Buscar  
Desde Oventic: 15 anos de resistencia zapatista
Iván Prado envíanos de Chiapas a súa 2ª crónica, na que nos fala da celebración do ano novo, do primeiro festival da Digna Rabia e da preparación da formación de novos grupos de pallasos zapatistas.
Vieiros | Para Kaos en la Red | 5-1-2009 a las 0:11 | 1319 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/desde-oventic-15-anos-resistencia-zapatista
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Oventic, o segundo caracol, é posiblemente o máis impactante de todos os centros neurálxicos do neozapatismo. Construido sobre unha lomba de radical pendente, tén unha chea de edidficacións rebeldes que se distribúen ao redor da estrada central -que leva desde a entrada principal ata o templete zapatista-, coma se dun enorme esquelete de balea se tratase. A casa da Xunta de bo goberno, a clínica, as cooperativas, a caseta de vixilancia, comedores populares, o auditorio..., en fin, un cento de lugares que, cando a néboa comeza a caer sobre esta zona dos altos de Chiapas onde os tzotziles gobernan desde antigo, adquiren unha condición realmente máxica, converténdose nun enorme navío a través de mares de brétema e misterio.
 
De misterio e festa estivo chea a noite do 31 ao 1 de xaneiro, durante a celebración dos 15 anos de levantamento que o movemento guerrilleiro incluiu dentro do festival mundial da Digna rabia. Entre indígenas rebeldes fixemos o tránsito dun ano a outro coa vivencia de acompañar, unha vez mais, o camiñar desta revolta universal. Entre postos fumeantes de elote (millo cocido) e berros de ¡Zapata vive! vimos desfilar a ducias de autoridades comunitarias encarapuchadas e vestidas coas roupas tradicionais que, ademais do bastón de mando, traían unha mensaxe de benvida para as cerca de 2000 persoas que alí estabamos. Xusto cando a lúa facía a súa aparición nun ceo estrelado e limpo, a festa da palabra e o baile comenzaba.
 
Actuacións, debates informais, bromas e tarefas domésticas como atopar un oco no que pendurar a nosa hamaca baixo cuberto, foron o noso divertimento mentres se achegaba a hora máxica do levantamento armado que mudou a historia recente de México e a de parte da humanidade. Así foi que cando en México eran as 11 da noite, en Galicia as 6 da mañá e no reloxo rebelde as agullas marcaban o intre exacto no que o novo ano zapatista iniciaba, fixo entrada a comandancia xeral do EZLN -representada polo Comité Clandestino Revolucionario Indíxena- para, de novo, agradecer a nosa presenza durante estes 15 anos e dar a mensaxe última da comandancia a través da pausada e sincera voz do comandante David, un dos lideres historicos do movemento e, ao o meu ver, unha das voces máis contundentes do neozapatismo. Nesta ocasión a misiva era clara: "Seguimos vivos, despois de 500 anos de colonialismo, 25 anos de existencia e 15 de resistencia activa, a flor da palabra dos homes e mulleres do millo segue viva".
 
Logo de 5 horas de baile esgotador, sen que ningunha compa da cor da terra quixera facerme os honores, fomos para a hamaca coa retina chea de imaxes inolvidables deste pobo loitador e xeneroso que incluso en metade dunha guerra de baixa intensidade sabe compartir a súa vida e o seu corazón.
Pola mañá, despois de varias visitas, esperas e risas, a nosa xunta, a do V caracol que fala para todos, exiliada en Oventic desde fai uns meses, recíbenos para confirmarnos, finalmente, que a formación dos novos equipos de pallasos zapatistas vai ter lugar en Joljá e no recinto do caracol de Roberto Barrios. Case dez días de formación que precederan a nosa xira polas comunidades en resistencia.
 
Unha vez máis os Pallasos en rebeldía comezan a súa aventura pola zona norte de Chiapas nun momento no que os paramilitares teñen tomados parte dos centros de loita, pero despois de 15 anos de exemplo zapatista sabemos que nós tampouco podemos perder, como imos perder se somos un exercito de soñadores......?
 
Lokonuk, San Cristóbal, 1º de xaneiro
http://www.vieiros.com/nova/71156/desde-oventic-15-anos-de-resistencia-zapatista
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Continúa en el CIDECI (San Cristóbal de las Casas) el Primer Festival Mundial de la Digna Rabia

Secretaria de Relaciones Internacionales de CGT | Para Kaos en la RedLa CGT ha participado en la mesa “Otro Mundo, Otra Política” José Pascual Rubio Secretario de Relaciones Internacionales de CGT
[4-1-2009] | 894 lecturas

Comunicado del Primer Encuentro Mundial de la Digna Rabia en repulsa del genocidio perpetrado por Israel

Primer Encuentro Mundial de la Digna Rabia | Comunicado de colectivos participantes en el Primer Encuentro Mundial de la Digna Rabia en repulsa del genocidio perpetrado por Israel contra el Pueblo Palestino.
[2-1-2009] | 1009 lecturas | 1 comentario

La Digna Rabia contra la Matanza en Gaza

Zapateando | Para Kaos en la RedEste crimen representa un aumento peligroso del holocausto permanente que se comete contra el pueblo palestino con el financiamiento de EEUU y el silencio cómplice, hipócrita e indigno del mundo.
[31-12-2008] | 1057 lecturas | 1 comentario

Sobre el Festival de la Digna Rabia

José Pascual- CGT | Para Kaos en la RedArtículo del Secretario de RRII de CGT, valorando la intervención a través de la presencia y discurso de Jacinto Ceacero, Secretario General, y comunicado de la mesa de despojo.
[31-12-2008] | 1547 lecturas | 2 comentarios

Llega a Chiapas primer Festival Mundial de la Digna Rabia

Hermann Bellinghausen en La Jornada | Para Kaos en la RedEl Festival se traslada a Chiapas para la conmemoración del 15 aniversario del levantamiento armado del EZLN. Los participantes condenan la horrenda matanza en Gaza.
[31-12-2008] | 1048 lecturas

Crónica del Festival Digna Rabia

Chemo - Digna Rabia | Para Kaos en la RedUna pequeña cronica de uno de los rinconcitos del festival el digna rabia; es decir, de un rinconcito del mundo, de un mundo de rinconcitos
[29-12-2008] | 1335 lecturas

Comienza el Festival de la Digna Rabia en México

Antonio Carretero | Kaos. MéxicoQUEDA INAUGURADO EL I FESTIVAL MUNDIAL DE LA DIGNA RABIA. Desde la delegación de CGT en el Festival de la Digna Rabia. Escribe José Pascual, secretario de relaciones internacionales de la CGT
[27-12-2008] | 1506 lecturas

Iniciado el I festival de la digna rabia

Javier Hernandez | ZapateandoCon palabras de la Grecia insurrecta, inició en México D. F. el Primer Festival Mundial de la Digna Rabia
[27-12-2008] | 1307 lecturas

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Solidaridad

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)