Buscar  
Concentración o 27 ás 20.30 no Toural pola liberdade de Laura Bugallo: defender inmigrantes non é delito!
Informamos da convocatoria dunha concentración este mércores 27 de maio na Praza do Toural ás 20.30 para reclamar a liberdade da nosa compañeira Laura Bugallo...
MpB | 27-5-2009 a las 16:14 | 1389 lecturas | 3 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/concentracion-27-as-20.30-no-toural-pola-liberdade-laura-bugallo-defen
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

... detida na xornada de onte pola Policia Nacional, nunha clara campaña de ataque e acoso á rede de apoio das persoas inmigrantes na Galiza. Porque defender os inmigrantes non é delito, achegáte a amosar a túa solidariedade e difunde!

Detención de Laura Bugallo

O  martes 26 de maio a Policia Nacional, por orde da Subdelegación do Goberno, procedía á detención da compañeira Laura Bugallo, traballadora da CIG-Migración en Compostela, incansábel loitadora na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, asi como coñecida pola súa actividade no feminismo e no movemento LGBT, nomeadamente desde o seu labor en Transgaliza polo recoñecemento dos dereitos e da visibilización das transexuais. 

Detiñan a nosa compañeira, integrante da Mesa Nacional do Movemento pola Base, por un suposto delicto de "falsidade documental", que consistiría na axuda e tramitación desinteresada dos papeis a persoas inmigrantes. Asi, rexistraron tanto a súa oficina de traballo, levándose computadores e documentación, como a súa casa, onde tamén fixeron o mesmo.

Esta detención supón un ataque á rede de persoas e colectivos que como a nosa compañeira Laura Bugallo defenden e apoian en todo momento ás persoas inmigrantes. Reclamamos a súa inmediata posta en liberdade, e demandamos que remate esta persecución política contra quen loita polos dereitos dos e das inmigrantes.

Nese sentido informamos da convocatoria dunha concentración este mesmo mércores 27 de maio ás 20:30 na Praza do Toural, pola liberdade de Laura Bugallo e contra este ataque á rede de apoio das persoas inmigrantes porque  "Defender os inmigrantes non é delito!"

Acude e difunde. 

http://www.polabase.net/novas/20090527/concentracion-o-27-as-2030-no-toural-pola-liberdade-laura-bugallo-defender-inmigrante
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Mais solidariedade com Laura Bugalho

Kaos. Galiza | Mais iniciativas e posicionamentos de solidariedade com Laura Bugalho, represaliada por ajudar trabalhadoras e trabalhadores imigrantes.
[31-5-2009] | 2531 lecturas | 2 comentarios

Concentración: Libertad sin cargos de Laura Bugalho! Defender a las personas migrantes no es delito!

Varios firmantes | Para Kaos en la RedZaragoza: Domingo 31 de mayo, 20:00 horas en Pza. España.
[29-5-2009] | 1646 lecturas | 1 comentario

Corunha: Concentraçom em solidariedade com Laura Bugalho e as pessoas migrantes

Maribolheras Precárias | Domingo 31 de Maio às 12h30 diante da Delegaçom do Governo espanhol na Corunha.
[29-5-2009] | 952 lecturas | 4 comentarios

Concentraçom solidária com a sindicalista galega "acusada" de ajudar imigrantes sem papéis

Kaos. Galiza | A detençom da sindicalista da CIG Laura Bugalho, no seu posto de trabalho em Compostela, parece dever-se ao seu trabalho em apoio à populaçom imigrante. A activista ficou livre nesta mesma manhá.
[28-5-2009] | 1745 lecturas | 4 comentarios

Comentarios (3)

#1.- No tienen mas arma que la represion,pura y dura...fascistas.

Al|27-05-2009 18:11

Animo Laura, besos y apoyo, un abrazo y mimos para sus familiares y amigos.

Valoración: 1    |  Avisar provocación

#2.- Súmo-me a issa aperta solidaria para ti e os teus.

GZlivre!|27-05-2009 22:30

O fascismo avanza, qué resposta lhe imos dar?!

Valoración: 1    |  Avisar provocación

#3.- Fuerza Laura

Ernesto , Antonella y Claudia|28-05-2009 19:59

Animo y muchos besos, sabemos de tu lucha cuanto le jode al poder

Valoración: 2    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Galiza Guerra / Criminalización / Represión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)