Buscar  
Exumado en Mondoñedo o corpo dun asasinado por pistoleiros falanxistas
Este xoves foi exumado en Mondoñedo, o corpo dun veciño de Ove (Ribadeo) asasinado por un grupo de pistoleiros falanxistas en setembro de 1936.
Ramudo / AGN | 19-6-2009 a las 0:40 | 1213 lecturas | 2 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/exumado-mondonedo-corpo-dun-asasinado-pistoleiros-falanxistas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

Un grupo de arqueólogos e voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) exhumou  este xoves na localidade de Argomoso, que pertence ao municipio lucense de Mondoñedo, o corpo dun veciño de Ove (Ribadeo) que foi asasinado por un grupo de pistoleiros falanxistas en setembro de 1936, segundo informou o vicepresidente deste colectivo, Santiago Macías.

A falta de confirmar a identidade do cadáver exhumado mediante as correspondentes probas científicas, os traballos de investigación previos á escavación e a documentación da época que manexa a ARMH permiten afirmar, con relativa seguridade, que o esqueleto recuperado pertence a José Antonio Díaz Alvarez, un veciño de Ove que a principios de setembro de 1936 foi sacado a punta de pistola da súa casa, na que vivía coa súa muller e os seus catro fillos, e asasinado con dous tiros na caluga, cando só tiña 39 anos de idade.

Segundo puido pescudar a ARMH, José Antonio Díaz Alvarez foi detido e levado a un lugar nas proximidades de Sasdónigas (Mondoñedo), denominado Miravales, de onde puido fuxir malferido, logo de recibir varios disparos, e refuxiarse na aldea das Prazas de Argomoso.

Cando estaba agonizante, foi denunciado e asasinado con dous tiros na caluga polo cabo dos municipais de Mondoñedo fronte ao edificio da Escola Rural de Argomoso, ás cinco da tarde do día 20 de setembro de 1936. Os seus restos mortais foron localizados nunha fosa situada na esquina do cemiterio da localidade, grazas aos traballos de exhumación dirixidos polo arqueólogo René Pacheco, que contaban co permiso do Obispado de Mondoñedo-Ferrol.

A identificación do cadáver correrá a cargo da prestixiosa antropóloga forense Roxana Ferlini, no laboratorio que ten a asociación en Ponferrada, e os resultados definitivos coñeceranse, previsiblemente, nunhas cantas semanas.

Con todo, Santiago Macías afirmou que "non hai ningunha dúbida" con respecto á identidade dos restos mortais, porque "a localización do corpo e incluso os impactos de proxectil" que atoparon os arqueólogos na cabeza da vítima coinciden cos "testemuños recompilados". Ademais, recordou que era "a única persoa enterrada nesas circunstancias no cemiterio de Argomoso".

Ao parecer, os falanxistas locais tamén intentaron, nesa mesma época, a detención dun veciño da aldea de Vilavella, chamado Pedro Soto, pero logrou fuxir, a pesar de que tiña unha ferida de bala nunha perna, e refuxiouse nunha cova mariña na ría de Ribadeo .

Macías confirmou que a asociación ten previsto levar a cabo nas próximas semanas algunhas exhumaciones máis na provincia de Lugo.

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (2)

#1.- a partir de 1939-1945/53: Memoria Histórica de holocausto español.

margarita|19-06-2009 12:05

siento no hablar catalán. Es simplemente que en mi opinión lo fundammental que hay que abordar en el tema de la Memoria Histórica es a partir de 1939 y hasta 1945 (holocausto represivo de los vencedores, con la moral que les daba el nazismo)  ó 1953 (en que se rompe el aislamiento de españa, y en consecuencia la impunidad tiende a ser menor)............Luego, la represión a partir de 1953 y hasta 1978 y hasta la actualidad.....................Ello por justicia y porque en las "batallas" de la guerra 1936-39, el fascio se siente más cómodo. No a partir de 1939.........................
saludos democráticos y anti-fascistas

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#2.- perdón, qué fallo¡¡¡....siento no hablar Galego¡¡¡¡¡

margarita|19-06-2009 12:06

Valoración: 1    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Memoria histórica

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)