Desde as sete da mañá, grupos de traballadoras e traballadores da limpeza reunianse na Praza do Concello para organizar os piquetes e as primeiras accións desta xornada de folga na limpeza de edificios e locais. Estas e estes folguistas decidiron concentrarse diante de Eulen, unha das empresas que se nega a asumir as demandas laborais das traballadoras e traballadores da limpeza.
Piquetes informativos itinerantes
A seguinte parada dos piquetes informativos foi o Campus Universitario de Vigo, a zona do Cuvi en Cabral. Desde aquí, organizáronse cinco grupos de piquetes itinerantes: un trasladouse até o aeroporto, outro ao Corte Inglés, ao Alcampo e aos centros comerciais de Gran Via e Travesia.
Tamén tiveron presenza estes grupos de piquetes na zona de Peritos e Empresariais. Desde Torrecedeira, as traballadoras e traballadores da limpeza desprazáronse en manifestación pola Avenida de Beiramar, até o Centro Comercial da Laxe. A continuación a marcha continuou até o cruce da rúa Colón, onde os piquetes informativos entraron nas sedes de Caixanova, BBVA, Caixa Galicia, Banco Santander e Banco Pastor.
Ás 16 da tarde xuntábanse de novo estas traballadoras e traballadores para organizar piquetes informativos para ambulatorios e centros comerciais.
Alto seguimento da folga
Tránsito Fernández, secretaria comarcal da CIG Servizos, cifrou o seguimento deste paro nun 75%, e avaliou esta folga como "positiva porque se paralizou a universidade, as áreas comerciais e alí onde colaboramos co Metal, nos estaleiros e noutras empresas do sector, tampouco houbo actividade da limpeza".
Ademais, a sindicalista nacionalista informou de que o venres se realizarán asembleas de traballadoras e traballadores para decidir que novas accións tomar, e se se aproba a proposta de convocatoria de folga indefinida no sector a partir do luns 17 de novembro. 
Máis imaxes
Podedes atopar máis fotos na Galeria de imaxes da web
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |

#1.- Adiante coa loita obreira !
miguel|07-11-2008 19:16
Mentras os burgueses da Xunta e outros organismos semellantes mercan Audi´s, os traballadores temos que chegar a fin de mes co menos de mil €.
Temos que acabar con esta situación ! Solidariedade cos traballadores en loita !
Adiante coa loita obreira !
Valoración: 1
| Avisar provocación