...na memória de Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, anarco-sindicalista da CNT e utilizando o título do libro de Carlos Parrado, “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco”. 
O acto foi precedido de unha palestra organizada en Melide pola asociación, tamén de recuperación da memória histórica “Terra de Melide”, na que falaron Carlos Parrado o grande especialista e estudoso da figura de Curuxás ao que dedicou a sua vida e o historiador Carlos Velasco, profesor da Universidade da Coruña, glosando a figura do combatente libertário perante un público totalmente entregado à causa de Curuxás, pois entre os asistentes estaban parentes e veciños, o guerrilleiro que mantivo a dignidade e a resisténcia contra o fascismo até o 14 de Maio de1967, en que morreu de morte natural no Freixeiro – Palas de Rei, comarca da Ulloa. 
As causas polas que Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, foi quen de resistir ao fascismo durante 31 anos en clandestinidade, pudemo-las perceber neste acto pola cantidade de veciños e veciñas que asistiron, pois foi grazas a este    apoio que o Curuxás pudo resistir tantos anos às forzas represivas da guarda civil. Unha representación da CNT asistiu para lembrar ao noso compañeiro, colocando unha bandeira da CNT e agradecer aos veciños e veciñas da comarca a solidariedade mostrada con Curuxás durante tantos anos, o que permitiu que o facho da liberdade continuara aceso nas terras de Melide e da Ulloa.
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
#1
30-06-2009 14:12
Que noticia más bonita :)
Valoración: 0
| Avisar provocación
#2
Betanceiro|01-07-2009 08:55
Gracias polo comentario.
Nos recollemos a mesma no noso blog:
http://cntbetanzos.blogspot.com/
Valoración: 0
| Avisar provocación
#3.- para saber máis
lenine|05-07-2009 15:57
mirar livro de carlos parrado,em a nosa terra,"CURUXÁS O GUERRILLEIRO QUE NON DEU CAZADO FRANCO",....
de pequenos e pequenas,todos e todas soubemos dalgúm episodio de este home in-menso...
sabede que foi enterrado cos cartos das gentes do lugar...
muitas coisas a recordar...na lembrança de muitos e muitas aínda hoje...
Valoración: 0
| Avisar provocación