Buscar  
Galiza terá em Julho cinco dias de tractorada em defesa do leite
Miles de vehículos colapsarán Lugo, Santiago e outras vilas a partir do 13 de xullo nunha protesta que recupera a unidade de acción dos tres sindicatos agrarios.
ANT | 26-6-2009 a las 19:51 | 1395 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/galiza-tera-em-julho-cinco-dias-tractorada-em-defesa-do-leite
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
As medidas da Xunta para inxectar liquidez nas granxas de leite non están a funcionar e moitas están a piques da quebra. Esta é a imaxe “desesperada” que pintaron os tres grandes sindicatos agrarios galegos antes de anunciar hoxe unha gran tractorada ao inicio das vacacións de verán.

Estiman 6.000 tractores en varias cidades

A protesta comezará a partir do próximo luns 13 de Xullo en Santiago e Lugo. Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e os cooperativistas de AGACA agardan reunir polo menos 6.000 vehículos pero estiman que incluso poderían triplicar esta cifra.

Ademais das capitais citadas, os gandeiros poderían ampliar a súa protesta a outras vilas. Será nunha “semana en branco” na que tamén haberá actos informativos aos cidadáns e protestas diante de industrias e hipermercados.

Importacións masivas por debaixo do prezo de custe en Galicia

Os gandeiros do país levan máis de ano e medio protestando contra o prezo do leite. Con todo, o ton da convocatoria desta mañá foi especialmente duro. “Non é o intre de máis chamamentos a responsabilidade, é o intre de accións contundentes”, argumentou Roberto García de Unións Agrarias, sindicato próximo ao PSdeG. “Se non somos contudentes non nos van facer caso”, sumouse Francisco Bello, de Xóvenes Agricultores, colectivo próximo ao PPdeG. Carme Freire, do SLG (próximo ao nacionalismo) explicou que “a nosa intención non é ir contra a cidadanía” pero advertiu que “está en xogo a vida no medio rural”.

As industrias están a impor un prezo que non cobre o seu custe de explotación e asemade importan masivamente produto foráneo, sobre todo francés, por debaixo do mínimo estabelecido neses estados.

Os bancos non queren adiantar as axudas aos gandeiros

A nova Xunta do PP lanzou un plan para adiantar 110 millóns de axudas europeas ás granxas. A inxección de liquidez non está a funcionar, segundo os sindicatos, porque os bancos non están a aceptar os avais presentados polos gandeiros. Os sindicatos reclámanlle ao Goberno que actúe como avalista para poder obter o financiamento necesario para non ter que pechar. Ao mesmo tempo, ameazan con publicar o nome dos bancos que se negan a cooperar no plan e animar os gandeiros a retirar deles os seus fondos. 

Máis de 1.400 fecharon nun ano

“Temos un ERE no 100 por cento das explotacións de Galicia”, denunciou Roberto García de Unións. No país, hai unhas 13.200 granxas de leite, segundo datos oficiais. Nun ano pecharon 1.400 mentres que nas últimas décadas perdéronse máis de 30.000. Agora mesmo, hai cooperativas que levan 3 ou 4 meses sen cobrar como Celga, Leiteco ou Monteverde.

Os sindicatos advírtenlle á administración que non abonda con máis reunións e piden medidas urxentes. Para eles, o maior éxito da tractorada sería ter que desconvocala.

Coa protesta anunciada hoxe os sindicatos e AGACA recuperan a unidade de acción, pois na tractorada da pasada semana só participou SLG e Gandeiros Unidos.

http://www.anosaterra.org/nova/30757/cinco-dias-de-tractorada-en-defensa-do-leite.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Começa a semana europeia polo preço do leite

SLG | Sindicato Labrego Galego iniciou na mañá de onte a “Semana europea polo prezo do leite” cunha concentración reivindicativa na praza do Toural de Compostela...
[2-9-2009] | 1345 lecturas

A industria tira o prezo do litro de leite até os 22 céntimos

Vieiros | A peor situación vívena ás granxas que lle venden o seu produto a Leite Río. Porén, practicamente ningunha das 12 mil explotacións cobrou os 31 céntimos que se marcaban como referencia mínima.
[26-8-2009] | 1330 lecturas

A diferenza entre vender leite ou vender quen o produce

SLG | A sinatura do acordo de onte por parte das organizacións agrarias agás o SLG e a COAG, é froito dun pacto feito por riba dos intereses do sector leiteiro...
[29-7-2009] | 1971 lecturas

O sector leiteiro informa e reparte leite de balde en Santiago de Compostela

SLG | O pasado venres ás 17,30hrs tivo lugar unha acción conxunta de agradecemento á cidadanía compostelana, mediante o reparto gratuito de leite nas céntricas Praza Roxa e Porta Faxeira.
[19-7-2009] | 609 lecturas

A polícia carrega contra gadeiros em Compostela

ANT | Os antidisturbios cargaron contra os gandeiros que se manifestaron ás portas do Día e do Lidl. Antes, a Policía Nacional bloqueou no interior do recinto do mercado de Amio centos de tractores.
[15-7-2009] | 2188 lecturas | 5 comentarios

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)