Buscar  
Julio, trabalhador do naval: ''Do que se conseguir aqui beneficiamo-nos todos, mas só alguns pomos a cara''
'Feijóo, escoita, ou metal está en loita'. Entre uns 2.000 compañeiros do sector do metal da provincia de Pontevedra, Julio entoa as consígnas da marcha que partiu este luns de Vigo...
V. Felpeto | 30-6-2009 a las 15:57 | 1531 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/julio-trabalhador-do-naval-do-conseguir-aqui-beneficiamo-nos-todos-mas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
... fixo parada e fonda en Padrón, Pontecesures e Valga; e chegou o martes ás portas do despacho do presidente da Xunta, no edificio administrativo da Xunta.

''Santiago é unha cidade moi cultural, moi relaxada. Vimos facer moito ruído, a ver se nos escoitan'', explica Xullo.

Leva desde o ano 1974 traballando no naval, nun estaleiro de Vigo, e as razóns que o empuxaron a camiñar ata a capital galega ''non chegarían varias entrevistas para contalas'', explica embutido na mesma funda coa que traballa a diario.

''Aquí vimos vestidos de obreiros a reivindicar os nosos dereitos de traballadores, que os gobernos recortan cada vez máis a golpe de decreto'', explica.

'' Do que consigamos beneficiámonos todos''
 
Esta vez, a reinvindicación principal é unha subida salarial do 6% lineal máis o IPC para un convenio provincial de 3 anos. ''Din que pedimos moito, pero teñen en conta que son tres anos e que estamos nunha situación de IPC negativo'', xustifica.

De todos os xeitos, este traballador non se rende ante as críticas e os obstáculos. ''Estou aquí porque quero loitar. Alá, en Vigo, hai moitos que están queimados coas nosas protestas.  Algúns decidiron volver ao traballo'', conta, facendo referencia a trabjadores como os do Salnés, que retornaron o luns á súa rutina laboral.

''Cada un é libre de facer o que queira, pero, ¿que lle vai a dicir ao fillo ou ao neto cando lles pregunte por que o seu compañeiro sae na televisión manifestándose e el non? Do que consigamos aquí imos beneficiarnos todos, pero só algúns pomos a cara'', lamenta.

Julio tampouco ten medo ao baleiro no peto, e cre que a folga pode prolongarse algún tempo máis ata que se atendan as súas reivindicacións. ''A semana pasada estivemos a traballar a baixo rendemento, xornadas de catro horas.¿Se nolas van a pagar? Claro que si, houbo algunha ameaza pero, ¡como non nolas van a pagar! Teñen que facelo'', di taxativo.

''A Xunta dá un ultimato porque se vai de vacacións''
 
Portas de San Caetano, o edificio no que a Xunta xestou a proposta de convenio colectivo -ese que, como rezan as lemas dos folguistas ''de todos, tamén dous esquiroles''- que ofreceu a traballadores e a patronal, e sobre a que ambas as partes deben pronunciarse este 30 de xuño.

Xullo non se toma demasiado en serio este ultimato. ''Puxeron de límite o día 30 porque agora empezan tres meses de vacacións na Administración''. Por iso, esperaba que este mesmo martes fosen recibidos en San Caetano enlácelos sindicais de CCOO, UXT e CIG, a central maioritaria nesta protesta.

Este traballador está convencido de que a Xunta é consciente de que a negociación non pode quedar estancada, de que non pode exporse a que cada semana salgan desde Vigo 39 autobuses cargados de obreiros de todas as idades que esixen que se cumpran os seus dereitos laborais.

Volve a unidade sindical
 
E é que tras a ruptura sindical da semana pasada,  cando UXT e CCOO decidiron estudar unha oferta da Xunta que a CIG considerou inaceptable, nesta longa camiñada as tres centrais volveron unirse.

''A maioría somos da CIG. De UXT viñeron menos, e os de CCOO xa viñeron directamente para aquí'', explica Xullo. ''Son de 'boca fina''', ironiza, mentres dá un empuxón de camaradería a un compañeiro de Comisións. ''Polo menos viñeron facer vulto'', ri.

Precariedade crecente
 
Aínda que nesta marcha predominou o bo humor, a situación no sector é crítica. ''Os medios de comunicación non saben como se traballa nos estaleiros. Temos que arrastrarnos polo dobre fondo dos barcos para traballar co soplete'', explica este traballador do naval. Un labor moi duro da que un non se xubila con 58 anos ''porque aínda es moi útil para insignia aos mozos que veñen detrás''.

Iso si, eles queren calidade de vida. ''Cos resultados das eleccións europeas viuse que, aínda que de momento non se aprobou, a normativa das 65 horas de traballo semanais está moi preto'', aventura.''Así non vai haber nin unha vía de escape'', lamenta, esixindo unha xornada laboral de 8 horas.

Unha precariedade que estende á que xa viven outros compañeiros con convenios de empresa propios que establecen unha subida salarial do 0,75%. ''Se a iso lle engadimos o IPC negativo, deica pouco vai ter que pagarlle o obreiro ao empresario por traballar'', advirte Julio.
http://www.galiciae.com/nova/34520.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Obreiros do metal tentan acceder ao porto de Marín

ANT | Uns mil traballadores do sector do metal tentan acceder ao interior do recinto portuario de Marín e protestan lanzando porcas e petardos ante a sede de Factoría Naval...
[3-7-2009] | 1107 lecturas | 1 comentario

UGT suspende temporalmente a folga do metal e CCOO decide hoxe

ANT | UGT decidiu, nunha asemblea de delegados e afiliados en Vigo, 'suspender temporalmente' a folga do sector do metal polo convenio colectivo na provincia de Pontevedra.
[2-7-2009] | 1670 lecturas

"O Metal no Camiño", curta documental sobre a marcha dos folguistas a Compostela

Avantar-Video | CIGDesde a CIG apresentamos a curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.
[2-7-2009] | 792 lecturas

Marcha da dignidade proletária chegou à capital da Galiza

Kaos. Galiza | Passadas as 13 horas de hoje, a coluna de obreiros e obreiras metalúrgicas chegadas de diferentes pontos do sul da Galiza fôrom concentrando-se em frente da sede da Junta da Galiza.
[30-6-2009] | 2307 lecturas | 6 comentarios

Milhares de operários do metal iniciam hoje 'marcha da dignidade' entre Ponte Vedra e Compostela

Kaos. Galiza | A mobilizaçom por um convénio justo continua. Tal como anunciárom na semana passada, na manhá de hoje partem a pé mais de 2.000 trabalhadores em direcçom a Compostela.
[29-6-2009] | 1187 lecturas | 3 comentarios

Vigo: violência policial em resposta à determinaçom operária de continuar a luita

Kaos. Galiza | Na manhá de hoje, as cargas começárom logo às 4 horas, quando os piquetes figérom frente às forças repressivas que impediam o seu labor e protegiam os fura-greves à entrada de PSA Peugeot Citröen.
[25-6-2009] | 1271 lecturas | 7 comentarios

Um trabalhador agredido pola polícia acaba no hospital em Vigo, na jornada número 15 de greve metalúrgica

Kaos. Galiza | Já vam mais de duas semanas de greve no metal do sul da Galiza, o que está a levar o conflito ao limite, segundo representantes sindicais. Hoje um trabalhador acabou no hospital agredido pola polícia.
[23-6-2009] | 3896 lecturas | 33 comentarios

Começa greve indefinida no metal do sul da Galiza, com negociaçons em simultáneo

Kaos. Galiza | Enquanto os representantes sindicais e os patrons do sector metalúrgico continuam reunidos, hoje começou a greve indefinida que retoma a luita proletária nas ruas de Vigo e do sul da Galiza.
[11-6-2009] | 909 lecturas

Comentarios (1)

#1.- ¿MAO DURA CONTRA OS ESQUIROLES?

Xose Lois|30-06-2009 16:54

Nom estou dacordo coas comtemplaçoms  que se lhes da aos esquiroles.Si dese mesmo trabalho comen tudo o mundo e estase a enlevedar o nìvel do salario com  sufrimento e perdeda de dinheiro  pelos descontos que van fazer despois nas nominas, cas paguem os esquiroles, porque eles, sem nengum esforço van conseguir o mesmo e iso nom e justo.  E legitimo controlalos com piquetes ou outros jeitos de que nom cheguen o trabalho.Temos que sacar-nos da cabeça a democracia burguesa que tud@s imos sido educados e potenciar a democracia proletaria.VIVA A LUITA DO METAL GELGO.   

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)