Buscar  
Concentración nos xulgados de Betanzos contra a impunidade no C.P Teixeiro
A Comisión de Denúncia da Galiza e Esculca convocan a unha concentración nos Xulgados de Betanzos para o martes 19 de Xaneiro. A CNT apoia a convocatória e chama a participar.
CNT-Compostela | CNT-Galiza | 13-1-2010 a las 10:24 | 563 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/concentracion-nos-xulgados-betanzos-contra-impunidade-no-c.p-teixeiro
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
Cartaz da concentración Comisión de Denúncia da Galiza e Esculca convocan a unha concentración nos Xulgados de Betanzos para o martes 19 de Xaneiro, cando às 10 da mañá terá lugar o xuízo contra vários funcionários do Centro Penitenciário de Teixeiro por malos tratos e torturas denunciados por vários internos. Desde a CNT de Compostela, en resposta à chamada recibida deste estas organizacións anti-represivas e que luitan polos direitos humanos de todas as persoas, chamamos a participar nesta concentración.

Desde hai bastantes anos as denúncias por rigor desnecesário e torturas son constantes no módulo de isolamento deste centro penitenciário.

As primeiras de que se tivo coñecimento son do ano 1999. O 3 de Decembro deste ano o próprio xulgado de vixiláncia penitenciária da Coruña (Expediente 9108/99) ditou auto en que criticava a actuación dos funcionários deste módulo e declarava non axustadas a direito as medidas tomadas contra alguns internos: suxeición mecánica (alxemas con grilletes) durante catro días e isolamento provisório durante cinco días.

Estes feitos non transcenden facilmente dado que, como norma, os presos son transladados despois de se ter producido a agresión. Nesto, son varias as denuncias interpostas por varios presos a raíz do que os medios de comunicación deron en chamar o "Motín de Teixeiro"...

O próximo día 19 de xaneiro, está sinalado xuizo de faltas con varios funcionarios imputados: faise importantísimo que se vexa o apoio da sociedade aos presos denunciantes...

Xa sabedes, ás 10:00 horas na praza de diante dos Xulgados de Betanzos

http://www.cntgaliza.org
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Comentarios (1)

#1.- Fica desconvocada

um|16-01-2010 10:28

Anunciou-se a desconvocatoria do acto pela suspensão do xuizo.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Derechos Humanos Galiza Guerra / Criminalización / Represión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)