Segundo  informan dende o colectivo
Ceivar, no marco do proceso xudicial aberto logo dos incidentes acontecidos durante a manifestación en contra do galego do pasado 8 de febreiro en Compostela, foron imputadas seis persoas máis, co que o número total ascende xa a 18. 
O proceso está en fase de instrución polo que de momento non hai acusacións individualizadas. Porén, dende Ceivar afirman que, baseándose nas denuncias presentadas e nos atestados policiais, os delitos de que podería ser acusados son os de "atentado contra a autoridade", "desordes públicas", "danos" e "obstrución do dereito de manifestación". 
Ademais, aseguran que a Policía continúa a realizar unha "investigación exhaustiva", que incluiría responsábeis de diversa webs, entre as que citan  galizalivre.org  e  Galiza Indymedia, ademais das de  Primeira Linha  e  Nós-UP, polas que estarían imputadas dúas das seis novas persoas.
Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en: