Buscar  
Concentración en Tui en demanda da readmisión de tres traballadores/as do sector das ambulancias
Máis de cen delegados e delegadas do sector das ambulancias concentráronse diante do centro de saúde de Tui e da oficina de Ambulancias Tui para reclamar a readmisión de tres compañeiros/as despedidos
CIG | Para Kaos. Galiza | 23-2-2009 a las 20:07 | 535 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/concentracion-tui-demanda-da-readmision-tres-traballadoresas-do-sector
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

Pastoriza explicou que dende o inicio das negociación foron despedidos catro traballadores/as de ambulancias, un en Carballo (que xa foi readmitido), outro no Grove e outros dous en Tui “e as empresas ameazan con novos despedimentos”. Pastoriza asegurou que os empresarios pretenden levar a cabo a negociación cos traballadores “atemorizados” pola vaga de despedimentos, por iso, afirmou, “a CIG vaise retirar das negociacións se non se avanza na readmisión destes tres traballadores”, en referencia á próxima xuntanza do xoves 26 de febreiro.

Os delegados e as delegadas de CIG e CCOO que participaron na convocatoria estiveron concentrados diante do centro de saúde de Tui, para logo desprazarse até as instalacións de Ambulancias Tui, empresa que despediu a un traballador e unha traballadora. Os delegados/as tamén cortaron durante un anaco o tráfico nunha das principais rúas da localidade. As mobilizacións continuarán no caso de que a patronal non readmita de inmediato aos despedidos/as.

O sector das ambulancias emprega en Galiza a máis dun milleiro de traballadores/as que buscan no novo convenio mellorar as súas condicións salariais e de xornada laboral, principalmente. A respecto deste último punto, Pastoriza apuntou que as demandas pasan pola eliminación das chamadas “horas de presenza”, que terían que pasar a considerarse horas extras.

Novas relacionadas

http://www.galizacig.com/avantar/novas/23-2-2009/concentracion-en-tui-en-demanda-da-readmision-de-tres-traballadoresas-do-sector-das-
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)