Buscar  
O Comité Cidadán de Emerxencia de Ferrol denuncia incumprimento das Normas de Seguridade por parte de Reganosa
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia publicamente un grave incumprimento da Normativa de Seguridade establecida pola Autoridade Portuaria...
Ártabra21 | 17-4-2009 a las 1:49 | 1526 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/comite-cidadan-emerxencia-ferrol-denuncia-incumprimento-das-normas-seg
Compartir: Publicar en Facebook Publicar en Twitter Publicar en Meneame Publicar en Google Buzz Publicar en Technorati Publicar en Delicious Publicar en AlternativeWeb

...para a atracada e desatraque dos gasieros cargados de GNL na Planta de Gas de Reganosa.

O gaseiro "Al Marrouna" cunha capacidade de 149.539 m3 excede da capacidade máxima permitida nesta Ría (140.000 m3).

Durante as operacións de descarga do "Al Marrouna", o pasado luns 13 de Abril, outro buque atracou na súa proximidade, contraviniendo a prohibición de navegar ou manobrar a menos de 200 m. dos gaseiros no interior da Ría. 

Reganosa e Autoridade Portuaria -que nin sequera segue as súas propias normas de seguridade- están pondo en gravísimo risco, de forma continuada e premeditada, a toda a poboación da Ría de Ferrol.

Antes que suceda a anunciada catástrofe -aínda estamos a tempo-

¡  PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA  !

Extracto da Normativa de Seguridade

Segundo a EN 1532, apartado 7.2.1 Zonas restrinxidas do porto: "Co fin de protexer contra colisións co buque cisterna de GNL mentres está amarrado, as autoridades competentes e o operador do terminal deberían establecer ao redor do punto de atracada zonas limitadas para o restante tráfico marítimo"

Neste sentido as "Normas de Seguridade para a entrada, atracada, desatraque e saída de grandes buques gaseros na Ria de Ferrol", en vigor desde maio de 2007, no seu punto relativo a Reviro e Atracada ao peirao (páx. 4) especifica: "Unha vez atracado o buque na terminal, establecerase  unha zona de seguridade ao redor do mesmo de 200 m, distancia mínima que manterá calquera buque que navegue pola ría de Ferrol".

Nestas mesmas normas e no punto relativo a Gardas de remolcadores (páx. 5), especifica entre as funcións a realizar polo remolcador en  caseta by  durante toda a estancia do gaseiro na terminal "... e para controlar que ningún outro buque entre na zona de seguridade establecida ao redor do buque..."

En canto á capacidade, nas mesmas normas  (páx. 1) especifica que buques enténdense por grandes gaseiros: "Por gran buque gasero entenderemos,  buques con capacidade inferior a 140.000 m3 e eslora  total inferior a 300 m". 

http://artabra21.blogspot.com/2009/04/o-comite-cidadan-de-emerxencia-denuncia.html
 
Más información:


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre


Noticias relacionadas

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca III Marcha a Pé polo desmantelamento da planta de gás

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | Unha vez máis unha marcha a pé irá desde Ferrol até Mugardos o Xoves 23 de Xullo, no 2º aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, pola veciñanza de Meá que durou 111 días.
[22-7-2009] | 1426 lecturas | 1 comentario

Vídeo do Roteiro contra Reganosa em Ferrol

UL | Vídeo realizado por GNUL, sobre o Roteiro contra Reganosa convocado pola Rede Galiza Non Se Vende en Ferrol, o 5 de xuño de 2009.
[14-6-2009] | 1039 lecturas

Centos de persoas claman en Ferrol contra a planta de gas

GNSV | Convocada pola rede Galiza Non Se Vende e polo Comité de Emerxencia desenvolveuse en Ferrol unha manifestación que tivo como principal proclama a oposición á planta de gas de Reganosa.
[6-6-2009] | 1493 lecturas

Manifestación Roteiro em Ferrol: Planta de Gás de Reganosa, fora da Ria!

Comité Cidadán de Emerxencia da Ria de Ferrol | Venres, 5 de Xuño, Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da Ría de Ferrol. Convocada pola Rede "Galiza Non Se Vende".
[29-5-2009] | 1248 lecturas

Xornada aberta de formación cidadá en Ferrol: O que cumpre saber sobre Reganosa

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | Trátase dun acto de formación e convivencia, aberto a asistencia e participación, co fin de coñecer e actualizar aspectos fundamentais en torno a amenaza da Planta de Gas no interior da nosa Ría.
[20-5-2009] | 1594 lecturas

Continuam a entrar ilegalmente gaseiros na ria de Ferrol em direcçom à central regasificadora

Kaos. Galiza | O Comité Cidadao de Emergência da Ria de Ferrol denuniou umha nova entrada irregular de um gaseiro em direcçom a Reganosa, que excede a capacidade permitida pola própria autoridade portuária.
[7-5-2009] | 1577 lecturas

A Administración manterá con 60 millóns de euros anuais a regasificadora de Reganosa na ria de Ferrol

Vieiros | O Comité Cidadán de Emerxencia ratificou a súa denuncia perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e presentou a documentación da que dispón.
[14-3-2009] | 1507 lecturas

Tremor de terra em Mugardos pom em evidência riscos da regasificadora de Reganosa

Comité de Emergência da Ria de Ferrol | O pasado xoves 27, ás 19 horas producíuse un tremor sísmico de intensidade 2,6 na escala Richter, orixinado a 16 quilómetros abaixo das augas e cuxo epicentro se situou na mesma boca de Ría de Ferrol.
[1-3-2009] | 1745 lecturas

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada

Más información en Kaos en la Red
Ecología Galiza

Col-lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallés Occidental (Paísos Catalans)