Buscar  
Coruña: Retirada da estatua. "Millán Astray era un fascista impresentable non era un coruñes de pro. ¡adeus!"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña despediu hoxe a estatua coa colocación dun cartel: "Millán Astray era un fascista impresentábel. Non era un coruñés de pro. ¡Adeus!”.
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña | Para Kaos en la Red | 22-1-2010 a las 19:56 | 1722 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/coruna-retirada-da-estatua-millan-astray-era-fascista-impresentable-no
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

A CRMH despide a Millán Astray coa colocación dun cartel
 
MILLÁN ASTRAY ERA UN FASCISTA IMPRESENTÁBEL
NON ERA UN CORUÑES DE PRO. ¡ADEUS!

 
 
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña despediu hoxe a estatua de Milláns Astray coa colocación ás 12 da mañá dun cartel no lugar que ocupaba a estatua: “Millán Astray era un fascista impresentábel. Non era un coruñés de pro. ¡Adeus!”.
 
Para a CRMH hoxe é un día histórico porque se elimina o principal símbolo franquista da Coruña. Un día de gran alegría para todas as persoas demócratas, amantes da xustiza e da liberdade, e, especialmente, para as familias de todas aquelas persoas que foron vítimas da represión franquista.
 
Valoramos positivamente esta actuación do goberno municipal, aínda que chega con moito atraso. A CRMH sempre reclamou a súa retirada, que non debía estar relacionada co inicio dunhas obras de remodelación da praza que leva o seu nome. Non aprobamos tampouco o procedemento, xa que se fixo clandestinamente e con nocturnidade.
 
Estamos ante unha conquista democrática, que só pode molestar a uns poucos nostálxicos do franquismo e a algúns políticos locais, que seguen a defender os símbolos franquistas e cualifican como coruñeses de pro a significados fascistas.
 
É unha conquista democrática despois de moitos anos de traballo. Lembremos que no Pleno de 5 de xullo de 2004 presentábase unha primeira moción para a retirada da simboloxía franquista da cidade e que non foi apoiada polo PSOE e PP. Posteriormente, outras mocións para a retirada da estatua de Millán Astray nos Plenos de 2 de maio de 2005, 7 de novembro de 2005 e 4 de abril de 2007, contaron tamén co rexeitamento de PSOE e PP.
 
É tamén moi positivo que a estatua estea depositada nun almacén municipal e cuberta por un toldo, porque é impresentábel. Esperamos que a ministra de Defensa, Carme Chacón, atenda a petición que fai a CRMH na carta que foi entregada hoxe na Delegación do Goberno, e que a estatua non sexa levada ao Museo Militar. Estamos pola súa fundición e que o material sexa a base do monumento que imos levantar en lembranza das vítimas do franquismo na comarca. En todo caso, esta estatua non pode estar máis que no Museo dos Horrores do Franquismo.
 
Non entendemos cómo despois da retirada da estatua pode aparecer a placa de “Praza de Millán Astray”, cando o Pleno aprobou a súa eliminación o 7 de setembro de 2009.
 
Moitas grazas pola vosa atención.
 
A Coruña, 22 de xaneiro de 2010
 
Asdo. Rubén Afonso Lobato, responsábel de Comunicación. 

 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Devuelven el título de hijo predilecto de A Coruña a Millán Astray

Raúl Baelo | Un juzgado de A Coruña da la razón a la hija del general franquista y le devuelve el título honorífico de hijo predilecto de la ciudad, que le fue otorgado en el año 1922.
[3-8-2011] | 1827 lecturas | 7 comentarios

Juiz corunhês admite recurso da família de Millán Astray contra a retirada da estátua

Diário Liberdade | Um tribunal do contencioso administrativo da Corunha admitiu a trámite um recurso da filha de Millán Astray contra a retirada da estátua do fundador da Legión, reconhecido fascista...
[31-3-2010] | 808 lecturas

El suegro de Gallardón : ¡¡ A mí La Legión !!

El Miliciano CNT-AIT, CHICLANA | En una tribuna libre, José Utrera Molina, habla sobre la retirada en Galicia de una estatua del general Millán Astray, fundador de la Legión y critica duramente "la mal llamada memoria histórica".
[2-2-2010] | 968 lecturas | 1 comentario

[Vídeo] Un militar despide con el saludo fascista (brazo en alto) a la estatua de Millán Astray en A Corunha

Kaos. Antifascismo | VariosEn un vídeo de TVE en Galicia, se aprecia como un hombre, vestido de militar, proclama un "¡Arriba España!" al tiempo que alza su brazo derecho, al estilo del saludo fascista, desde una ventana
[23-1-2010] | 4010 lecturas | 19 comentarios

Retiram estátua do fundador da Legiom espanhola do centro da Corunha

Kaos. Galiza | A Corunha continua a ser a cidade galega mais inçada de simbologia fascista na Galiza. Porém, hoje conta com um símbolo menos: a estátua de Millán Astray foi por fim retirada.
[22-1-2010] | 914 lecturas

Processados pola acçom contra a estátua de Millán Astray na Corunha nom delinquírom

Primeira Linha em Rede | Um tribunal corunhês evitou qualificar como delito umha das mais conhecidas acçons da campanha contra a simbologia franquista que a esquerda independentista tem realizado durante os últimos anos...
[20-12-2009] | 1145 lecturas | 1 comentario

Ex-legionários contra a possível retirada da estátua de Millán Astray na Corunha [GAL/CAS]

Kaos. Galiza | Um grupo organizado de Veteranos da Legiom da Corunha rejeitou a retirada do monumento ao fascista Millán Astray na Corunha, aprovada junto à doutros símbolos franquistas que deverám desaparecer.
[10-9-2009] | 963 lecturas

Antifascistas enfrentam 5 anos e meio de prisom e multas de 23.900 € por tentar derrubar estátua de Millán Astray

Kaos. Galiza | PSOE e BNG, à frente do Governo municipal corunhês, e a Associaçom de Legionários, constituírom-se em parte acusadora contra os três antifascistas galegos.
[18-4-2009] | 3447 lecturas | 13 comentarios

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Antifascismo Galiza Memoria histórica

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)