Ademais, os promotores da iniciativa informan que nos próximos días se achegarán aos grupos parlamentarios copias das sinaturas que xa lle fixeron chegar por rexistro ao presidente da Xutna. A recollida das mesmas seguirase facendo e entregando sucesivamente ao Presidente, aclaran.
Estas preto de 15.000 sinaturas a favor do manifesto duns servizos sociais públicos para as persoas maiores dependentes foron froito de que hai unha semana a Consellería de Traballo e Benestar fixese pública a intención da Xunta de privatizar os 14 centros de atención as persoas maiores que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, tiña previsto abrir no presente ano.
A resposta non se fixo esperar, xa que en so cinco días case 15.000 persoas a iniciativa dos traballadores e traballadoras do Consorcio, asinaron un texto no que se insta ao presidente da Xunta a cumprir coas súas promesas de manter uns servizos sociais de xestión pública.
A xustificación de tal privatización, segundo declaracións da propia Consellería de Traballo e Benestar, fan referencia a un suposto aforro na xestión dos centros. As 15.000 persoas lamentan que o criterio da Concellería para a atención das e dos maiores galegos, sexa o aforro, e non a calidade.        
Asimesmo, pregúntanlle a Feijóo se, baseado no criterio do aforro, pensa privatizar outros servizos básicos como son a Educación e a Sanidade pública. 
A xestión que ten realizado o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en todos os centros abertos dende hai 2 anos e ata a actualidade, ten demostrado ser "altamente eficaz e baseada en criterios de sustentabilidade e racionalidade" na contención do gasto, "estando ademais a calidade das súas intervencións refrendadas polos usuarios, as súas familias e a sociedade" onde están asentados.
A día de hoxe, a recollida de sinaturas polos traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar continúa, e "faránselle chegar ao Presidente" en sucesivas ocasións, conclúen.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |