Buscar  
O goberno español pretende ilegalizar a candidatura iniciativa internacionalista
O Goberno español volve amosar, máis unha vez, o seu auténtico talante antidemocrático coa impugnación da candidatura ás eleccións europeas...
FPG | 20-5-2009 a las 1:18 | 1745 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/goberno-espanol-pretende-ilegalizar-candidatura-iniciativa-internacion
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

  ...Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos e coa arrogante ameaza de outras posíbeis impugnacións.
A ilegalización que pretende levar a cabo o Goberno PSOE da candidatura Iniciativa Internacionalista sírvese da coartada do conflito vasco. E con esta escusa pretende espallar o seu negro chapapote, próximo ao fascismo, por toda aquela organización que poña en evidencia os graves déficit democráticos que teñen todas as estruturas que emanan da vixente Constitución española. Triste e mesquiña escusa. E aínda así seguen facendo uso dela, mesmo cando na candidatura, como é neste caso, non hai ningún/ha vasco ou vasca de nacemento, demostrando deste xeito que o que buscan non é algún obxectivo do que eles denominan loita antiterrorista, senón a derrota por atallos antidemocráticos das ideas que cuestionan democraticamente o actual marco xurídico-político.
 
E unidos nesta santa alianza atopamos no ámbito político ao PSOE e PP, as dúas facianas da mesma moeda, como se veu recentemente no pacto que realizaron para asaltar o Goberno da Comunidade Autónoma Vasca, conformando unha auténtica frente nacional española, produtos ambos os dous dos poderes fácticos que viven á sombra da II Restauración borbónica e grazas á ausencia da ruptura democrática co fascismo no Estado español.
 
Dito isto, a Frente Popular Galega quer manifestar ao Pobo Traballador Galego que os seus obxectivos políticos a respecto da Unión Europea na actual conxuntura se ven perfectamente expresados nos obxectivos de Iniciativa Internacionalista, participando desta maneira cualificados membros do noso Partido na candidatura internacionalista, até un total de sete, cinco homes e dúas mulleres, entre eles/as o membro do noso Comité Central, e número 6 da lista, Xosé Luís Méndez Ferrín. Unha candidatura que levará ao corazón mesmo da Europa dos mercaderes a loita de liberación nacional do noso pobo, a loita da clase obreira pola súa emancipación e a solidariedade internacionalista, porque seguimos acreditando que a solidariedade é a tenrura entre os pobos.
 
A Frente Popular Galega quer manifestar asemade o noso frontal rexeitamento á pretensión española de ilegalizar esta ou calquera outra candidatura. Contra o chapapote oscurantista e inquisitorial que o Goberno do PSOE continúa empeñado en espallar, agora xa practicamente por todo o territorio que conforma o actual Estado español, chamamos á mobilización activa das traballadoras e traballadores galeg@s. Contra a marea negra do capital e o seu lacaio, o Estado Imperialista Español, cómpre responder coa marea vermella da nosa solidariedade e, reafirmándonos na nosa vontade internacionalista, seguir avanzando con paso firme cara a independencia nacional de Galiza e o socialismo no mundo.
 
 
Galiza, 14 de maio de 2009

http://www.frentepopulargalega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=269&itemid=1
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Elecciones Europeas 2009 Galiza Guerra / Criminalización / Represión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)