Buscar  
Continuam a entrar ilegalmente gaseiros na ria de Ferrol em direcçom à central regasificadora
O Comité Cidadao de Emergência da Ria de Ferrol denuniou umha nova entrada irregular de um gaseiro em direcçom a Reganosa, que excede a capacidade permitida pola própria autoridade portuária.
Kaos. Galiza | 7-5-2009 a las 12:18 | 1577 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/continuam-entrar-ilegalmente-gaseiros-na-ria-ferrol-em-direccom-centra
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

Reproduzimos a seguir a denúncia realizada na passada terça-feira polo Comité de Emergência da Ria de Ferrol, que continua a manter as concentraçons de protesto cada vez que um novo gaseiro pom em risco a segurança da comarca, ao entrar numha ria que nom garante os mínimos no caso de um acidente.

Hoxe martes 5 de maio, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia, concentráronse ás 7 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia, como acontece sempre que entra un gaseiro cargado na nosa Ría.

O “LNG OYO” con bandeira de Bermudas, eslora 285,48 m. e manga 23,4 m.  excede da capacidade máxima permitida (140.000 m3) pola Autoridade Portuaria. 

Por este motivo,   o CCE, entregou a primeira hora da mañá, sendos escritos a Autoridade Portuaria e a Dirección General de la Energía, denunciando o incumprimento da súa propia normativa, advertindo das responsabilidades nas que incurrían e exisindo que tomaran medidas para impedir a entrada do buque.

O “LNG OYO” atracou hoxe en Reganosa, coa complicidade dos Organismos competentes, deixando a un lado a legalidade e a seguridade dos habitantes desta comarca, polo que o CCE resérvase levar adiante as oportunas medidas xurídicas que corrspondan.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-S.CIBRAO

MUELLE COMERCIAL S/N -  15401 FERROL

DIRECCION GENERAL DE LA ENERGIA

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO

Paseo de la Castellana, 160 -  28046 Madrid

O abaixo asinante Manuel Angel Rodriguez Carballeira, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, con DNI ..……….. e enderezo, ………………………………, se dirixe a Vde. e Expón:

Estando prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro “LNG OYO” cargado con GNL e con destino á Planta de Reganosa, que a capacidade do citado gaseiro sobrepasa os 140.000 m³ otorgados a Reganosa, establecida nas normas de seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros; con base ao cual tamén se otorgou á autotrización de construcción.

A entrada de dito gaseiro suporía un incumplimento flagrante e doloso das normas de seguridade e da autorización de construcción e cuia tolerancia podería acarrear responsabilidades personais para os organismos de control. Por todo elo, lles Solicito a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na Ría de Ferrol do citado gaseiro.

Ferrol a 05 de Maio de 2009

Asdo. Manuel A. Rguez. Carballeira

Coordinador do CCE. 

http://cociudem.wordpress.com/2009/05/05/outro-gaseiro-que-excede-a-capacidade-na-nosa-ria/
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

REGANOSA: Unha Planta perigosa e innecesaria

Comité de Emerxencia da Ria de Ferrol | Reganosa sae aos medios de comunicación cunha campaña de imaxe e medias verdades, posibelmente elaborada pola redacción da axencia INCIS, contratada desde o 2001 pola empresa regasificadora.
[6-1-2010] | 1278 lecturas

Domingo 16: Concentración contra a entrada do Gaseiro nº 50 á regasificadora de Reganosa

CCE da Ria de Ferrol | Concentración diante do Edificio da Xunta de Galiza, praza Amada Garcia, Ferrol.
[15-8-2009] | 1546 lecturas

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca III Marcha a Pé polo desmantelamento da planta de gás

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | Unha vez máis unha marcha a pé irá desde Ferrol até Mugardos o Xoves 23 de Xullo, no 2º aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, pola veciñanza de Meá que durou 111 días.
[22-7-2009] | 1426 lecturas | 1 comentario

Vídeo do Roteiro contra Reganosa em Ferrol

UL | Vídeo realizado por GNUL, sobre o Roteiro contra Reganosa convocado pola Rede Galiza Non Se Vende en Ferrol, o 5 de xuño de 2009.
[14-6-2009] | 1039 lecturas

Centos de persoas claman en Ferrol contra a planta de gas

GNSV | Convocada pola rede Galiza Non Se Vende e polo Comité de Emerxencia desenvolveuse en Ferrol unha manifestación que tivo como principal proclama a oposición á planta de gas de Reganosa.
[6-6-2009] | 1493 lecturas

Comité de Emergência da Ria de Ferrol contra novo responsável da Autoridade Portuária, ligado a interesses privados

CCE | O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, acordou remitir sendos escritos ao Presidente da Xunta de Galicia e Presidentes dos Grupos Parlamentarios de Galicia...
[2-6-2009] | 793 lecturas

Manifestación Roteiro em Ferrol: Planta de Gás de Reganosa, fora da Ria!

Comité Cidadán de Emerxencia da Ria de Ferrol | Venres, 5 de Xuño, Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da Ría de Ferrol. Convocada pola Rede "Galiza Non Se Vende".
[29-5-2009] | 1248 lecturas

Xornada aberta de formación cidadá en Ferrol: O que cumpre saber sobre Reganosa

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | Trátase dun acto de formación e convivencia, aberto a asistencia e participación, co fin de coñecer e actualizar aspectos fundamentais en torno a amenaza da Planta de Gas no interior da nosa Ría.
[20-5-2009] | 1593 lecturas

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Ecología Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)