Buscar  
Escuro nomeamento do profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas
A Consellaría de Educación convocou a parte do profesorado das EOI para unha reunión o tres deste mes para a posta en marcha...
Gznacion | 16-12-2009 a las 0:15 | 599 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/escuro-nomeamento-do-profesorado-das-escolas-oficiais-idiomas
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
...do grupo de profesorado que elaborará as probas de certificación de nivel intermedio e avanzado das Escolas Oficiais de Idiomas.

Ao respecto, a CIG-Ensino denuncia tanto o procedemento seguido pola Consellaría na designación do profesorado como a actitude amosada pola mesma no desenvolvemento da reunión.

No que ten a ver coa designación do profesorado, a convocatoria non se fixo extensible a todo o profesorado, senón que se convocou directamente a só uns vinte profesoras e profesores. Hai que ter en conta que, no curso pasado, a participación na elaboración destas probas foi voluntaria por parte do profesorado, e ademais contaba con redución de 8 períodos lectivos no cómputo semanal, redución que, para este profesorado, resultou resultou insuficiente, xa que dedicaron moitas máis horas a este labor.

Por outro lado, a Consellaría de Educación mesmamente presionou a este persoal con ameazas veladas ao afirmar que os que pretenderan renunciar que se "ateñan ás consecuencias".

No propio documento no que se convocaba ao profesorado, informaba, textualmente, que se enviaría por correo electrónico a acta da reunión nun prazo de 48 horas posteriores á reunión. Unha parte do profesorado quixo ter unha copia da acta, xa que na propia reunión solicitaran que constara na mesma que existía a posibilidade de renunciar. Desde a consellaría respondéuselles que non ía haber acta desa reunión.

Desde a CIG-Ensino denuncian, de novo, a "actitude que está tendo" a Consellaría de Educación co profesorado destes centros. Non é de recibo, afirman, que se obrigue a unha parte do profesorado á elaboración dunhas probas de certificación (únicas para todas as escolas de idiomas do país) "impondo os nomeamentos e que se ameace ao profesorado para que non se atreva a renunciar", cando a elaboración das mesmas implica a dedicación dun considerable número de horas para que sexan o máis acaídas e estean á altura dunhas ensinanzas de calidade, din desde o sindicato.
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=16514&id_cat=5
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Educación Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)