Buscar  
Concentraçom solidária com a sindicalista galega "acusada" de ajudar imigrantes sem papéis
A detençom da sindicalista da CIG Laura Bugalho, no seu posto de trabalho em Compostela, parece dever-se ao seu trabalho em apoio à populaçom imigrante. A activista ficou livre nesta mesma manhá.
Kaos. Galiza | 28-5-2009 a las 9:25 | 1739 lecturas | 4 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/concentracom-solidaria-com-sindicalista-galega-acusada-ajudar-imigrant
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

Hoje mesmo ficou livre Laura Bugalho, depois de apresentar declaraçom perante o juiz. Ontem, às 20h30, mais de 200 pessoas manifestárom-se polo centro da capital da Galiza até a esquadra policial para reclamar a liberdade da trabalhadora de CIG-Imigraçom em Compostela, Laura Bugalho, conhecida polo seu importante labor em apoio à populaçom trabalhadora imigrante, além de activista do movimento LGBT galego.

Apesar da falta de interesse de umha parte da direcçom do seu próprio sindicato, as bases do mesmo, imigrantes e membros dos movimentos sociais da cidade aderírom à convocatória, realizada com urgência via SMS e na rede, para exigir a saída dos calabouços da sindicalista. A atitude da dirigência sindical foi denunciada polo Movimento pola Base, organizaçom política em que milita a detida. Para o MpB, a posiçom da burocria sindical foi de "distáncia e  cobardia", já que “negou o seu apoio formal e público à nossa companheira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura”.

Laura Bugalho foi detida pola polícia espanhola na manhá da terça-feira, sendo-lhe requisado diferente material do seu escritório nos locais da CIG de Compostela. O seu apoio à populaçom trabalhadora imigrante com mais problemas sociais e a sua constante denúncia de máfias relacionadas com a imigraçom estám na origem deste operativo repressivo.

Após ter passado as duas últimas noites nos calabouços da esquadra policial compostelana, prevê-se que hoje à manhá seja interrogada nos tribunais de justiça das Fontinhas. Solidárias e solidários com Laura Bugalho voltárom a concentrar-se para a receberem, lembrando que "defender imigrantes nom é nengum delito".

Comunicado emitido polo Movimento pola Base após a libertaçom de Laura Bugalho:

Laura Bugallo en liberdade!       

A Mesa Nacional do Movemento pola Base quere amosar a súa solidariedade coa compañeira sindicalista Laura Bugallo. 

Laura é unha persoa sobradamente coñecida na comarca de Compostela polo seu traballo en prol da defensa dos dereitos humanos e laborais das persoas inmigrantes tanto desde o seu traballo na CIG Migración como noutros foros e redes de axuda a este colectivo. 

Deste xeito consideramos que a detención de Laura é unha caza de bruxas contra aqueles sectores da sociedade galega solidarios coas persoas inmigrantes e que fan máis leve no dia a día a aplicación da inxusta lei de Estranxeria, e que sempre loitaron en contra desta inxusta lexislación. 

Preguntámonos se a dureza aplicada contra Laura por parte das autoridades xudiciais e policiais, máis de 48 horas encarcerada, detención no lugar de traballo, rexistro do seu domicilio, etc, tamén son aplicadas aos empresarios que todos os dias explotan man de obra inmigrante sen dereitos, e que son os novos escravistas do século XXI, gozando de total impunidade. 

Nese sentido, non nos deixa de sorprender a posición de indiferenza, distancia e cobardia manifestada por parte da maioría da dirección da central sindical nacionalista CIG, na que Laura exerce o seu labor sindical, traballo polo que precisamente foi detida. Nestes duros momentos a maioría da dirección da CIG non estivo á altura, negou o seu apoio formal e público a nosa compañeira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura. 

Todos e todas os que coñecemos a Laura non dubidamos da súa incuestionábel labor e traballo solidario e honestidade na loita contra a inxustiza nas leis que considera a certas persoas ilegais e favorecen situacións de neoescravitude, negando dereitos humanos a persoas polo mero feito de ter nacido en países empobrecidos. 

Por último, sentímonos moi orgullosos e orgullosas do apoio amosado o mércores 27 de maio por múltiples persoas, colectivos e organizacións que se manifestaron en solidariedade con Laura, e que desde a Praza do Toural até ás portas da comisaria máis de 200 persoas se mobilizaron pola liberdade de Laura e cun berro unánime: defender inmigrantes non é delito!   

http://www.polabase.net/novas/20090528/laura-bugallo-en-liberdade
 
Más información:



Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Mais solidariedade com Laura Bugalho

Kaos. Galiza | Mais iniciativas e posicionamentos de solidariedade com Laura Bugalho, represaliada por ajudar trabalhadoras e trabalhadores imigrantes.
[31-5-2009] | 2519 lecturas | 2 comentarios

Concentración: Libertad sin cargos de Laura Bugalho! Defender a las personas migrantes no es delito!

Varios firmantes | Para Kaos en la RedZaragoza: Domingo 31 de mayo, 20:00 horas en Pza. España.
[29-5-2009] | 1642 lecturas | 1 comentario

Corunha: Concentraçom em solidariedade com Laura Bugalho e as pessoas migrantes

Maribolheras Precárias | Domingo 31 de Maio às 12h30 diante da Delegaçom do Governo espanhol na Corunha.
[29-5-2009] | 949 lecturas | 4 comentarios

Concentración o 27 ás 20.30 no Toural pola liberdade de Laura Bugallo: defender inmigrantes non é delito!

MpB | Informamos da convocatoria dunha concentración este mércores 27 de maio na Praza do Toural ás 20.30 para reclamar a liberdade da nosa compañeira Laura Bugallo...
[27-5-2009] | 1367 lecturas | 3 comentarios

Comentarios (4)

#1

28-05-2009 13:41

LAURA SOLIDARIEDADE!! QUE DETEÑAN A BOTÍN . NON Á DIRECTIVA DA VERGOÑA, NON Á UE RACISTA E XENÓFOBA DO CAPITAL

Valoración: 3    |  Avisar provocación

#2.- ¡¡PATRIA O MUERTE,VENCEREMOS¡¡

Xose Lois|28-05-2009 17:26

Solidaridade com Laura Burgalho.

Valoración: 2    |  Avisar provocación

#3

28-05-2009 18:58

POLIZIA HILTZAILEA
PSOE ARRAZISTA

Valoración: 1    |  Avisar provocación

#4.- Dende logo que venceremos!

GZlivre!|28-05-2009 19:10

Canto mais fraca esteja a máquina capitalista mais erros há de cometer. Mais se ha de ver na obriga de usa-la repressom. E mais há quedar á vista do povo a sua verdadeira pessoalidade monstrosa. Estamos no caminho correto, pois contra a razom da forza dámos-lhes coa forza da razom.

Umha aperta agarimosísima para Laura e para a sua xente.

Valoración: 2    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Inmigración Kaos TV

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)