Entrevistamos para Contracorrente dous mozos do metal. Levan 7 anos traballando no sector, desde os 19. Brais é electricista nunha empresa de electricidade naval e industrial, e Manuel traballa de caldeireiro nunha auxiliar de Barreras. Nesta conversa achegan as súas opinións sobre a situación do naval, o futuro do sector, e da negociación colectiva, entre outras cuestións.
Que situación hai no naval?
Manuel: Cada vez vai a pior, hai moita falta de conciencia. Eu desde que levo traballando no sector nunca vin xornadas de sábados e domingos como se fora unha xornada normal de traballo.
Brais: Respecto á conciencia hai de todo no sector, pero é que aqui viñeron moita xente doutros sectores traballar para o naval, como os da construción, que non teñen o nivel de traballo sindical que temos aqui, e esa xente non se move como nós no estaleiro. Na miña empresa as condicións laborais melloraron nos últimos anos, pero agora mesmo o problema que temos é que é unha empresa na que baixou moito o choio, e levamos ano e pico sen facer horas extras.
Que futuro vedes para o sector?
Brais: O futuro do sector será o que queiran os empresarios, e aínda que aí os traballadores temos moito que dicir, o problema é que con isto da crise vanse querer aproveitar todos.
Manuel: Choio hai, e non sei até que punto é certo todo iso que falan dos problemas da financiación, porque o que parece é que estes empresarios o que andan a buscar tamén é receber axudas como o resto.
Como vedes a negociación do convenio?
Manuel: Vai ser difícil porque temos moitas cousas en contra, pero hai que tirar para adiante. O naval está forte, pero igual de aqui a alá pode que haxa un baixón polo tema este da financiación e pola súa vontade de chuchar subvencións, mais tamén sabemos que a outra parte do convenio do Metal, o
automóbil, etc. está pasando problemas reais, pero tamén temos que saber que non podemos dar nin un paso atrás. Defendemos a unidade do sector porque é importante sermos os mais posibeis nas rúas para presionar, e porque nos sentimos parte do mesmo e somos compañeiros de traballo e de loita, aínda que non compartamos os mesmos centros de traballo.
Brais: Aqui o que van tamén tentar é que perdamos dereitos que gañamos na negociación colectiva anterior, e van propor flexibilidade e quitarnos dereitos.
Por que participades da CIG-Mocidade e por que credes que é interesante  que a xente nova participe do movemento sindical?
Brais: Comecei sendo delegado, e logo xa enganchei nesta dinámica. Eu creo que é importante, porque os mozos e mozas temos que aprender a tirar do carro cando hai que tirar.
Manuel: Eu tiña xa tradición familiar, para min é a referencia, a CIG sabe o que di e é quen mellor preparada está para defender este convenio. Participar da CIG-Mocidade foi unha boa maneira de ter contacto con este mundo sindical fora do meu estaleiro e de ter máis formación.
http://www.galizacig.com/avantar/files/documentos/CONTRAC%20-%20Abril%
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |





