdade de elección a lingua con quen poidamos falar? Deixémonos de tonterías, é mais importante la destrucción dos postos de traballo e outras moitas cousas, Tanto é dictatorial e fascista tratar de impoñer o castelán como o galego, ou cómo definiríades que te obriguen a facer algo que ti non queres?. Liberdade de expresión XA!!!
Valoración: -1
| Avisar provocación