Desta volta trátase do liberado da Federación comarcal da Coruña Adolfo Naya. O compañeiro, que xa recobrou a liberdade, está acusado da presunta comisión dun delito de coaccións. Non é casual que esta e a anterior detención se producisen unha vez que se desconvocou a folga no sector. Tal circunstancia representa unha vendeta particular da Subdelegación do Goberno español, en conivencia coa patronal, para criminalizar o sindicato.
A última detención garda bastantes similitudes coa que sufriu Salvador Cerqueiro oito días atrás. Naya recibiu unha chamada da policía na que o cominaban a acudir ás súas dependencias. O compañeiro, acompañado dunha avogada, presentouse voluntariamente na Xefatura Superior de Policía da Coruña ás 16:00 horas do 17 de marzo. Naya foi detido en canto se identificou e preguntou cal era motivo da comparecencia. De inmediato trasladárono até a comisaría de Lonzas, onde foi fichado. O sindicalista foi informado entón de que estaba acusado de cometer presuntamente un delito de coaccións durante a folga das instalacións deportivas. Naya, que non declarou, foi posto en liberdade dúas horas máis tarde. Agora agarda a citación para prestar declaración no xulgado de Instrución correspondente.
CIG-Servizos rexeita absolutamente estas actuacións abusivas, as falsas acusacións e a violación de dereitos fundamentais. Estas prácticas pretenden represaliar e criminalizar a loita exemplar que emprenderon os traballadores e traballadoras de instalacións deportivas.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
#1.- TOP EM GALIZA
Xose Lois|18-03-2010 18:05
Coma sempre.Ja o "anano" do Pardo dijonolo: tudo  esta "atado e bem atado"Ontem TOP ahora AN.A longa mao da justiza posfranquista aplica a suas repressons contra o sindicalismo em Galiza.Fora  tribunais de excepçom,fora juizes fascistas de Galiza.   
Valoración: 1
| Avisar provocación