Buscar  
Mais de 1.000 pessoas contra o porto desportivo de Cangas
Galiza Nom Se Vende, a Confraria de Pescadores e o Foro Social de Cangas levárom às ruas da vila de Cangas centenas de pessoas contra a operaçom urbanística em terrenos da antiga Conserveira Massó.
Kaos. Galiza | 21-6-2009 a las 15:58 | 2176 lecturas | 2 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/mais-1.000-pessoas-contra-porto-desportivo-cangas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

A convocatória tivo lugar dias depois da detençom de três vizinhos que tentárom parar as obras. Durante o percurso ouvírom-se palavras de ordem contra a repressom e contra os responsáveis políticos da desfeita: PP, PSOE e BNG.

Reproduzimos a informaçom divulgada polo diário digital A Nosa Terra

Máis de mil persoas colapsaron o centro de Cangas do Morrazo á noitiña deste sábado. Protestaban contra a urbanización da antiga Conserveira Massó, no que cualifican como o "maior pelotazo especulativo de Galiza".

A vila xa ten un porto deportivo

Convocados pola Confraría de Pescadores e o Foro Social de Cangas, os manifestantes denunciaron o inicio do recheo da Ría de Vigo en Punta Balea. Alí a promotora Marina Atlántica –participada por Caixanova, Grupo Atlántico e Puentes y Calzada– xa está a construír un porto deportivo de luxo, malia un informe negativo da Consellería de Pesca e multitude de preitos xudiciais sen resolver.

O novo porto deportivo (a vila xa conta con un) é parte dun macroproxecto que inclúe centos de apartamentos de luxo e un centro comercial no singular edificio da antiga Conserveira Massó.

O Goberno local, en perigo de rachar

Entre os berros máis coreados estiveron "Goberne quen goberne, Cangas non se vende", "Caixanova especuladora!" e "Clara Millán, yes we can!". Este último refírese á alcadesa do BNG quen, segundo o Foro Social, non está a tentar parar as polémicas obras, en contra do comprometido no pacto de goberno local.

Pacto que agora está en perigo, pois a Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) non descarta rachar a coalición de Goberno canda Bloque e PsdeG. Os edís da ACE (coalición de FPG e Esquerda Unida) foron os únicos que participaron na protesta, na que houbo berros contra socialistas, BNG e PP.

"Autorización marisqueira confiscada sen cobertura legal"

Os mariñeiros de baixura foron protagonistas de gran parte da protesta. E é que as obras, como comprobaron as cámaras de ANT TV, xa están a enturbar un dos bancos máis ricos de ameixas e navallas da Ría de Vigo. A confraría cifra en 500 os empregos en perigo por outro porto deportivo de 250.000 metros cadrados nunha "autorización marisqueira confiscada sen cobertura legal".

Marina Atlántica non ten permiso para urbanizar en terra tras a caída do PXOM do anterior goberno local do PP. Polo contrario, si dispón dunha autorización da Autoridade Portuaria de Vigo para o porto deportivo, permiso que remata este ano. Por iso pretende acelerar a súa construción, malia estar recorrida xudicialmente.

Veciños vixían as obras 24 horas

Os veciños pretenden deter as obras e acabar coa política de "feitos consumados", utilizada tantas veces por construtoras e plantas acuícolas na costa galega. De feito, o Foro Social vixían 24 horas unha sinal, colocada polos concellais da ACE, que impide a entrada de máis camións ás obras do Salgueirón.

http://www.anosaterra.org/nova/30419/miles-de-persoas-contra-o-maior-pelotazo-de-galiza-.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Comezan os debates do Foro Social de Cangas sobre Massó

ANT | Esta fin de semana comezan as reunións do Foro Social de Cangas, cunha mesa redonda este venres ás 19.00 na lonxa desta localidade do Morrazo, titulada 'Massó: que se pode facer legalmente?'.
[30-8-2009] | 993 lecturas

O paro contra as obras de Massó será o 11 de setembro

ANT | Colectivos de pesca e marisqueo de Ría de Vigo acordaron manter un paro o 11 de setembro para protestar contra a construción dun porto deportivo nos terreos da antiga Massó, en Cangas.
[19-8-2009] | 1223 lecturas

Detidos numerosos activistas de GNSV nas inmediacións das obras de Massó

GZNSV | Esta mañá efectivos da Garda Civil detiveron 16 activistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende cando se atopaban nas inmediacións das obras que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó.
[20-7-2009] | 1279 lecturas

Pérez Esquivel fala contra o esbandalle no Salgueirón

Vieiros | O activista e Nobel da Paz prestoulle apoio esta semana aos veciños que protestan contra os "especuladores de manual".
[15-7-2009] | 706 lecturas

Detido o portavoz do Foro Social de Cangas en Massó

ANT | A Garda Civil detiveron onte un dos veciños que acoden cada día ás obras do porto deportivo que se está construíndo na localidade galega de Cangas, e a quen se imputa un suposto delito de coaccións.
[14-7-2009] | 1428 lecturas

Manifestaçom em Cangas: SOS Massó, o momento de pará-lo é agora!

GZNSV | Sábado 20 de Junho às 20 horas, saída da Avenida Velha de Cangas e chegada ao Salgueirom.
[16-6-2009] | 1248 lecturas

Repressom contra a luita pola paralisaçom das obras do porto desportivo em Massó (Cangas)

gzvideos | Doze pessoas concentravam-se por volta das 07:00 h. desta manhá no peirao canguês de Massó, respondendo ao chamado realizado onte em Vigo polo Foro Social na mobilizaçom da rede ‘Galiza nom se vende’.
[2-6-2009] | 908 lecturas

Tres membros do Foro Social detidos en Cangas a pé das obras do Salgueirón

Vieiros | Os activistas participaban nunha concentración na praia fronte a Massó, mentres continuaban os traballos do porto deportivo.
[1-6-2009] | 1151 lecturas

Comentarios (2)

#1

Voltaire|21-06-2009 16:32

En vez de hacer un eco-museo como en los paises civilizados europeos para preservar el pasado histórico de la riqueza de la riqueza pesquera de las Rias Baixas y la memoria de sus gentes prefieren la desmemoria americana del consumo para mayor gloria de los consumidores nacionales madrileños a quienes si se les permite conservar su memoria, en cambio. Estamos retrocediendo a marchas forzadas. Lo que no han conseguido acabar los tanques de los militares lo conseguirá el "Estado de Derecho" y sus jueces.

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#2.- ¿BNG OS NOVOS RICOS?

Xose Lois|21-06-2009 20:07

Ainda lembrome,ai anos davondo,nos  primeiros tempos da transsiçom que em Vigo ian facer um campo de golfe,de supeto surgirom as primeiras queijas dos vicinhos atoupando iste projecto umha desfeita para a cidade ao presentare em certos periodos do ano escasez dagua(regar o campo de golfe supom o consumo diario duna cidade de vintemil abitantes)Agora  chegan estes novos ricos do BNG apoiando projectos  nada sociais(galiza  nom esta para votar o dinherio por terra)a facer um porto sportivo ¿pra que,pra quenes?Criar umha imagen  rica da cidade comtrasta cas luitas dos trabalhadores do metal e do sector leiteiro.Clar co milhor os  novos ricos da politica  nom saibem o­nde meter os yates e lhes supon un problema o antigo porto.¿Quen saibe?

Valoración: 1    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Imágenes, audios y documentos

Más información en Kaos en la Red
Ecología Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)