Buscar  
[A Coruña] Xornadas sobre a lingua. “Arredor de sí: fronte á inmersión no silencio”
Música, cinema, debate... jornadas sobre língua na Corunha.
LSO Casa das Atochas | 21-5-2009 a las 0:11 | 1913 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/coruna-xornadas-sobre-lingua-arredor-si-fronte-inmersion-no-silencio
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Xoves 21 de maio 
20.30 horas. Proxección-presentación Fronteiras (2007) de Rubén Pardiñas. Presentación do filme a cargo do director, Rubén Pardiñas. 

Rubén Pardiñas (Vigo, 1976), como guionista é autor da curtametraxe documental Lo más profundo es la piel, peza producida para o Festival Internacional de Arte Contemporáneo en Barcelona BAC! 2004. En 2007 escribiu e dirixiu o documental Fronteiras, que acadou o Premio AvidHoc ´Xpréssate en Tui´ ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui. Actualmente traballa na produtora madrileña Pasacana Films, coa que está a preparar varios proxectos. Paralelamente á súa andaina no campo audiovisual, desenvolve unha intensa actividade como escritor e crítico de arte. É autor do libro Seamos serios pero no tanto. Arte, filosofía y la persistencia de lo sublime (Lengua de Trapo, Madrid, 2004) que mereceu o II Premio Caja Madrid de Ensayo. Tamén é autor do ensaio Emancipació, de qué? Una visió pragmatista de l´art contemporani (XII Premi Espais a la Crítica d´Art, Girona, 2001) así como de numerosos artigos e colaboracións en medios especializados como Papers d´Art, artszin.net, Noroeste e Liberlect.

Mércores 27 de maio 
20.00 horas Palestra-coloquio "Literatura Infantil e Xuvenil galega" a cargo de Xabier DoCampo. 

Xabier DoCampo (Rábade, 1946), “nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). 
Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. 
Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra 
Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. 
Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios. 
Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra. Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) (…)” 

Xoves 28 de maio 
20.30 horas Palestra "A crise da língua e a lógica do Mercado" a cargo de Celso Álvarez Cáccamo. 

Celso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1958) é un escritor e sociolingüista galego. Filho de José María Álvarez Blázquez, entre 1975 e 1990 estudou e viviu en Compostela, Barna, Buffalo (EUA) e Berkeley (EUA). 
Licenciado en Filologia Hispánica pola Universidade Central de Barna. Doutor en Filología Hispánica, a sua tese de doutoramento: The Institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power, and Ideology in Public Discourse foi apresentada na UC Berkeley. É master en Língua e Literatura Espanholas pola State University of New York en Buffalo. É professor titular de Linguística geral na Universidade da Corunha. 
É autor de múltiples artículos académicos relacionados coa sociolingüística. Administrador da página Versão Original e da revista çopyright de pensamento, crítica e intervençom. Ademais é colaborador de Vieiros. 

Venres 29 de maio 
20.30 horas Proxección de Os señores do vento (2008) de Xurxo González, coa presenza do autor e Tino Baz, compositor da banda sonora. 

Xurxo González (A Guarda, 1973), crítico de audiovisuais na revista Tempos Novos, colaborou con artigos en revistas como Cahiers du Cinéma-España, Madrigal, Quintana, Pontenova e Ag escribiu artigos nos xornais Faro de Vigo e n´A Peneira, asesor e analista audiovisual, documentalista e catalogador en arquivos audiovisuais de RTVE-G, coordinador do libro Manoel de Oliveira para o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e do libro Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 do Centro Galego da Arte Contemporánea (CGAC), investigador para o Consello da Cultura Galega e para a USC, Profesor no Máster de Conservación do Patrimonio (USC), traballou para o Instituto Cesing, creador de contidos da Axencia Audiovisual Galega (AAG), coordinador das plataformas na rede do Teutubo e de Flocos.tv, programador galego do Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Português e é guionista e realizador amadorista (Argazo, 2005, Dies Dei, 2008 e Os señores do vento, 2008). 

Concerto de Tino Baz 
"Cantautor Guardés nado en 1972 no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés. 
Coñece e participa das primeiras edicións da FESTA DA POESÍA do Condado, alá polos albores dos anos oitenta, onde sendo neno, albiscaba un espacio cultural diferente, alí precisamente onde xermolaba unha mensaxe lírica de combate e de reinvidicacón nacional a través da palabra. No verán do ano 1.990, o cantautor recentemente falecido Suso Vaamonde fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo “A RODA”, como gaiteiro, cantor e percusionista, nacendo dende aquela entre ambolosdous unha relación de amizade que se iría enriquecendo co paso dos anos, e que viría a ser decisiva no desenrolo de Tino, como músico e cantor. Proba diso, son as referencias cronolóxicas i estéticas daquel voz ceibe dos anos setenta, das que Tino se nutre como principal fonte da poesía galega cantada. Inflúe nel, ostensiblemente, a pegada de “FUXAN OS VENTOS” e mais concretamente “A QUENLLA”, fundamentalmente a través dos compañeiros e amigos Mini e Mero. Defensor a ultranza do galego, entende que é necesario e triste a férrea postura na cuestión idiomática. 
O contido do seu repertorio na súas actuacións é o resultado do tratamento de adaptacións de pezas populares mesturado cá palabra dos poetas. Así atopamos xunto a melodías tradicionais, musicacións de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, Xosé Carlos Gomez Alfaro, Manolo Pipas, Francisco Álvarez Koki, ou mesmo a veciños seus que atopan na poesía unha boa canle de expresión. Tamén hai un espacio para musicacións de textos feitos por él mesmo. 
Neste intre, atòpase inmerso na presentación da publicación discográfica que leva por tìtulo CINSA NAMORADA. (...)"

Mércores 10 de xuño 
20.00 horas Palestra "Literatura e Política na Galiza" a cargo de Xosé María Dobarro. 

Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), catedrático de Literatura Galega na Universidade da Coruña. 
http://aculturapreokupa.blogaliza.org
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Cultura Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)