El historico dirigente comunista Kobad Ghandy
  LIBERDADE PARA O CAMARADA KOBAD GHANDY !
Diante da noticia do arresto, en estranas circunstancias, o pasado 17 de setembro, do historico dirixente comunista da India, camarada Kobad Ghandy queremos amosar nosa repulsa pola sua detención e a total solidariedade co camarada Ghandy e seus amigos e camaradas.
O camarada Kobad Ghandy de 63 anos, nado na cidade de Mumbai, é un recoñecido politico e intelectual comunista participante nos anos 70 no movemento naxalista (nome como se coñece na India aos comunistas maoístas). Na actualidade e debido a unha doencia importante tan só participa na dirección de organizacions de masas.
O feito de non ter ninguna causa pendente, do irregular da sua detención asi como da sua precaria saude fainos temer pola sua vida. O Estado da Unión India ten amosado un escaso respeto aos dereitos dos presos politicos e é coñecida a practica da tortura nas suas cadeas.
Por todo isto facemos un chamamento publico as forzas politicas e sociaes da Galiza asi como as persoas democraticas e progresitas para que amosen seu apoio e respaldo ao camarada Ghandy e dirixan mensaxes a Embaixada da India no Estado español ao seguinte enderezo:
Embaixada da India
Avenida Pio XII, 30-32
28016 Madrid
Galiza, Octubro 2009
Comité de Loita Popular “Manolo Bello”
Correo Vermello
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |