Buscar  
Cómpre unha resposta social á ilegalización de Iniciativa Internacionalista
A roda de prensa convocada este sábado, 16 de maio, para denunciar o intento de ilegalización da candidatura ás eleccións europeas de Iniciativa Internacionalista (I.I)...
FPG | 20-5-2009 a las 1:37 | 1003 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/compre-unha-resposta-social-ilegalizacion-iniciativa-internacionalista
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb
contou coa participación dos camaradas da Frente Popular Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, Mariano Abalo e Xan Carballo amais do responsábel xeral da candidatura Luis Ocampo.
 
Méndez Ferrín, membro do Comité Central da FPG, condenou enerxicamente a ilegalización desta lista participada pola Frente Popular Galega e explicou o apoio dos sete camaradas da nosa organización na necesidade de artellar unha alternativa asentada nos principios do internacionalismo e a solidariedade entre os pobos oprimidos.
 
Para Ferrín, esta candidatura supón unha alianza histórica entre forzas políticas das diferentes nacións sen Estado, e pon en escena á esquerda real do Estado Español nos parámetros da loita anticapitalista, da defensa dos dereitos democráticos e da loita pola autodeterminación e o socialismo. Louvou a seguir a figura de Alfonso Sastre, cabeza de lista de Iniciativa Internacionalista, xa que amais de simbolizar décadas de loita antifranquista, logo do seu exilio no País Basco, encarnou e encarna aínda hoxe a loita deste pobo pola súa liberación, converténdose así nunha das voces máis autorizadas en Europa e no Mundo.
 
A decisión da ilegalización da lista electoral de I.I. insírese para Ferrín no programa político da IIª Restauración Borbónica deseñada por Franco, co apoio chave do PSOE e mailo PP, e ten un claro carácter tardofranquista.
 
Tamén Xan Carballo, camarada da FPG, reflexionou ao redor do carácter internacionalista desta Iniciativa, incidindo logo en que a denuncia do status quo, o cuestionamento do sistema capitalista, é a impronta que a loita obreira deixa nesta candidatura de clara raigame clasista.
 
Luis Ocampo, representante xeral da candidatura, afirmou que esta é perfectamente legal, xa que con data do 11 de maio a Xunta Electoral Central proclamou a súa legalidade e posto que se cumpren nela tódolos requisitos que a lexislación estaceblece para a apresentación dunha lista electoral. Cualificou ao tempo este intento de ilegalización por parte do Estado español, orquestrado polos mass media e as forzas de seguridade, como o máis grave atentado aos dereitos civís e políticos dende o golpe de estado do 23 de febreiro, esta vez dende o propio poder, restrinxindo o xa de seu deficitario e fráxil sistema de liberdades e dereitos.
 
Anunciou tamén a interposición de querelas criminais contra o Ministerio do Interior e de Xustiza españois, polas acusacións verquidas no seo dunha campaña mediática agresiva, cunha clara dirección política do PSOE. Por iso insistiu en que dende o gabinete de Rubalcaba se activou toda a maquinaria do Estado e se despregaron unha serie de limitacións materais ao exercicio do dereito fundamental a votar e ser votado. “Dálles medo que academos un eurodiputado”, afirmou. Manifestou en último lugar a súa reafirmación na necesidade dun profundo cambio político, social e cultural a través de formas de loita social, botando man da convicción e a mobilización.
 
Finalmente, o camarada Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG, fixo un chamado ás forzas políticas e sociais a se manifestaren contra a ilegalización e a se mobilizaren, xa que é esta a única forma de evitar o perpretamento deste tipo de atentados contra os dereitos fundamentais e a libre expresión.
http://www.frentepopulargalega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=272&itemid=1
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

La CUP rebutja la llei de partits i la il·legalització d'Iniciativa Internacionalista

CUP - Nacional | Para Kaos en la RedEl fet de la il·legalització d'aquesta candidatura és, per la CUP, un fet tan greu que deslegitima totalment el resultat final d'aquesta contesa electoral.
[21-5-2009] | 877 lecturas

El Comité Ejecutivo del PCPE denuncia el proceso de ilegalización de Iniciativa Internacionalista

Comité Ejecutivo PCPE | Para Kaos en la RedEl gobierno de la socialdemocracia liberal -con su manida coartada de la lucha contra el terrorismo- ataca los derechos al libre ejercicio de la actividad política de parte de la sociedad española.
[20-5-2009] | 1148 lecturas | 1 comentario

La ilegalización de “Iniciativa Internacionalista”, un grave ataque a las libertades

NPA (Francia) | Para Kaos en la RedComunicado del Nuevo Partido Anticapitalista de Francia en relación a la ilegalización de Iniciativa Internacionalista.
[20-5-2009] | 2236 lecturas | 6 comentarios

Psuc viu Terrassa ante la ilegalización de Iniciativa Internacionalista

PSUC viu - Agrupació de Terrassa | Para Kaos en la RedEntendemos esta ilegalización en un contexto más amplio de ilegalización de cualquier forma de organización política que cuestione el status quo de esta democracia partidista, pero no real.
[20-5-2009] | 1610 lecturas | 3 comentarios

Ante la ilegalización de "Iniciativa Internacionalista"

Grupo Anarquista Star | Alasbarricadas.orgEn tanto que militantes anarquistas, nos vemos obligados a denunciar públicamente el proceso mediático y judicial que ha conducido a la ilegalización II-SP.
[20-5-2009] | 1322 lecturas | 6 comentarios

A CIG rexeita a exclusión da candidatura de Iniciativa Internacionalista ás europeas

CIG | A Cofederación Intersindical Galega amosou hoxe, a través dun comunicado, o seu rexeitamento á decisión do Tribunal Supremo de ilegalizar a candidatura de Iniciativa Internacionalista...
[20-5-2009] | 1039 lecturas | 1 comentario

Madres de Plaza de Mayo-Linea Fundadora, repudian ilegalización de Iniciativa Internacionalista

Madres de Plaza de Mayo - Línea Fundadora | Para Kaos en la RedAnte lo que consideran un "tamaño disparate juridico" consideran que "la ilegalización de esta candidatura pone en entredicho la propia legalidad de este proceso electoral".
[20-5-2009] | 1778 lecturas | 3 comentarios

Rechazamos el intento de criminalización de Iniciativa Internacionalista

Nova Esquerda Socialista | Nova Esquerda Socialista quiere señalar su más enérgico repudio a la actitud del gobierno de intentar ilegalizar a la candidatura a las elecciones europeas de "Iniciativa Internacionalista".
[20-5-2009] | 892 lecturas

Comentarios (1)

#1.- Contades co apoio de moitos, e mais que seremos

GZlivre!|20-05-2009 16:20

Assim que como grupo direitamente afetado. Soio tendes que dizer onde e cando que alí estaremos. Dispostos a denunciar a iste estado fascista com toda-las nossas forzas.

Mais espero nom só em quedarnos nisso de denunciar, que já temos moi demostrado que se nos da bastante bem, senom que habemos de saber utilizar ista carraxe para dar-lhe pulo á construçom dumha unidade imprescidível para o trabalho que nos queda por diante. Rexeitar o mundo que nos tentam imponher para dar-lhe forma a isse outro mundo co que todos nos sonhamos. Onde a justiza nom tenha prezo, mais a barbarie sim tenha custo. Esta vez vano pagar moi caro.

Valoración: 0    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Elecciones Europeas 2009 Galiza Guerra / Criminalización / Represión

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)