Buscar  
¿De que piratas se fala? (I)
Nin no noso litoral nin tampouco mar a dentro, máis alá das portas do noso Océano Atlántico, ningún mariño dos nosos avistou ningún navío corsario en estes últimos tempos.
Protágoras | 9-11-2009 a las 11:39 | 1138 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/de-que-piratas-se-fala-i
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

¿De que piratas se fala?[1]

 

Pois, se é polo que sabemos, non podemos dicir nada. De entrada, nin corresponde a este espacio tratar de piraterías, porque nin veñen ó caso, por ser, pola súa natureza, fenómeno extemporáneo nin por non darse as correrías, que o delaten como existencia fiable, en augas xurisdiccionais da Comarca de Barbanza. Nin no noso litoral nin tampouco mar a dentro, máis alá das portas do noso Océano Atlántico, ningún mariño dos nosos avistou ningún navío corsario en estes últimos tempos. Nin sequera, aquí entre nós, hai ningún pirata activo do mar, polo nome coñecido, dende os tempos de Galvao (en 1961).

Non obstante, tampouco por esta vez será o Miradoiro Virtual quen encabece a ruptura no cumprimento das normas, que outros xa o fixeron antes, para falar deste tema. Por exemplo, en este mesmo curruncho, aquí, nesta mesma páxina, na que figura este espacio, ó día 13 de outubro, un colega esixía ó Goberno do Estado, que preside Zapatero, que pagase dunha vez o rescate dos tripulantes do pesqueiro vasco “Alakrana”,pero sen pór en perigo a vida dos mariñeiros, “unha vez que (este mesmo presidente) non soubo evitalo antes.” E posto que –como así mesmo opinaba– “combater a piratería tamén forma parte da seguridade do mundo... e dos nosos pescadores.” Xa que, aínda antes de deducir este aserto, propoñía: “Cando os mariñeiros estean salvos, que os nosos políticos con Colomer a cabeza demanden que para nós e para nosa maltreita economía antes que Afganistán está o Índico.” Doutro xeito el mesmo nos evocaba a extinción da nosa industria por escaseza de materia prima. Que non en vano radica nesta comarca “o porto mais importante de Europa en descarga de túnidos”, así como as mesmas “industrias de Bodión e de Couso”, que citaba.

Mais, non é tanto a relación dos piratas do Índico ca comarca de Barbanza, tal e como se establece no comentario anterior, o que nos fai preguntarnos de que piratas falamos, senón a propia desconfianza sobre a memoria infantil: A pesar de que observamos como os medios de información oficial están tratando este tema dende unha soa visión, exclusivista e maniquea, case raiana no trato do estrictamente moral e, sobre todo, en canto as explicacións que dan das motivacións que teñan “os piratas somalís” para exercerse nas prácticas do secuestro de buques en alta mar, sexan de carga ou de pesca, non podemos admitir que sexan catalogados, pola súa actividade, como se fosen afíns ós malvados berberiscos dos contos da nosa infancia ou, mesmamente, que sexan equiparados en prácticas de rapinas ós corsarios caribeños, máis antigos e modernos, das Pequenas ou das máis Grandes Antillas.

E, precisamente, foi a mesma desconfianza pola memoria infantil, froito tan só de experiencias asentadas nas lecturas de “tebeos”, fronte a estoutras explicacións, que hoxe nos dan dos piratas as fontes de información, máis serias e, por suposto, eficaces en canto a veracidade, en tanto que reproducen a mesma realidade, sen dubida, porque o fan en directo, tal como é no momento, ó retratala ó instante... En fin, que o impulso do noso empeño ven dado polo impacto causado ó entendemento propio polo contraste entre as imaxes subxectivas da memoria e as do retrato actual da obxectividade que outros pretenden mostrar. Esto foi o que nos fixo indagar en fontes alternativas –sabemos que sempre as hai–, para saber, en verdade, de que piratas se fala o de que falamos nós.

Pola primeira, –sen detallalas razóns, posto que só preguntamos ‘de que piratas’– esto foi o que atopamos: “Los ‘piratas’ somalíes son pescadores en lucha contra el saqueo occidental de la pesca de arrastre y la descarga de basura tóxica en las aguas y frente a las costas de Somalia. Non son, polo que din de si mesmos, bandidos do mar, senón que consideran que os bandidos son os que pescan ilegalmente e os que descargan a vasoira (desfeitos radioactivos e metais pesados) nos seus mares, que eles mesmos, tratan de protexer, incluso armados, a falta dun estado organizado e forte que os defenda. Por esto é que preguntamos ¿de que piratas se fala?

Quede a pregunta no aire e mentres, sexa por esta ou por outra, sexa o lector quen indague, xa que nós nin indo pola segunda, aínda sendo máis caseira, porque nos veu de Olegario, tampouco diremos nada, posto que non queda espacio. Queda, pois, outra tirada para o domingo que ven.

PROTÁGORAS



[1] Opinión que xa foi publicada en “La Voz de Galicia”, na edición de Barbanza o 24-10-09. Como esta seguirían outras dous artigos de opinión sobre o mesmo tema, pero dos que o segundo, por razóns que se evidencian no seu contido, xa foi censurado (e o mesmos sucederíaco III). De aquí que busque a forma de publicalos librementee recorra a este medio, a Kaos, opción na que xa publicaron en numerosas ocasión, aínda que en Castelán,baixo distintos pseudónimos.

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Análisis de la Comunicación Galiza Heterodoxias

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)