Buscar  
Detenhem o secretário comarcal da CIG-Serviços corunhesa
Salvador Cerqueiro, secretario comarcal da CIG-Servizos da Coruña, foi detido no seu domicilio pola policía española o 9 de marzo, acusado da presunta comisión dun delito de danos...
CIG Serviços | 10-3-2010 a las 1:59 | 790 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/detenhem-secretario-comarcal-da-cig-servicos-corunhesa
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

... no decurso da folga nas instalacións deportivas.

A detención do compañeiro, que permaneceu algo máis dunha hora na Xefatura Superior de Policía, produciuse o mesmo día en que se retomou a actividade no sector logo de máis dun mes de folga indefinida.

Cerqueiro, pouco antes de ser detido, recibiu unha chamada telefónica da policía na que se lle comunicaba que debía acudir a comisaría mais sen obter explicación algunha. Cerqueiro fixo caso omiso ao requirimento. Dous axentes presentáronse en apenas cinco minutos na porta do seu domicilio, onde o detiveron alegando vagamente que a súa privación de liberdade gardaba relación coa participación na folga das instalacións deportivas.

O secretario comarcal foi trasladado até a Xefatura Superior da Policía, situada nos xardíns de Méndez Núñez, onde permaneceu algo máis dunha hora. Cerqueiro negouse a prestar declaración. Un nutrido grupo de delegados e traballadores congregouse no exterior en canto se tivo coñecemento do cativerio do compañeiro.

O comportamento arbitrario dos axentes proseguiu ao longo da tarde. Aos pouco minutos de que Cerqueiro recobrase a liberdade, un traballador presente na concentración solidaria foi conducido até o interior da Xefatura para ser identificado tamén pola súa participación nos piquetes da folga. A mesma sorte correu o secretario nacional da Federación, Paulo Rubido.

A detención de Salvador Cerqueiro evidencia a persecución, criminalización e represión contra a CIG e cos valores de loita e compromiso que esta representa.

http://www.cigservizos.org/
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)