Buscar  
Por que hai que apoiar a folga dos metalúrxicos?
Corrente Vermella chamamos á extensión da solidariedade cos metalúrxicos do conxunto da clase traballadora do Estado Español, ao envío de comunicados de apoio, á organización de accións solidarias.
Corrente Vermella | Para Kaos en la Red | 29-6-2009 a las 0:19 | 1123 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/hai-apoiar-folga-dos-metalurxicos
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

Depois de 18 días de folga, os traballadores do metal de Pontevedra manteñen un pulso côa patronal na negociación do convenio. Mentres os empresarios buscaban a conxelación salarial por tres anos, os traballadores esixen unha subida do 6% e un convenio de dous anos.

Esta diferenza converteu se na pedra de toque da loita. A patronal pretendía a recuperación dos seus lucros pola via da conxelación dos salários e a ampliación da xornada, ao que os traballadores responderon côas suas mellores armas, a mobilización combativa e a democracia nas decisións.

Mentres, os gobernos adoptan medidas de resgate de empresas e bancos, e promoven políticas de conxelación salarial, de despedimentos e deslocalizacións, de EREs e privatizacións dos servizos públicos, co obxectivo manifesto de descarregar a crise capitalista nas costas dos traballadores e as traballadoras.

EREs presentados en todo o Estado, como o mais recente de Nissan Barcelona, que en Galiza afeta a sectores craves da produción como o téxtil en Caramelo ou na produción de leite, como Leite Pascual, non son alleos á política de resgatar aos capitalistas da crise que eles mesmos criaron. A loita do Metal cuestiona todo este armazón antiobrero e antipopular, mostrando o camiño para enfrentar estas políticas, a unidade na loita e a firmeza nas reivindicacións.

Por este carácter de loita exemplar contra os planos da patronal, desde todos os âmbitos oficiais, a prensa e os medios de comunicación, o goberno central e a Xunta puxeron todo o seu empeño por criminalizar no seu momento, e illar totalmente, a mobilización dos metalúrxicos.

Queren evitar custe o que custe que o exemplo de combatividade e democracia demonstradas, esténdase e ameace por tirar por terra a política do goberno ZP.

Hai que preparar a Folga Xeral

  Na Galiza, hoxe, están dadas as condicións para a convocatória dunha folga xeral. En decembro as traballadoras do comercio da Coruña, trás vários días de folga, conseguiron un aumento salarial do 4 por certo. Posteriormente producíronse as loitas das traballadoras de Caramelo, de Pascual, de ABB, de Bunge, de EMESA,... Loitas todas elas contra EREs e para evitar que a clase obreira pague os pratos rotos da crise do capital.

Mas, non son só os traballadores e as traballadoras os que están en loita. Os gandeiros e gandeiras veñen protagonizando tractoradas en diversas cidades contra as multinacionais do sector, ocupando por dias Compostela, os veciños do sur de Galiza mobilizándose contra a especulación e a marbellizacion da costa. Así mesmo, a loita pola defensa do galego fronte a unha ofensiva centralista que non escapa ás necesidades do capital de “aforrar” en gastos que consideran “inúteis”, como é normalizar o idioma das clases populares.

Os metalúrxicos son a vangarda de toda esta loita contra as políticas do capital e a sua vitoria abre as portas á xeralización da loita contra a crise capitalista e as políticas dos gobernos.

Corrente Vermella apóia a convocatória de Folga Xeral do Metal en Pontevedra, o 25 X, que supón a incorporación á mobilización do conxunto do sector, e en especial da factoría da Citroen. Mentres, pola súa banda, o mesmo 25 van á folga os traballadores e as traballadoras do sector da pedra e mármore, das canteiras. Esta é a vía pola que andar: a extensión da loita a outros sectores, no camiño da convocatoria dunha Folga Xeral, como parte dun Plan de Loita até derrotar as políticas da patronal e os seus gobernos.

Esta mobilización debe ser continuidade da FX de Euskadi do 21 de maio, e enmárcase na necesidade dunha Folga Xeral Estatal contra a crise: hai que esixir das direccións sindicasi, da CIG, CCOO e UXT a súa convocatoria.

Desde Corrente Vermella chamamos á extensión da solidariedade cos metalúrxicos do conxunto da clase traballadora do Estado Español, ao envío de comunicados de apoio, á organización de accións solidarias: a vitoria dos compañeiros do Metal é unha porta para todos os demais no camiño da loita por unha saída obreira e popular á crise.

Viva a Loita do Metal    

venres 26 de xuño

correntevermella@corrienteroja.net

www.corrienteroja.net

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

A exemplar loita do Metal da un paso máis coa Marcha a Compostela

Corrente Vermella | Para Kaos en la RedAgora é preciso rematar o traballo cun acordo que rompa as intencions dos gobernos, do Central e da Xunta, de descarregar a crise sobre ás costas da clase traballadora.
[29-6-2009] | 552 lecturas

Solidariedade cós metalúrxicos

Corrente Vermella | Para Kaos en la RedChamamos á extensión da solidariedade cos metalúrxicos do conxunto da clase traballadora do Estado Español, ao envío de comunicados de apoio, á organización de accións solidarias.
[25-6-2009] | 1412 lecturas | 1 comentario

Solidariedade cós metalúrxicos: É PRECISA UNHA FOLGA XERAL

Corrente Vermella | Para Kaos en la RedA dureza da represion contra os traballadores do metal de Pontevedra en Folga só demostra a incapacidade da patronal e os gobernos de facer a menor concesion aos traballadores e as traballadoras.
[4-6-2009] | 1307 lecturas

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Imágenes, audios y documentos

Más información en Kaos en la Red
Estado Español Galiza Laboral / Economía Solidaridad

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)