Buscar  
Contra a violencia machista, combater o patriarcado
A visibilidade que se conseguiu para as vítimas da violencia machista acabou nun relatorio de perdas ao longo do ano [...]
Isca! | iscagz.org | 3-3-2009 a las 23:23 | 411 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/contra-violencia-machista-combater-patriarcado
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

A primeira vítima da violencia machista na Galiza no 2009, así lembrarán as estadísticas a María Socorro da Silva de profesión prostituta. Iso será todo o que lembrará a sociedade cando, desgraciadamente, as cifras de mulleres mortas vaian aumentando e os números enchendo as follas dos xornais, unha, duas, a terceira…

A visibilidade que se conseguiu para as vítimas da violencia machista acabou nun relatorio de perdas ao longo do ano, cada vez que unha muller é vítima da violencia machista e perde a súa vida ocupa esas primeiras planas dos sucesos, pasa a engrosar as listas e inmediatamente olvidamos que o problema segue ahí, que por cada muller que morre a mans da súa parella (entorno familiar, amizade…) hai centos que sofren cada día esa mesma violencia. Centos que pasarán tamén a engrosar novas listas, nestes casos de maltrato, mentres a sociedade continúa a non enfrontar o problema dende a base, dende a coedudación, dende un ataque frontal as estructuras patriarcais que seguen a relegar o papel da muller na sociedade, dende a revisión dunhas leis e políticas que non están a resultar eficaces na prevención da violencia.

De ISCA! amosamos a nosa preocupación pola situación de maltrato no que viven moitas mulleres e para as que non se artellan mecanismos de defensa que impidan desenlaces como o de María.

Reclamamos unha revisión das políticas de igualdade que se están a mostrar inúteis na prevención da violencia machista.

Defendemos o traballo e a loita pola conquista dun sistema non patriarcal que sitúe aos individuos nun plano de igualdade e xustiza social.

Sumamos a nosa voz á repulsa polo asasinato de María Socorro da Silva.

Apoiamos as mobilizacións que a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza está a convocar en todo o país na lembranza desta nova muller asesinada e na condena da violencia que sofren todas as mulleres
http://www.iscagz.org/contra-a-violencia-machista-combater-o-patriarcado/
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Mujeres y género

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)